Abril 2017

V Certame Relato Curto FANPA.

Parabéns ao alumno de 5ºA de primaria Carlos de la Torre Aboal por ser finalista do V Certame de Relato Curto da FANPA, entre máis de 800 participantes. O seu relato xunto cos outros 119 finalistas será publicado nun libro da Editorial Kalandraka e recibirán un diploma. O 30 de maio saberase cales son os 5 mellores relatos e os gañadores. Moita sorte!

Admisión alumnado 2017/18.

Están admitidos todos os alumnos que presentaron solicitude para o vindeiro curso escolar 2017/18. Lémbrase que antes do 15 de Maio estarán expostas as listas definitivas no taboleiro do centro; dispoñendo dun plazo de reclamación das mesmas.

Abalarmóbil.

Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.

Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".

Como vos diciamos o outro día, aquí tedes as actividades de multideporte de pasado xoves co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP A Laxe e do CEP Sequelo. Disfrutade do vídeo.

 

Espectáculo musical de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz". Primeiro e segundo.

Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.
 
 

Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".

Tomámoslle prestado aos compañeiros da Laxe un dos vídeos que fixeron onte nas xornadas de multideporte entre os dous centros. Onte tocoulle ao alumnado de 3º e 4º. Próximamente subiremos o de 5º e 6º que tamén participaron hoxe. Esperamos que vos guste.

 

O neno que perdeu a pelota!

O alumnado de 2º de primaria representou para os seus compañeiros do colexio Sequelo a obriña de teatro "O neno que perdeu a pelota!"

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.