Marzo 2016

Rosalía de Castro

Neste vídeo vos deixamos un resumo do magnífico traballo que fixo o alumnado de 2B e 6B xunta cos seus mestres Susana e José Antonio, sobre Rosalía de Castro. No  corredor dos pequenos tedes os seus debuxos e podedes velos recitar os seus poemas coa app de realidade aumentada Aurasma. Só fai falta un dispositivo móbil. Esperamos que vos guste.

 

IV CERTAME DE RELATO CURTO: UNHA DORNA DE LIBROS

Organizado pola Asociación Intercambio do Saber, estas foron as nosas finalistas.

ROSALÍA DE CASTRO EN REALIDADE AUMENTADA

Vivo e en directo. A pesar de todolos pesares á ultima en tecnoloxía educativa, intentamolo, porque somos teimudos e túzaros; e temos uns pais estupendos que viñeron esta mañá a ver os traballos dos seus fillos con Aurasma, REALIDADE AUMENTADA. Nin os 4 Megas de ADSL que temos nos dobregaron. Señores da Xunta que existe unha cousa que se chama fibra optica e cable coaxial de 200 Mb e nos queremos darlle uso. Graciñas aos pais pola súa paciencia e cooperación

 

VISÍTANNOS AS MARISCADORAS DE LOURIZÁN

Que se note que somos un centro vivo, e ben vivo, e coñecedores do noso entorno. As mariscadoras de Lourizán dentro do noso proxecto "Marín sabe a mar" no día da muller traballadora. Que cada un celebrao cando quer e cando a ribeira o permite. Graciñas a Mari Carmen a patrona maior da confraría

 

CONFRATERNIZACIÓN COLEXIOS SEQUELO E LAXE 2016

Imaxes da xornada deportiva que compartiron rapaces dos centros de Marín do CEIP A Laxe e o CEP Sequelo. Pegáronnos unha varrida de campionato. Xogaban en casa e logo que aos mestres de Ed. Física imoslles ter que poñer as pilas emoticona smile O importante en resumo é que rapaces de Marín confraternizarán a través do deporte. Sempre que poidamos, a repetilo. Parabéns aos mestres de Ed. Física de ámbolos dous centros que foron os que organizaron o evento

VISITA AO IES MESTRE LANDÍN

Na visita ao Mestre Landín os nenos quedaron encantados co que alí viron: robotica, realidade aumentada, unha fermosa biblioteca e sobre todo profesores con moitas ganas de traballar por e para os seus alumnos

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora no Concello  elaboraron unha serie de actos que tiveron como motivo central ás mestras como transmisoras de cultura; acto no que participou a nosa compañeira Mª del Mar Ávila e no que ademáis contamos no colexio cunha sesión de Contacontos.

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2016/2017.

Adxúntanse os arquivos do procedemento para a admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos para o CURSO 2016/2017.

TALLER DE ESCRITA

Isto é o producto de varios días de fai, desfai, refai, e volve refacer (non en todolos casos) que xa hai quen as primeiras intentonas o borda, e de titorización por iguais dentro da aula. A excusa un concurso de relatos curtos en Pontevedra, Times New Roman 12, interliñado 1,5 (anda que non son exquisitos). Os temas variados, neles hai traxedia, comedia, relato informático, relatos contados por cans... Utilizan unha multitude de técnicas rechamantes: retrouso, titulo ao final, elipsis, flashbacks, ata algún ladrido... Os traballos do Taller quedaron moi dignos, o que se pediu en todo momento foi coherencia e cohesión, doado de dicir. O traballo centrámolo en traballar os párrafos

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.