Marzo 2013

Rosalía do A ao Z

Xoga connosco e amósanos o que sabes sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro.

VIDAL BOLAÑO EN PRACERES

A primeira obra teatral de Vidal Bolaño, O Xogadeiro, estréaa no colexio do Sagrado Corazón de Placeres, durante a celebración do Día do Aprendiz . Por desgraza, non se conserva esta obra fundacional do seu teatro. Mais aí, nesa experiencia sen testemuña, comeza a historia do autor máis prolífico da nosa literatura, do dramaturgo esencial do noso teatro, do cineasta que dirixiu teatro porque non puido facer cine. Contaba só con 15 anos e a obra durou 2 minutos, seica ás monxas non lle fixo moita graza cunha enorme pedra que portaban dous actores fixese un furado no escenario.




21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA. CHEGA A PRIMAVERA

Nunca un poema nos ensinara tanto. Grazas a este poema de Manuel María traballamos distintas áreas do currículo Coñecemento do Medio, Música, Lingua e Literatura Galega e como non da nosa rica cultura popular. De Coñecemento do Medio aprendimos co cuco é unha ave migratoria que chega aos nosos lares coa primavera, que pón os seus ovos nos niños de paxaros insectivoros máis pequenos para que lle manteñan as súas crias, que moitas veces bota do niño á cría do paxaro; por iso é co nome de CUCO lle vén que nin pintado. Ensinounos que o seu autor era un tal Manuel María nativo dunha das chairas mais importantes de Galicia, a Terra Chá, que localizamos no mapa e que precisamente este poema aparecía nun libro do autor que tiña ese nome. Aprendimo-lo poema coa música que Suso Vaamonde lle deu e indo cantandoo polas clases do primeiro ciclo; cando lle explicamos aos mais pequenos que significaba que O CUCO TE CAPASE a profe Ana que é de Aldán contounos como na cultura popular de Aldán o entendían. Nós xa sabiamos que cando os nosos labregos oían cantar ao cuco coa andorga baleira ian ter mala sorte todo o día, por iso, como moitas veces tiñan que empezar a traballar antes de poder almorzar tiñan a precaución de ter nas súas mesiñas de noite un vaso con auga, para enganar dese xeito ao fado e que o cuco non os CAPASE; pero en Aldán, polo que nos contou a profe Ana, polo visto, cando cantase o cuco tiñas que polo menos levar unhas moediñas nos petos para que non estiveses sen elas para o resto do ano. E xa vedes que dende o eido do Vocabulario engadimos dúas palabras polisémicas ao noso tesouro lingüístico: CAPAR e CUCO


GAÑADORES DO CONCURSO-ACRÓSTICO

As facianas dos gañadores do concurso-acróstico sobre Rosalía de Castro

ACRÓSTICO PARA ROSALÍA

Dende o Taboleiro de Normalización desta vez pedimos a colaboración dos rapaces para a elaboración dun acróstico a partir do nome da autora de Cantares Gallegos.Para máis pequenos faciamoslle esta pregunta : ONDE VIVIU E MORREU , ROSALÍA DE CASTRO? E a resposta dabamoslla por medio destoutro acróstico.
PATRIA
ALBORADA
DO MAR POLA ORELA
ROSA, ROSALÍA, MAR,
O BICO UN CANTAR,
NA FRONTE UNHA ESTRELA.

O PRIMEIRO DE ABRIL VAN...

Preguntalle na casa aos teus pais e avós como vivían esta data e que vos completen este refrán. "O primeiro de Abrl..." Deixa a túa resposta

no buzón de Normalización ata o día 3 de Abril.  

VISITA DE ANA ALONSO

Os nenos de cuarto de Primaria recibiron o venres 22 de marzo a visita da escritora Ana Alonso, coa que estiveron falando do seu libro "El palacio subterráneo".  A autora amablemente contestou a todas as  súas preguntas e asinou exemplares do devandito libro.

Ana Alonso residiu durante a meirande parte da súa vida en León.  Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e amplia os seus estudos en Escocia e París.  Ten publicado oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) e o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006)

Escritora, traductora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros  de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía, obtendo un acesit no premio adonais 2003.

NOS TAMÉN CREAMOS

Por segundo ano entramos no concurso de OQO de curtas animadas "Nos tamén creamos"

OQO AGASÁLLANOS

Agradecerlle a OQO primeiro a súa aposta pola nosa lingua e logo que non agasallaran pola parvadiña de colocar un dos seus libros no noso muro do facebook.

DÍA DA POESÍA NO NIÑO NOVO DO VENTO

De todos os videos que levamos feitos (que son moitos) este e o que fixeron os do outro sexto (que publicaremos o antes posible) son dos que mais orgullosos estamos. Son o primeiro traballo en video feito ao 100% polos rapaces: eles mesmos grabaron con móbiles o video nas súas casas, editaron o video cun programa de edición de video, metéronlle a música de fondo e para acabar subírona ao youtube.  E o resultado final é  o que aquí podedes ver. (E continuará)

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.