Ed. física

O aro (Ed. Física)

 

Comezan a chegar os primeiros xogos e xoguetes tradicionais, esta é a entrevista de Aitor, que nos presenta o Aro.

 

O Aro

 

O xogo consistía,  tradicionalmente,  en facer rodar,  en equilibrio,  un aro  (que antiguamente se fabricaba a partir dun caldeiro vello, unha roda dunha bicicleta, ... aínda que hoxe en día,  usamos máis os de diferentes plásticos e similares  ).  Para suxeitar o aro,  podemos usar unha guía,  que é un pao con forma de gancho na punta  (inicialmente era un arame,  pero foi substituido polos mesmos materiais que usamos hoxe en día para os aros). 
Material: o aro
Cando acadamos a habilidade necesaria,  podemos facer xogos e competicións varias de velocidade,  habilidade,  realizar circuitos,  …

 

 

 

Como non todos/as podemos practicar este xogo na casa, preséntovos un con menos material, precisaredes folios para escribir os números (lembrade que poden ser reempregados) e unha cruz no chan (que podedes marcar con cinta adhesiva), o vídeo de Stella vai deixar máis claras as normas

Desfrutade moito do día!!!!

 

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

7 e media (Ed. Física)

O xogo de hoxe chámase 7 e media, onte empregamos a batalla española para realizar un pouco de actividade física e agora toca un xogo de lanzamento e precisión. Seguro que algún de vos coñece este xogo con cartas.

 

Pero non vamos empregar a baralla, para comezar teremos que debuxar un cadrado no chan con cinta, e dividilo en catro partes (1,2,3 e 4), por Galicia hai outra variante máis popular que a desta entrada, espero que alguén de vos a descubr e ma envíe na entrevista que vos propuxen onte para realizar estas semanas das letras galegas.

 

A explicación do xogo vai no vídeo, desfrutade moito!!!!


#euficonacasa

#euquedonacasa

Xogos e xoguetes! (Ed. Física)


Esta semana vamos comezar un traballo novo, xa iniciei esta actividade con terceiro e cuarto, pero agora vai para todo o cole, consiste en facer unha entrevista a un maior, pode ser en persoa, por teléfono, videochamada,… e podedes escoller a papá, mamá, avoa, avó, tia, tio, veciña, vecín,… ten que ser un xogo ou xoguete que eles/as xogaran cando eran pequenos/as, mellor se é descoñecido para vos,  hai moitos, en unha entrada anterior colguei tres que me enviaron xa algúns nenos/as do cole, a billarda e as canicas ou bolichas, e o sábado como era o Día de Europa, fixen a entrada no blog co xogo da petanca que é de orixe francés, onde tedes un vídeo e un cuestionario sobre a ela.

Envíovos o documento das entrevistas, en word, en pdf e en odt, podedes enviarme a vosa entrevista en foto ou cubrila en ordenador e o debuxo a parte, para poder unilos a hora de subir a páxina web.

Espero que o pasedes moi ben con esta actividade de investigación e de recollida de xogos populares, tradicionais e autóctonos. Non teñen que ser xogos e xoguetes de Marín, no meu caso enviareivos un de A Fonsagrada, nin teñen que ser galegos, o único requisito é que sexa antigo, sería máis enriquecedor que non estivera repetido, para lograr ter un gran arquivo con riqueza de culturas e diversidade, para iso irei colgando os que me enviedes diariamente.

 

Tamén vos propoño unha actividade para facer un pouco de exercicio, é un xogo de cartas que coñezo dende pequena, chámase SOLITARIO, precisamos unha baralla española, eu sempre xoguei nunha mesa, pero vamos adaptalo para poder movernos un pouco.

 #euficonacasa

#euquedonacasa

Axilidade e coordinación (Ed. Física)

Hoxe vamos traballar con cuadrículas axilidade e coordinación, para iso non é preciso que os debuxedes como aparecen no vídeo poderemos facelo no corredor, ou en calquera outro lado no que teñamos baldosas (como facemos no cole).

 

Podedes practicar todos os desprazamentos que aparecen no vídeo e se inventades algún novo, enviádeme un correo explicándome o voso “reto” e compartirémolo con todos/as os do cole, inventa a túa maneira de desprazarse e compártea con nós (profetamaraef@gmail.com), lembra que non podemos pisar as liñas que unen as baldosas ou teremos que volver a comezar, tamén podes invitar a alguén da túa casa a que te acompañe no exercicio de hoxe.

 

Pero antes de comezar, lembra facer os exercicios de mobilidade articular (nocellos, xeonllos, cadeira, columna vertebral, ombreiros, cóbados, pulsos e pescozo), debemos preparar o noso corpo para a actividade que vamos a realizar.

Repite o exercicio tódalas veces que ti queiras!!

