Maio 2020

Poemas dende a casa (30): A dorna vai e ven

Clara Lamas Seijo de 5º A, caracterizada para a ocasión, deixanos este marabilloso poema que Álvaro Cunqueiro trobou ao estilo das nosas cantigas medievais

Poemas dende a casa (29): Dramatizando a Carballo Calero

Esperemos que non sexa verdade o título do poema de Carvalho Calero, inda que o seu significado fose moi outro. Breixo, Carlota, Laura e Alexandra logo de traballar este soneto do autor, recítanno para todos.

Día das Letras Galegas (Ed. Física)

Estas semana fixemos un gran traballo de investigación, recollendo a través das nosas entrevistas xogos e xoguetes dos nosos e nosas maiores, foi un gran traballo, teño algunhas entradas que me faltan por colgar, pero hoxe quería facer algo diferente, algo que nos representa, algo que marca diferencias é a música e o baile de cada rexión, envíovos uns pequenos vídeos de baile galego, imaxino que moitos e moitas de vos recoñeceredes os pasos, pero espero que o desfrutedes igual!!!!

Que pasedes un gran Día das Letras Galegas!!!

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Poemas dende a casa (28): Dramatizando a Carballo Calero por Ángel Sorbet de 6ºB

Ángel Sorbet de 6ºB, tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas 2020, recitando este poema de Carballo Calero que nos enviuo hoxe mesmo. Moitas grazas Ángel.

 

Poemas dende a casa (27): Ferrol 1916

Os rapaces e rapazas

de quinto A

un poema do homenaxeado

foron recitar.

Lembrando a súa infancia no Ferrol

antes da morte da súa nai...

(preme no botón de subtítulos do vídeo se non o entendes ben)

Poemas dende a casa (26): Vivir non é preciso, navegar si

Marín inda garda recunchos de Marín, recunchos que descubren os alumnos de 5º a través da poesía de Celso Emilio Ferreiro, porque....

"Vivir non é preciso, navegar si" 

Moi agradecidos ás familias, que en canto puideron saír cos rapaces, se botaron a navegar Marín.

Os bolos celtas (Ed. Física)

Existen moitas modalidades de bolos, Miguel na súa entrevista descóbrenos os bolos celtas.

 

Os bolos celtas son orixinarios da provincia de Pontevedra, pero na actualidade practícanse por toda Galicia, chegando aos países de América do Sur.

 

terreo de xogo debe de ser de terra batida. Ten unha zona de lanzamento (unha pedra de 2 metros por 40 centímetros e estará elevada uns 35 centímetros sobre o chan), unha pedra boleira (situada a uns 6 metros da zona de lanzamento, sendo de 1,2 metros por 70 centímetros e con unha pendente do 15% cara a liña de 10 metros). Existe unha liña de tanteo (raia de 10) situada nun radio de 25 metros do centro da pedra boleira. A 30 metros da pedra boleira encontrarase a valla (4-5 metros de altura), que servirá para deter os bolos.

 

Os bolos colócanse enriba da pedra boleira, son 18 e están feitos de madeira, teñen unha altura de 15 centímetros e rematan en pico, con un diámetro de 7 centímetros e cortados con un desnivel do 15% o igual que a pedra boleira.

 

As bólas son de madeira dura, cun diámetro de 10 centímetros e un peso de 900 gramos.

O obxectivo do xogo é lanzar a bóla contra os bolos para derrubalos e lograr que a bóla e o maior número de bolos pase a liña de tanteo. Para puntuar a bóla, sempre deberá pasar a liña de 10. Cada bolo que pase a liña valerá 10 puntos e os caídos pero que non pase a liña valerán un punto.

 

Lánzase a pé parado dende a zona de lanzamento, podendo caer diante desta unha vez soltemos a bóla.

 

 

Os xogos son a 50 tantos, cada partida consta de catro xogos. Cada persoa deberá lanzar tres bólas consecutivas, “plantando” de novo os bolos que se derruban en cada lanzamento, cando se fan os tres lanzamentos, toca a quenda do brilé (lanzar rodando tres bólas dende un lado da liña de tanteo, neste caso non se “plantan” os bolos derrubados ( a non ser que non exista ningún en pé), cada bolo brilado vale un punto.

 

Espero que vos gustara este xogo, que variante foi a que vos sorprendeu? coñeciádelas todas? podemos adaptalo de moitas maneiras para poder practicalo, con latas de refresco, botellas de auga,… o máis difícil son as dimensións do campo, pero poderemos adaptalas a nosa realizade.

#euficonacasa

#euquedonacasa

QUEREMOS GALEGO

A plataforma QUEREMOS GALEGO proponnos celebrar o Día das Letras Galegas amosando cartaces do debuxante Luis Davila dende os balcóns ou as fiestras. Nas ligazóns que aparecen embaixo podes descargar os cartaces para imprimilos ou pintalos.

Cartaz Luís Davila, a cor, mosaico (imprimir en 4 folios)

Cartaz Luís Davila, para pintar, mosaico (imprimir en 4 folios)

Cartaz Luis Davila para pintar A3

Poemas dende a casa (25): A roda do lume

Hai uns aniños Ángel Estévez Pazos viñera polo colexio para falarnos do Entroido Tradicional no seu San Tomé natal. Un aniño máis tarde sacara este fermoso libro do que Elva Pintos Omil, tamén con orixes familiares en San Tomé, nos deixa esta "Roda do Lume". A palabra poética sopla con máis forza no lugar onde se imaxinou.

Actividades para a familia (Ed. Física)

O 15 de maio é o Día Internacional da Familia, polo que traio unhas propostas para facer en familia, un xogo de mesa e unhas actividades para facer un pouco de movemento, xa sabedes que podedes modificalas, e retar a todos/as aqueles/as que queirades.

 

Desfrutade!!!!

 

 

#euficonacasa

 #euquedonacasa

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.