blogue dexose
I Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificación Final
Enviado por xose o Ven, 17/12/2021 - 19:35Rematou o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 20 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:
En 6º curso: 1º Marcos, con 57 puntos 2º Nihal e Mateo, con 16 puntos 3º Manuel, con 15 puntos |
En 2º curso: 1º. Alfonso, con 21 puntos |
Profesores: 1º. Xosé 45 puntos 2º. Miguel 10 puntos |
Ex alumnos: 1º. Breixo, 21 puntos 2º. Darío, 12 puntos 3º. Xoel, 3 puntos |
Noraboa aos gañadores!! En xaneiro volvemos co 2º Campionato, que terá outros 20 torneos e rematará antes das vacacións de Semana Santa. E poderán participar tamén os pais e nais dos alumnos/as.
E aproveito para presentaros a REY ENIGMA, unha especie de Supermán do xadrez.
Aprende a resolver sinxelos problemas de xadrez con Rey Enigma.
E se queremos ver máis, temos aquí o seu canal de Youtube.
I Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022
Enviado por xose o Mar, 28/09/2021 - 09:13O vindeiro martes, día 5 de outubro, de 16:30 a a 17:30 horas, comeza o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo neste curso, que rematará no mes de decembro. Este campionato será online e está aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.
Para xogar terás que seguir os seguintes pasos:
-
Rexistrarte previamente na web Lichess.org, cos datos:
-
nome de usuario coa forma breixovs10, onde breixo é o nome do neno/a, v e s as iniciais do primeiro e segundo apelido, e 10 os dous números finais do ano de nacemento, neste caso 2010;
-
contrasinal que ti queiras e,
-
dirección de e-mail (necesaria para confirmar a conta)
-
-
Inscribirte no equipo de xadrez Cep Sequelo pinchando neste enlace- (O moderador do torneo terá que aceptar a túa solicitude)
-
Unirte ao torneo. O primeiro torneo será a un total de 6 rondas (partidas), e cada unha delas terá 5 minutos de duración para cada xogador. Unha vez acaben todos de xogar a primeira partida comezará a segunda, e así sucesivamente.
Durante este trimestre organizaremos dous torneos cada semana, que serán os martes e os venres, de 16:30 a 17:30.
Haberá un gañador en cada curso, de 1º a 6º de primaria. En cada torneo sumarán puntos os 3 mellores clasificados de cada curso, 3 puntos para o primeiro, 2 para o segundo e 1 para o terceiro. Iremos actualizando a clasificación ao final de cada torneo, e podedes consultala no enlace da Clasificación Provisional. Haberá premios para os gañadores/as!!
Moito ánimo e a participar!
Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro
I TORNEO, MARTES 5 OUTUBRO ÁS 16:30
II TORNEO, VENRES 8 OUTUBRO ÁS 16:30
TODOS OS TORNEOS NA WEB DE LICHESS, EQUIPO CEP SEQUELO
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-22
Enviado por xose o Mér, 08/09/2021 - 00:01O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.
O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (xoves).
Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Resolución do 17 de xuño de 2021 (Instrucións para o curso 2021-2022))
Enviado por xose o Lun, 21/06/2021 - 11:17XIX e XX Torneos de xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Lun, 14/06/2021 - 17:48Chegamos ao remate do campionato de xadrez celebrado durante este trimestre, que nos levou ata un total de 20 torneos! Esta semana celebraremos os dous últimos torneos.
Recursos para traballar con alumnado TEA
Enviado por xose o Lun, 14/06/2021 - 10:48Na web da Asociación Navarra de Autismo, atopamos unha selección extensísima de materiais e enlaces de interese, a maior parte provén de tres fontes: materiais creados por Amaya Ariz, materiais da web de Arasaac e da web www.lasonrisadearturo.com. Con eles podemos traballar:
- vocabulario e linguaxe
- praxias
- condutas
- emocións e habilidades sociais
- secuencias e funcións executivas
- as axendas e as horas
- contos con pictos
- cancións
- anticipar situacións
- grafomotricidade e lectoescritura
- materiais para traballar no primeiro ciclo de primaria, etc.
Na web trespuntocero recompilan ata 15 recursos, na súa maioría aplicacións informáticas e recursos vía web, para traballar con este tipo de alumnado.
Outra fonte de recursos interesantes é o blog: El sonido de la hierba al crecer
XVII e XVIII Torneos de xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 08/06/2021 - 14:10XI e XII Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 18/05/2021 - 13:53IX e X Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 11/05/2021 - 13:42VII e VIII Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 04/05/2021 - 16:09V e VI Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mar, 27/04/2021 - 14:34III e IV Torneos de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Xov, 15/04/2021 - 18:49O xoves, 22 de abril, ás 17:00 comezará o cuarto torneo de xadrez.
Os nenos e nenas que aínda non se rexistraran poden facelo seguindo as instrucións deste enlace.
II Torneo de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mér, 14/04/2021 - 20:07O xoves, 15 de abril, ás 17:00 comezará o segundo torneo de xadrez. Pinchade no enlace para entrar.
Os nenos e nenas que aínda non se rexistraran poden facelo seguindo as instrucións deste enlace.
ACTUALIZACIÓN, xoves 18:00
Rematou o 2º torneo cun total de 17 participantes. Esperamos que no próximo, para o vindeiro martes, día 20 de abril, á mesma hora, poidamos chegar ata 20 xogadores!
