PDI Protexo o meu planeta... protéxome eu
Entroido 2023
Enviado por inesduran o Ven, 10/02/2023 - 17:13Outro ano máis por estas datas preparámonos para o Entroido.
A próxima semana faremos o tradicional Mandadiño.
Imos procurar reutilizar e reciclar,
Segue os enlaces e visita o blogue da nosa BIBLIOTECA
Cun pano da túa nai, convírtete en Superman. Fai un gorro de papel, ti serás un bo grumete.
É metade de semana, vente coa cara pintada. Xa me quedo sin ideas, disfrázate como queiras.
|
En apoio ao proxecto deste curso:
"Protexo o meu Planeta, Protéxome eu"
cada ciclo vai saír polas rúas de Marín o venres 17
cun disfraz relacionado coa natureza ou coas tres RRR
Obradoiro de Consumo "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"
Enviado por Anónimo o Ven, 10/02/2023 - 01:00Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido.
Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"
O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.
Día da Paz 2023.
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/02/2023 - 19:28Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:
"Se ti sorrís o mundo sorrirá"
Nadal no cole. Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 13:38Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
- Tradicional concurso de "Tarxetas de Nada" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
- Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
- Actividade proposta pola ANPA Aidón: "Adornos navideños con caixas".
Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible!
Ciencia e Circo
Enviado por inesduran o Lun, 19/12/2022 - 22:54"A Gran Aventura do Corpo Humano"
Vigo acolle unha exposición interactiva
sobre o corpo humano.
Os cursos de 3º e 4º disfrutaron dunha xornada de ciencia
experimentando e divertíndose ao mesmo tempo.
Remataron a visita á exposición interactiva cunha representación no
Circo de Nadal.
Órganos xigantes do corpo humano
para ver e tocar.
Anxos de rolos de cartón
Enviado por inesduran o Lun, 05/12/2022 - 17:44Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
R R R
fixemos un personaxe protagonista do Belén,
adiviñas cal é?
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
fixemos adornos con rolos de cartón
Seguindo estes enlaces atoparedes
FROITOS DO OUTONO
Enviado por Anónimo o Mér, 30/11/2022 - 20:23Belén de tapóns de cortiza
Enviado por inesduran o Dom, 13/11/2022 - 19:18
Atendendo aos obxectivos de EDUsostenibilidade
trataremos de facer para o Nadal
Pastorciños, os Reis Magos. anxeliños...
ÁNIMO
SODES GRANDES ARTISTAS
Estas son as figuriñas de Mateo e de Sara de 1º
Sara de 1º e Mateo de 1º
Álvaro de 4º móstranos o seu reno
Leire de 3º fixo pastorciños e ovellas.
Aldán de Infantil e os seus camelos.
Enzo de Infantil animouse con Xesús, María e Xosé,
mula e boi incluídos.
Mateo de 4º
Adriana de 3º
Camila, Leire...
fixo pastorciños, ovellas e ata un anxo.
Olivia de Infantil
GRANDES ARTISTAS
Actividades sobre compostaxe
Enviado por Anónimo o Xov, 10/11/2022 - 01:00Dentro das propostas introductorias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" estivemos realizando varias actividades sobre compostaxe, a cargo de "Revitaliza" que culminaron coa posta en marcha, o pasado día 7, do composteiro do colexio.
Por se vos esquecedes de algo, aquí vos deixamos un enlace á páxina de "Revitaliza" para que poidamos recordar que é; e que materiais se poden compostar.
A compostaxe é unha boa forma de empezar a protexer o noso planeta.
Coidamos a Creación
Enviado por inesduran o Ven, 28/10/2022 - 21:33
O MUNDO É UN REGALO
CÓIDAO
Entre os compañeiros de Infantil e 1º
que asisten á clase de Relixión,
fixemos este vídeo para non esquecer
que compartimos un planeta
que temos que coidar.
A TERRA É A CASA DE TODOS
Actividades inicias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"
Enviado por Anónimo o Mér, 26/10/2022 - 00:00Iniciamos o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" con dúas actividades introdutorias.
Primeira: Actividade de plástica para concienciar da importancia das tres RRR (Recicla, Reutiliza, Reduce). Consistiu en rechear tres grandes "R" con materiais de reciclaxe.
Segunda: "Cada contedor co seu lixo" actividade de ideas previas, que consistiu en rechear unha ficha con recortes de folletos, identificando o lixo correspondente ao seu contedor.
PDI Protexo o meu planeta! Protéxome eu! Comezamos
Enviado por Anónimo o Mér, 19/10/2022 - 18:39Comezamos coas actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento do proxecto ao longo do curso.
Agardamos a vosa colaboración nas actividades que vos iremos propoñendo.