Abril 2013

Os Maios

CHARLA SOBRE OS MAIOS

Visitou aos nenos de 3º don Clodio González Pérez, mestre, etnógrafo e historiador galego, toda unha autoridade no mundo dos maios cun libro fantástico e que é toda unha referencia, editado pola diputación de Pontevedra sobre a Festa dos Maios; e que nos ensinou a profundizar nunha das tradicións mais antiguas e que con mais mimo conservaron para nós os nosos maiores. Ademais é Membro do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Amosounos as orixes desta festa ancestral, as distintas manifestacións en Galicia e todolos seus porqués, que son moitos

GAÑADORES DOS II XOGOS FLORAIS

Aquí tedes aos gañadores de cada ciclo do nosos II Xogos Florais que como lembrades, hogano tiñan a peculiaridade de que nos seus textos narrativos tiña que aparecer dalgún xeito a palabra "CHALANA". Os gañadores son Manuel Varela (6º B), Roi Lubián (3º A) e Carlota Álvarez (2º A)

INTERCAMBIO DE MARCAPAXINAS CO EEI O GRUPO

Co gallo do Día Mundial do Libro, os alumnos de 1º, 2º e 3º intercambiaron marcapaxinas cos alumnos do EEI O Grupo

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS CO EEI O GRUPO

Confeccionamos marcapáxinas con lemas de ánimación á lectura en galego. Participaron os alumnos de 1º, 2º e 3º que os intercambiaron cos do Grupo. Este é o exemplo dun deles.

 

Visita de Okutu y Riobó ao noso centro

 

''El Camino del Lobo''.

Este pasado martes 16 de abril, os rapaces e rapazas de 5º e 6º do colexio foron a Pontevedra  ver a obra de teatro: ''El Camino del Lobo'' da 'Compañía del Saco'. 'La Compañía del Saco' naceu no ano 2005, como un proxecto para a recuperación da oralidade e a música tradicional que aínda existía no val do río Ebro e no conxunto do Camiño de Santiago (nun primeiro momento no tramo que pasaba por A Rioxa, pero posteriormente ampliou a súa búsqueda a todas as etapas do ''Camiño francés'' e a outros camiños). Durante estes anos recopilaron centos de historias e melodías, moitas delas de fontes orais e outras de fuentes escritas. Tamén, recuperaron instrumentos tradicionais, atopados na Serra dos Cameros, na Rioxa.

''El camino del lobo'': Tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha vila do Camiño de Santiago e despregan os seus instrumentos, os seus monicreques, os seus bártulos i enseres. Entón, comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e cancións que foron recollendo no seu percorrido.

 

 

O XABARÍN 18 NO CEIP EDUARDO ÁVILA BUSTILLO DE A VEIGA

Enviouse ao colexio co que estamos realizando un apadriñamento lingüístico a exposición do noso proxecto do ano pasado o Xabarín 18. Aquí o tedes en A Veiga (Ourense)


O XABARÍN 18 EN A VEIGA

Os compañeiros do Ceip Álvaro Bustillo fixéronnolo honor de colgar o noso proxecto do ano pasado nos corredores do seu colexio. Graciñas e que o disfrutedes, rapaces.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.