Maio 2013

VIDAL BOLAÑO NON SE FOI

Segue estando presente no noso colexio coma neste estupendo traballo cos nenos de 2º B fixeron baixo a direción da profe Mónica.

CONCURSO DE NARRACIÓN E POESÍA DA AC SANTOMÉ

O noso alumno Roi Lubián Campelo (3º A) foi o gañador no nivel de Primaria do Concurso Literario que a AC Santomé celebrou polo día das Letras Galegas no apartado de Narración. PARABÉNS ROI!

XVII CONCURSO DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN PAZ

Entre os finalistas do prestixioso concurso literario que todolos anos dende fai dezasete se celebra no concello de Outes na memoria do poeta galego Francisco Añón Paz, colouse na súa categoría (7-9 anos), Ainoha Argibay Boullosa. No Concurso nenos e nenas de colexios e institutos de Galicia presentan cada ano os seus traballos poéticos.

O CANTAR DA EMIGRACIÓN

Propuxemoslle ao Coro Sociocomunitario da Casa do Mar que nos interpretase este poema de Rosalía e eles aceptaron o desafío e así de ben o fixeron no festival das Letras Galegas do Colexio.

A ESCALEIRA

Esta é a nosa participación no "Nos tamén creamos". Na curta recreamos a obra "A Escaleira" de OQO a través de 5 diferentes técnicas stop-motion como podedes ver na curta: styckz, brick, real, monecos animados e a mais clasica de plastilina. Agradecer o traballo do noso director artístico o profe José Víctor Sández

A PRECURA DO TESOURO

O 29 de Abril, os nenos e nenas do segundo Ciclo asistiron ao Auditorio de NovacaixaGalicia onde os Gaiteiros de Xistra a través dunha lenda introduciron aos nenos no saber tradicional galego (cantigas, refráns, trabalinguas, romances, cantares de cego...)

SAIDA CONCERTO DIDÁCTICO AO CONSERVATORIO DE PONTEVEDRA

Cun pouco de retraso publicamos esta saída, onde o primeiro e segundo ciclo do colexio acudiron ao Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra onde asistiron a un concerto didáctico impartido polos profesores do centro onde interpretaron "A frauta Máxica" de Mozart coa colaboración da compañia de titeres Viravolta

CANTADENOS UN MAIO

Varios colexios de toda Galicia colaboraron connosco á hora de elaborar esta copla de maios. Pontevedra, Fornelos, Vigo, Cangas, Vilaboa, Sanxenxo e o Maio do Coro Sociocomunitario están representados neste video

Gañadora da XBOX 360.

Aínda que con certo retraso e vaian por diante as disculpas, aquí tedes a gañadora do sorteo da XBOX 360 que foi para unha alumna do noso centro, Alba Cortegoso Blanco de 6ºA. Faille entrega a súa titora.

 

Excursión a Coruña de 4º de primaria.

Os rapaces e rapazas de 4º de primaria foron de excursión a Coruña o martes 7 de maio. Fixeron un percorrido polos Museos Científicos coruñeses (Casa das Ciencias e Domus), a Casa das Ciencias-Planetario e o Aquarium Finisterrae.

Pincha enriba da foto para entrar na galería.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.