Marzo 2020

Plástica (3º): O grito das novas

Para hoxe propoño unha actividade sobre o famoso cadro de “El Grito” de Edvard Munch do ano 1893. A esta actividade ímoslle chamar "O Grito das novas".

Consiste en que na metade dun folio, colocado horizontalmente, debuxedes e coloreedes o cadro de Munch, ao voso xeito, non ten que ser exactamente idéntico, de acordo? E na outra metade do folio unha nova, unha noticia que pode ser inventada por vós, copiada ou recortada da prensa que vos vou enviar diariamente. Podedes escribila a man, pegando letra a letra ata completar a noticia ou ben recortando e pegando a noticia completa. Podedes decorar tamén esta parte! Mándovos o cadro de "El Grito" para que o copiedes e un exemplo desta actividade nun documento adxunto para que teñades unha idea do que quero que fagades! Non vos esquezades de traelo a clase para facer un diario!!

Por outra banda, vamos a gravarnos nun vídeo representando o cadro, facendo o xesto do protagonista e explicando o por que gritamos. Exemplo: "Eu grito cando..." "Eu grito porque..."

Mandareivos tamén un exemplo desta actividade audiovisual polo grupo.

E por último, podedes investigar sobre este cadro que está cheo de maxia e lenda. Investigar sobre o ceo!! De por que ten esa cor tan vermella que parece lume! Hai dúas teorías! Escribídeas nun folio e mandarma por correo ou ben en foto polo grupo.

Moito ánimo e forzas para estes días de illamento social!

Contos dende a casa (17): A mellor sopa do mundo

E outro máis e xa van 17 contos contados en vídeo dende as nosas casas. Desta vez é a quenda de Sara Fernández Blanco e a "Mellor sopa do mundo".  A comer ben de todo un pouquirrichiño.

Poemas dende a casa (8): Xosé Iglesias Lamela

Patrón, armador, poeta, debuxante... pero por riba de todo mariñeiro. No momento en que escribimos estas liñas este moso esta no mar co seu barco o Primeiro Villar que ten a base na Coruña, aínda que Xosé é de Cee. Xa algún lance ten botado para o noso colexio nalgunha outra singadura pedagóxica nosa. Nestes días de loucura como moitos mariñeiros da nosa costa segue saíndo a faenar para que teñamos peixiño tódolos días, aínda que sei que a moitos de vós o peixe...

Xa leva publicado dous libros de poesía: Transfusión oceánica e A relixión do mar co que gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Cando isto se calme queda comprometido a mandarvos a todos un saúdo, para abrir boca mandounos este vídeo del falando do que ama: o MAR e os seus habitantes.

Reto 10: Busca en YouTube "Baby Shark"

Hoxe toca empezar o día con enerxía e con música, empezade facendo un pouco de quecemento, repasando os nomes das articulacións e os movementos.

 

Seguimos pola canción de "Baby Shark" pola máis coñecida por todas e todos.

E para rematar vamos por un “Baby Shark” versionado, visionade unha vez o vídeo para ver que unha parte dos pasos se repiten e que tedes outra parte de estilo libre, espero que vos guste e  gocedes imitando algún pasos e inventando as segundas partes.

 

A Bailarrr!!!!

 

 

 

 

Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"

Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".

Gañaremos!

A nosa dirección sequelonacasa@gmail.com siguen a chegarnos novas do alumnado que nos enchen de ledicia e ánimo. Claro que gañaremos! Grazas!

"De conto en conto"

Ola!

Hoxe deixamos este contiño pictografiado que Marta Paredes, que traballou no cole fai uns anos, personalizou para vos. Esperamos que vos guste!

 

Música dende a casa (4): El Sol no regresa.

Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.

 

Reto 9: Desprázate pola casa de 10 maneiras diferentes.

Este reto é similar ao que facemos cando ides para as clases de educación física, pero en este caso teredes que inventar vós as normas, non pisar nas liñas, ir de lado, de costas,... podedes retar a alguén da casa a que vos acompañe, pode ser que cada un/unha propoña unha maneira distinta sen poder repetir, ou que vos teñan e teñades que imitar.

Envío outro xogo para que fagades un pouco de equilibrio, desprazamentos,...

A polo 20!

Para xogar hoxe ides precisar un dado, lapis, papel e algúns outros obxectos que dependerán do curso.

O obxectivo é conseguir 20 puntos, para logralos debes lanzar o dado e dependendo do número que che corresponda terás que superar o reto para poder anotar tantos puntos como puntiños teña o dado, pode ser de un só xogador ou de cen.

Como podes ver fixen o xogo en papel con rotuladores de cores, anímote a que modifiques, mellores, inventes, decores,… os retos que che propoño e mos envíes a profetamaraef@gmail.com, podemos publicar novos retos cada día, colgarei todos os que me enviedes, poden ser feitos a man ou a ordenador, escaneados, fotocopiados,... con retos de actividade física, de trabalinguas, musicais,… seredes os/as creadores/as.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.