 

 

E para rematar a clase de hoxe, unha volta a calma na que aprenderemos a postura la lúa crecente.

Namasté

#euquedonacasa

#DíaInternacionaldaDanza (Ed. Física)

Que é a danza?

A través de movementos corporais, os seres humanos expresáronse e comunicáronse dende tempos ancestrais. A danza é, seguindo a definición da RAG. “un conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile”.

 

Co paso do tempo foi cambiando e evolucionando, polo que, na actualidade, poden verse diversos estilos e xéneros que van dende o tradicional o académico e ao cotiá.

Un día para a danza

En 1982, o Comité Internacional de Danza, pertencente ao Instituto Internacional de Teatro, tomou a suxestión do mestre ruso PieporGusev de crear un día para esta manifestación artística, polo que la Unesco, atendendo dita solicitude, elixiu o 29 de abril como data desta celebración, isto, por ser o día que corresponde o nacemento de Jean-Georges Noverre.

Con dita celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia da arte e da cultura da danza.

Jean-Georges Noverre

 Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727.  Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, o que provoca que sexa considerado o creador do ballet moderno. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.

  

Como vos podedes imaxinar pola introdución, hoxe o día vai a estar dedicado a bailar e bailar!!, espero que o pasedes moi ben con estas coreografías que vos deixo.

 

 

 

 

#todovaisairben

#euquedonacasa

 

#DEFC2020 #DEFR2020 (Día da Educación Física na "Casa")

Chegou o 28 de abril DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA.

 

 O reto de hoxe é asolagar as redes sociais con fotos e vídeos facendo actividade física baixo o hashtag #DEFR2020 #DEFC2020, invitade a vosa familia e amigos/as que fagan o mesmo. Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguimos reivindicando o lugar que lle corresponde.

 

Invítovos a que ás 10:00 horas visitedes YouTube Consejo COLEF, levarase a cabo unha sesión de educación física moi dinámica e lúdica onde poderemos participar toda a familia. (Se non podedes seguir o vídeo a esta hora, poderedes velo máis tarde cando teñades tempo). Aquí vos queda:

 

Hoxe é o día da actividade física e o deporte, polo que seguirei ao longo do día actualizando este post, espero que o pasedes moi ben!.

 

Recordade enviarme os vosos vídeos e fotos facendo actividade física a profetamaraef@gmail.com

 

Tamén compartir con vós a SequelOCA, espero que vos guste, e que o pasedes moi ben con ela, todavía quedan algunhas pictofotos por completar, pero espero ir mellorandoa pouco  a pouco.

 

Esperando que chegue o 28 de maio! (Ed. Física)

Mañá, 28 de abril, celebramos o Día da Educación Física na Casa. Cumpre o seu décimo aniversario, desde que en 2011 se celebrase  a primeira edición, e nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.

 

Día da Educación Física na Casa 2020 quere mostrar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores.

 

As cifras de adhesión ao #DEFCR2020 #DEFC2020 superaron as da edición anterior hai semanas, alcanzando neste momento os 1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as en toda España.

 

Co gallo da celebración mañá ás 10:00 horas a través de   YouTube Consejo COLEF, poderemos gozar dunha sesión lúdica e dinámica participando toda a familia.

 

Seguireivos informando sobre as novidades de mañá, pero antes de que chegue o día envíovos un reto que me gustou moito, onde se une o azar coa actividade física, espero que o pasedes ben.

Ola Humanos/as! (Ed. Física)

Xa estamos remantando a semana do libro.

Hoxe gustaríame compartir con vos este conto.

 

Recordade!!!

Cando saiamos a rúa debemos ter presente unas normas que nos axudarán a coidarvos e a coidarnos.

E para rematar o día de hoxe, outra actividade de circuitos na casa!, espero que vos guste.

Xa me contaredes quen o fixo con vos!!!

#todovaisairben

#euquedonacasa

 

 

 

Rematando a semana (Ed. Física)

Xa se remata a semana do libro, espero que o pasárades xenial, lendo e lendo...

 

 

Recordar que:

 

Empezamos esta semana coa actividade dos pictogramas, enviádeme os vosos traballos antes de que termine esta semana.

 

 

Tamén temos unha actividade de R-R-R (Reducir- Reempregar-Reciclar), teño varios dos vosos traballos, pero seguro que se vos ocorre algún máis, todos os que me enviedes antes do luns a mediodía introducireinas no resumo da semana, espero os vosos xogos e xoguetes con material reempregado!!!!

 

 

O día de hoxe vamos comezalo con un pouco de exercicio para pequenos e maiores, espero que consigades que vos acompañen (podedes enviarme unha foto, así poderemos ver todos/as quen vos acompaña nos exercicios).

 

Lembrade facer algún exercicio de quecemento (movilidade articular, estiramentos,...) antes de comezar a sesión de hoxe.

