Decembro 2015

Festival de Nadal 2015

Do pouco que puidemos salvar do Festival de Nadal deste ano, non pola dedicación senón pola espantosa acústica que temos

 

CHARLA DOS CANTOS DE NADAL NO MORRAZO

A asociación Quermos Galego Marín tivo a amabilidade de contar connosco para a súa charla sobre os cantos de Reis e de Nadal no Morrazo e nos alá fomos e compartimos xornada cos veciños de Ardán que levan cantando os Reis dende que o mundo é mundo.  A última hora apareceron os da galega pero iso é outro cantar.  A partir do min 4 aparecen os rapaces de 6º acompañados por David á zanfona, para velos basta con premer no título do programa

 

CONCURSO DE POSTAIS E NARRACIONS DE NADAL DO ATENEO STA CECILIA

Entre os premiados das postais Egor e polas narracións Leyre e Carmela, a unha e outra banda da ringleira. Parabéns a todos

NO E.E.I. O Grupo por NADAL.

 

Panxoliñas por Nadal cos compañeiros do Grupo.

 

Que ledicia ao veren di novo as nosas profes de pequeniños.

 

 

 

FELIZ NADAL...

BO NADAL

"Bo Nadal" vos desexamos cantando.

No E.E.I O Grupo presentaron as panxoliñas:

Reubén Capa e Sara Lamoso de 5º

Saudamos aos nosos coñecidos.

Gracias a todos os neniños da escola infantil do Grupo 

por compartir con nos os cantares navideños.

 

 

Convidáronnos a unha rica merenda...

Moitas gracias. 

XOSE NEIRA VILAS

Galicia morre en anacos. Cada persoa maior que nos deixa leva consigo un anaco de Galicia, por desgraza, insustituible e irreparable. Hoxe fóisenos un anaco ben grande da cerna de Galicia, váisenos mais deixa un legado que espero que os que quedamos saibamos recoller (difícil tarefa). Noutrora cando Galicia semellaba ter futuro, Neira era deses autores (Castelao, Rosalía...) que conformaban a nosa identidade, que o pobo sentía de seu

 

VISITA DE JUAN CARLOS EPIFANIO

 
Nos 70 e nos 80, o Coñecemento do Medio era un gran descoñecido nas nosas escolas (alí só había Sociais e Naturais); mais os rapaces daquela coñecían de primeira man o medio natural onde vivían. Non había monte, regato, outeiro, con, rocha... que lles fose alleo. Topabas unha pluma e dicíanche de seguido o nome do paxaro e en que árbore aniñaba, as súas características. Moitos destes rapaces doutrora foron alumnos do noso colexio. Aqueles rapaces dos setenta e oitenta son hoxe homes e algún deles como Juan Carlos Epifanio fixeron daquel patexar do medio natural unha afición de por vida.
A garza Sequelo foi a excusa perfecta para invitalo e que nos contase aos de 5º e 6º un chisquiño de todo o que sabe dos paxaros. 
Agora e dende aqui invitamolo a que veña de espectador a que os rapaces expoñan, dentro do TEMARIO correspondente aos animais, o que aprenderon centrado na nosa garza e o seu alimento, os peixes de río
 

Concurso de Tarxetas de Nadal 2015

Como todos os anos ao chegar estas datas celebramos o "Concurso de tarxetas de Nadal" este ano con tema mariñeiro en relación co Proxecto "Marín sabe a mar" que estamos desenrolando neste curso. Aquí podedes ver as tarxetas gañadoras e finalistas. Ben feito rapaces!!! e Bo Nadal a todos!!!
 

O Apalpador.

Xa están preto as datas do Nadal. Imos recordar un personaxe de noso que ven das montañas do Courel, o Apalpador, que lles trae aos meniños e meniñas galegos moitos agasallos. Aquí tedes unha canción de Paco Nogueiras, sobre este personaxe que publica Kalandraka no libro-disco "Brinca vai".

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.