Xaneiro 2016

Rap para o día da paz

Pedironnos un manifesto para o día da paz, fixemos parte deste texto a nivel gran grupo, fixemoslle, unha, duas , tres, catro, cinco, seis, sete... ata quince melloras. En pequeno grupo os rapaces de 6º fixeron oito estrofas mais (a dúas cada grupo), volvéronse mellorar, ata que non tivemos máis tempo, de xeito que os rapaces se afagan a refacer constantemente os seus textos ata tentar facelos o mellor posible e a que un texto inda terminado non esta perfecto nunca. Se o está malo.
Logo largamos o aparello na rede, e nunha lanzada collimos esta base rítmica de rap, oírona unhas cantas veces e como o rapearon!! Aixa e Carmela, Nacho e Pedro, e sobre todo Hamza e Gabi.
 

MAQUETAS DE CASAS A ESCALA

Sociais, as escalas, e os artistas de 5º que fixeron estas estupendas maquetas das súas casas

MIRÓ NO SEQUELO

Recreación dos nenos de 5º da obra de Miró

 

Miro by Slidely Slideshow

Digalego.

Nace Digalego, o máis completo dicionario de galego en Internet.

Realizado pola editorial Ir Indo, consta de 65.000 entradas e equivalencias en inglés, alemán ou chinés. Por GCiencia | 11/01/2016 18:24.

Un novo dicionario dixital máis actualizado e con máis de 65.000 entradas. Así é Digalego, realizado pola editorial ‘Ir Indo’ e que a Xunta vén de poñer a disposición de toda a cidadanía, con acceso gratuíto. Trátase dunha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, para unha obra que levou 20 anos de traballo e investigación e que agora pasa a propiedade da Administración autonómica. O acceso está xa dispoñible no enlace digalego.xunta.gal, así como a través do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

O conselleiro, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o editor de Ir Indo, Bieito Ledo; presentaron o proxecto, que pretende ser unha ferramenta para os colectivos que a necesiten para o desenvolvemento do seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos. “É dicir favorecemos a presenza do galego no tecido empresarial e profesional–dixo-, tal e como estamos comprometidos a facelo a través do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico”, dixo o conselleiro.

O dicionario inclúe un ‘repertorio de formas incorrectas’ con voces non admitidas en galego.

Como segundo obxectivo da publicación en aberto do Digalego, está a proxección exterior do galego e a súa difusión internacional. Neste sentido, e dado que o dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet.

Cabe salientar que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).

Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.