 

E para rematar…

 

 

#euquedonacasa

#euficonacasa

 

Día do Libro (Ed. Fisica)

A entrada de hoxe empeza cun conto, un conto contado a través das posturas de ioga, espero que vos guste.

E por suposto un pouco de movemento.

Lembrade que temos unha actividade iniciada o luns, de converter pictos en fotografías. Ánimo!!!! espero as vosas pictofotos.
profetamaraef@gmail.com

 

Día Internacional da Terra R-R-R (Ed. Física)

Hoxe é un día especial, é o Día Internacional da Terra, e a pesar de que nestes momentos estamos a loitar contra un virus, estase demostrando que tamén estamos a coidar da dela.

 

Quero compartir con vós un vídeo-conto que me gusta moito, recordade que estamos na Semana do Libro.

 

Como xa empezamos unhas semanas atrás a traballar con material de refugallo, vamos facer unhas actividades con diferentes materiais, recórdovos que moitas das cousas que me estades enviando están xenial, e que pronto poderemos empregalas no cole, seguide traballando así!!!!!

 

Terminaremos con un pouco de movemento, e como non hai mellor que a música para movernos, lembrades algunha das dúas cancións que vos envío?

 

 

Recordade que temos a actividade do luns de convertir os pictos en fotos vosas!!

#euquedonacasa

#euficonacasa

 

Traballo aeróbico (Ed. Física)

Boas tardes!!!! como van esas actividades da Semana do libro?, a páxina do cole está chea de propostas, "Microcontos no espello", II torneo de xadrez online, Maios, hoxe aplaudimos a…, poemas e contos dende a casa,… e as nosas de educación física.


Onte empezamos a proposta de converter os pictogramas en fotografías vosas, xa teño algúns, os que me vaiades enviando eliminareinos das entradas para que non se repitan, tamén recordarvos que os de quinto e sexto tedes o cartel informativo sobre as mulleres deportistas, e os de terceiro e
cuarto buscar xogos e xoguetes tradicionais, as explicacións están nas entradas anteriores, se precisades axuda non dubidedes en enviarme un correo (profetamaraef@gamil.com).

A actividade física que vos traio hoxe consiste  nunha serie de exercicios para movernos un pouco pola casa, xa sabedes que non tedes porque empregar os materiais que aparecen no vídeo, que podedes modificalos, cambialos por outros,…

Espero que vos gusten estas actividades!!!!

 #euquedonacasa

Traballos de Educación Física dende a casa.

A semana pasada recibín un montón de traballos, pero vou empezar polas actividades do venres onde tiñades que encontrar o tren nos ditados gráficos, aquí vos poño algunhas das solucións que me enviaron. Aínda faltan moitas por descubrir!

O Mércores había unha actividade na que había que conseguir que o gato negro viaxara ata diferentes obxectos sen tropezar co gato laranxa, teño dous compis que vos facilitan as solucións.

Na clase de hoxe colouse un esqueleto de pasta, seguimos innovando na creación dos nosos esqueletos.

 

Tamén me quedaran agochados varios dos traballos que me enviades para o Día da Educación Física na Rúa, están moi ben, vamos a ter moita variedade, espero que sigades traballando.

 

E para rematar, como todas as clases de Educación Física ten que ser con unha actividade de volta a calma, e que mellor que un mandala coloreado por dous compis do cole.

Iniciamos a semana (Ed. Física)

os días, hoxe comeza a Semana do Libro! E que mellor maneira de empezar esta semana que con un conto motor, sabedes en que consiste un conto motor?

Un conto motor é un conto xogado, onde temos que representar con noso corpo o que o narrador nos vai describindo, empregando a nosa imaxinación, debemos ser os/as protagonistas, representar animais, plantas, rochas, … empregando a nosa imaxinación para que non falte ningún dos elementos narrados.

 

 Espero que vos guste este conto que vos envío.

 

 

Tamén teño para vós outra actividade para que vaiades facendo ata o domingo, xa empezamos a traballar con pictogramas fai unhas semanas, onde transformábamos os pictos en fotos nosas, nesta ocasión vai ser algo similar, escolledes un e convertédelo en fotografía, como podedes ver hai algún que non é sinxelo de imitar, polo que teredes que empregar a vosa imaxinación.

 Xa empreguei algún dos que me enviaron na outra actividade, irei modificando o arquivo para que non vexades os que xa teñen fotografía e non repitamos fotos.

 

Espero os vosos correos: profetamaraef@gmail.com

 

#euquedonacasa

 

#euficonacasa

Día Mundial da Bicicleta (Ed. Física)

Hoxe é o día Mundial da Bicicleta, sabíades que os nenos neerlandeses teñen que sacar o carné de bici? 