Puntos deste torneo
6º curso: BreixoV 3 puntos, Irene 2 puntos e Martín 1 punto.
5º curso: Marcos 3 puntos, Iago 2 puntos e Mateo 1 punto.
4º curso: Abel 3 puntos
3º curso: Raúl 3 puntos
2º curso: Roberto 3 puntos
1º curso: Mael 3 puntos
Profesores: Miguel 3 puntos
Lembrade, o vindeiro torneo o martes día 20, ás 17:00 horas.
Xogos na web El mundo de Milu
Enviado por xose o Lun, 12/04/2021 - 11:50Compartimos un novo xogo que amplía os contidos de "Viaxe ao reino das emocións". Podedes consultalo na web do Mundo de Milu (http://mundodemilu.org/gl/36). Nel invitámosvos a entrar novamente no Aloia, e superar cada unha das probas que vos propoñen o sabio, a rá, as toupiñas...
Outros xogos
I Torneo de Xadrez online CEP Sequelo 2021
Enviado por xose o Mér, 07/04/2021 - 21:01O martes, día 13 de abril, de 17:00 a 18:00 horas, celebraremos o primeiro torneo de xadrez online deste ano 2021, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso. Formará parte dun Campeonato que rematará no mes de xuño.
Para xogar terás que seguir os seguintes pasos:
-
Rexistrarte previamente na web Lichess.org, cos datos:
-
nome de usuario coa forma breixovs10, onde breixo é o nome do neno/a, v e s as iniciais do primeiro e segundo apelido, e 10 os dous números finais do ano de nacemento, neste caso 2010;
-
contrasinal que ti queiras e,
-
dirección de e-mail (necesaria para confirmar a conta)
-
-
Inscribirte no equipo de xadrez Cep Sequelo pinchando neste enlace- (O moderador do torneo terá que aceptar a túa solicitude)
-
Unirte ao torneo. O primeiro torneo será a un total de 6 rondas (partidas), e cada unha delas terá 5 minutos de duración para cada xogador. Unha vez acaben todos de xogar a primeira partida comezará a segunda, e así sucesivamente.
Durante este trimestre organizaremos dous torneos cada semana, que serán os martes e os xoves, de 17:00 a 18:00.
Haberá un gañador en cada curso, de 1º a 6º de primaria.
Moito ánimo e a participar!
ACTUALIZACIÓN MARTES 18:00
Rematou o 1º torneo cun total de 14 participantes. Esperamos que no próximo, para o vindeiro xoves, á mesma hora, poidamos chegar ata 30!
Haberá puntuación para os 3 mellores clasificados de cada curso, 3 puntos para o primeiro, 2 para o segundo e 1 para o terceiro. Iremos actualizando a clasificación ao final de cada torneo.
A táboa de puntuación queda como segue:
6º curso: BreixoV 3 puntos, Irene 2 puntos e Martín 1 punto.
5º curso: Marcos 3 puntos, Mateo 2 puntos e Lara 1 punto.
4º curso: Iria 3 puntos
3º curso: Gabriel 3 puntos
2º curso: Roberto 3 puntos
1º curso: Mael 3 puntos
Profesores: Miguel 3 puntos
Lembrade, o vindeiro torneo o xoves, ás 17:00 horas.
O cofre do tesouro
Enviado por xose o Xov, 18/03/2021 - 12:27Cando todos miraron o interior do cofre pídeselle aos nenos que digan que obxecto atoparon dentro. Moitos dirán que atoparon "un espello", pero algún deles, despois dalgunha pista previa dirá que o tesouro era el mesmo, que se viu no espello. Todos os demais irán caendo na conta de que eles son o mellor tesouro.
Podemos rematar comentando a importancia de que somos seres únicos e irrepetibles e iso nos fai ser o máis valioso do mundo.
Día Mundial das Enfermidades Raras (28 febreiro)
Enviado por xose o Xov, 25/02/2021 - 10:45Sabías que só en España hai máis de 3 millóns de persoas que padecen enfermidades raras?
Cada ano, o 28 de febreiro, celébrase o Día Internacional das Enfermidades Raras, co obxectivo de crear conciencia e axudar a todas as personas que padecen esta condición a recibir o debido diagnóstico e tratamento para garantirlles unha vida mellor.
Na web diainternacionalde temos información básica para saber máis.
E tamén na web de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) podemos descargar materiais da campaña.
PROPOSTA:
Sumámonos á proposta da ANPA Aidón, do CEP Sequelo, para que nos comentedes nesta entrada se coñecedes alguha enfermidade rara ou algunha persoa que a padeza e cal é a vosa experiencia en relación con ela. Tamén o podedes comentar no Facebook da ANPA Aidón.
Commemoramos o Día de Rosalía de Castro (24 febreiro)
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 14:02Para commemorar o Día de Rosalía, o vindeiro mércores, día 24 de febreiro, achegámosvos o traballo elaborado por un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e un Genially elaborados este curso.
A ligazón do Genially é: https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5
As unidades didácticas, elaboradas polo seminario Galán, para os diferentes cursos de educación primaria:
UD 1º E 2º PRIMARIA DÍA DE ROSALÍA.pdf
Traballamos a autoestima en 1º B
Enviado por xose o Xov, 18/02/2021 - 13:52A semana pasada traballamos a autoestima na aula de 1º B. Pinchando na imaxe podemos descargar unha presentación multimedia con imaxes do proceso e o resultado obtido.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »