Novembro 2012

Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?

 

Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?

Dende o Equipo de Normalización Lingüística (E.N.L.) do CEP Sequelo propoñemos resolver esta pregunta. Se ti non o sabes pregúntalle aos teus pais ou avós que eles seguro que o saben. Deixa a túa resposta nun papel co teu nome e curso no buzón que hai a carón da aula de informática. O venres día 30 de novembro entre todas as respostas acertadas elixiremos dúas que recibirán un pequeno agasallo. Tamén podes deixar en ''engadir novo comentario'' a túa resposta. Boa sorte a todos!

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.

Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.

 

ADIVIÑA, ADIVIÑA O GATO VAI TRALA ESPIÑA

Parecé mais difícil do que é. Polo visto, seica é sinxela, mais do que semella

Adiviña...

 

A resposta  tan esperada é:

                                                                                                             

.............NADA                       .......              .....NADA           ........ NADA

      NADA                        

                 NADA       NADA

        NADA          NADA      

     NADA                  NADA 

                                           

Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto.

O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.

Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto

O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.

 

Xa temos operativa a aula de Informática con Ubuntu.

Na aula de informática do CEP Sequelo, xa temos instalado o Ubuntu en todos os PC's. Dende que Windows aunciou a retirada para abril de 2014 do sistema operativo Windows XP, quedan as opcións de Windows 7 e o novo Windows 8. Con Ubuntu temos unha alternativa máis e con software libre, polo que pensamos que é unha boa opción para traballar con ela. A compañía cre que migrar a Linux será unha alternativa válida cara o futuro.

 

 

Deitado frente ao mar

Video realizado no obradoiro de animación Plástica As Barxas Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso
Música escrita, gravada e producida no obradoiro Músicasbarxas

CONTOS E POEMAS DAS TEBRAS

Os alumnos de 4º e 6º xuntaron forzas polo Samaín para gravar estes poemas e contos terroríficos polo Samaín. Como podedes ver e escoitar algunha forza escura actuou  no video

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.