Febreiro 2016

"POSTAIS OFICIAIS" DÍA DE ROSALÍA

As nosas postais "OFICIAIS" preparadas para saír por correo cara aos nosos compañeiros doutros colexios e cara aos nosos representantes no Concello, por medio dunha nai que tamén o é.  Leyre, non é pariente de Rosalía, inda que compartan apelido, é unha rapaza galega de 12 anos de Marín que fala galego na súa vida cotía coa máis absoluta das normalidades, tras e logo de 8 anos de escolarización

 

SELOS PARA ROSALÍA

Para eses "actos oficiais" do día de Rosalía que no noso colexio van durar unha semana elaboramos a nosa pequena remesa de selos oficiais.

 

POSTAIS PARA ROSALÍA

A asociación de escritores en lingua galega elaborou un marabilloso modelo de postais para o día de Rosalía, mais nos andamos a fume de caroso e cando nos chegaron xa tiñamos elaboradas as nosas. Inda así as da AELG para asuntos oficiais. Dende os máis pequenos aos maiores, estes son algúns exemplos das postais que chegaron vía correos ás casas con anaquiños no reverso de poemas de Rosalía

 

Liga Fútbol Sala

Boas! Xa podedes consultar na Web do noso centro todo o relativo a liga de Fútbol Sala, que se está a disputar nos recreos. Tedes na parta inferior dereita a clasificación, os equipos, xornadas e tablón de anuncios. Se facedes clic en cada categoría, mandaravos á ligazón correspondente. Aquí debaixo tedes onde hai que mirar. Por outra banda, animámosvos a participar na creación do escudo do voso equipo. Podedes escoller unha foto, un debuxo ou un logo e mandármolo ao correo miguelsequelo@gmail.com, poñendo o nome do equipo e adxuntando o escudo. En pouco tempo, o teredes na web posto co voso equipo. Ánimo e a participar.

VISITA DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA TENLO

"Marín sabe a mar" e aínda sabe de mar, como saben as persoas que dende a Asociación deportiva Tenlo viñeron a conectar aos rapaces coas suas raigames máis profundas; co traballo dalgúns dos seus pais e co de moitos dos seus avós e avoas. Amosaronlle o traballo dos mariñeiros e atadoras/ redeiros, e acabamos todos facendo nós mariñeiros e cosendo aparellos ou a lo menos intentándoo

MURAL DOS PEIXIÑOS

E isto outro que do noso proxecto "Marín sabe a Mar" está nun dos nosos corredores. Estas mariñeiras caroutas que polo Entroido fixeron os de 5ºA para un mural

Entroido 2016.

Aquí vos deixamos unha recopilación das fotos do Entroido 2016. Se pinchades enriba da foto, ides á galeria de fotos. Esperamos que vos gusten. Ah, se alguén quere unha copia do orixinal da súa foto que nola pida para mandarlla nun email ou copiarlla. Podedes pedila a estes correos: cepsequelo@gmail.com ou miguelsequelo@gmail.com

XENERALIÑOS

O Entroido este ano deixou pegada no centro da mal dos Xenerais da Bandeira. Os de 2º B coa súa profe Susana fixeron este Xeneral e estes xeneraliños. Uns artistas e o que nos quedara por ver

Alice in Wonderland.

Os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria asistiron o pasado 21 de xaneiro en Pontevedra a obra de teatro en inglés, "Alice in Wonderland", que ven de celebrar o pasado mes de maio de 2015 o seu 150 aniversario. Foi unha sesión moi entretida onde puideron practicar inglés interactuando e cantando en inglés cos protagonistas da obra.

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.