En abril deben todos os nenos/as de 12 anos someterse a unha proba teórico - práctica de condución de bicicleta, xa que a bicicleta será o seu medio de transporte para ir ó instituto. Que vos parece? Gustaríavos que sucedera isto aquí?

 

A parte práctica non a poderemos facer, pero… vamos facer unha pequena proba teórica, sorte!!!! Tedes dous test, un para ser uns bos peóns e outro para ser bos ciclistas.

 

 

 

Seis retos nun (Ed. Física)

Hoxe vou un pouco tarde nas actividades para vós, pero espero que vos guste os retos que veñen.

Son seis, teredes suficiente para este fin de semana?????

#euquedonacasa

#euficonacasa

Cadrados para mans e pés (Ed. Física).

O mércores era un cadrado, o xoves un rectángulo e catro cadrados ou seis cadrados e hoxe van a ser seis cadrados e un rectángulo.
 
A actividade que vos propoño hoxe vai sobre seis “cadrados” de distintas cores e un rectángulo, na imaxe están folios de cores, pero poden ser coloreados por vos, recortados de revistas, en lugar de cores poden ser letras, podedes empregar a vosa imaxinación para crear este xogo. Os dous días pasados traballamos cos pés, hoxe vamos comezar coas mans e posteriormente… repetiremos a actividade cos pés, xa me iredes contando cal delas vos gustou máis. 
No vídeo non está a actividade en efecto espello como a que fixemos onte, este punto deixo que elixades vós como queredes facelo, eu aconséllovos que os fagades como no vídeo e unha vez o teñades controlado, pasedes o efecto espello que é máis sinxelo, ou empezade o revés.
 
 
E para rematar con un pouco de cores!!!!!
 
Espero que o pasedes moi ben coa actividade de hoxe.

4 cadrados e un rectángulo (Ed. Física).

Bos días!!!!como foi a actividade de onte con un cadrado?, pois hoxe toca xogar con catro cadrados e un rectángulo, é un xogo similar o anterior, pero agora… vamos debuxar no chan un rectángulo e catro cadrados, como aparece na foto-video de abaixo, espero que o pasedes xenial, con algunha clase do cole xa fixemos unha actividade parecida, pero en aros, ahhhh esquecíame, tedes que retar a alguén da casa, practicade un montón que pronto as poderemos levar o cole, como vedes no vídeo un empeza con un movemento e o "seu espello" ten que repetir, lembrade que tedes que ser os/as imitadores/as e as/os imitadas/os.

Este vídeo explica un pouco como é a actividades pero, non sei se o poderedes ver todos/as, como vedes na foto-vídeo, en este caso empregan 6 cadrados, comprobade que non haxa diferenza entre un xogo e o outro.

Traballamos a coordinación, equilibrio, salto, lateralidade e memorización de secuencias!!! 

 

Xa que hoxe toca traballar a lateralidade e a memorización de secuencias, vou retarvos a encontrar esta figura nos ditados gráficos que vos envío, algún xa o enviei antes pero nunca para buscar este tren, como podedes ver eu non imprimo as imaxes, collo unha folla cuadriculada e a debuxar, se tedes un pouco de axuda e alguén vos dita as secuencias vai a ser moito máis sinxelo e practicaremos a percepción de esquerda, dereita, arriba  e abaixo.

 

 

Ditados gráficos!!

Día Internacional do Ciclista (Ed Física)

Hoxe 15 de abril, é o Día Internacional do Ciclista, co gallo desta celebración imos realizar unha actividade para aprender un pouco máis sobre como debemos empregar e circular en bicicleta, non podemos saír a practicar na rúa, pero podemos aprender moito moito que pronto o poñeremos en práctica.

 

Adxunto unha Guía para usuarios de Bicicleta da DGT, para que leades que despois temos un test para demostrar todo o aprendido na guía.

 

 

 

 Demostra todo o que aprendiches e sabes neste enlace. 

 

 

Recordade que tedes grandes ciclistas en Marín.

 

E para que non todo sexa practicar co ordenador, sabedes cantos xogos podemos facer con un cadrado debuxado no chan? Pensade un pouco todo o que podemos facer con un cadrado, este vídeo mostra uns exercicios de coordinación, espero que vos guste. 

 

 

E unha actividade de lateralidade tamén toca hoxe "O gato negro", está en pdf para pasalo a papel, pero xa sabedes que non é preciso imprimir, collede unha folla e a traballar!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

 

Día das Américas (Ed. Física)

Hoxe é o Día das Américas, para conmemorar este día comparto con vos un vídeo de “Juguetes de Latinoamerica”, cuantos de estos xogos coñecedes?

As nenas e nenos de terceiro e cuarto están a facer unha investigación de recollida de xogos e xoguetes tradicionais facendo entrevistas aos seus maiores, deixovos varias das entrevistas que fixeron.

 

Espero que vos guste e vos animedes a enviar algún máis.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.