I Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022

O vindeiro martes, día 5 de outubro, de 16:30 a a 17:30 horas, comeza o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo neste curso, que rematará no mes de decembro. Este campionato será online e está aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.

Para xogar terás que seguir os seguintes pasos:

  1. Rexistrarte previamente na web Lichess.org, cos datos:

    1. nome de usuario coa forma breixovs10, onde breixo é o nome do neno/a, v e s as iniciais do primeiro e segundo apelido, e 10 os dous números finais do ano de nacemento, neste caso 2010;

    2. contrasinal que ti queiras e,

    3. dirección de e-mail (necesaria para confirmar a conta)

  2. Inscribirte no equipo de xadrez Cep Sequelo pinchando neste enlace- (O moderador do torneo terá que aceptar a túa solicitude)

  3. Unirte ao torneo. O primeiro torneo será a un total de 6 rondas (partidas), e cada unha delas terá 5 minutos de duración para cada xogador. Unha vez acaben todos de xogar a primeira partida comezará a segunda, e así sucesivamente.

Durante este trimestre organizaremos dous torneos cada semana, que serán os martes e os venres, de 16:30 a 17:30.

Haberá un gañador en cada curso, de 1º a 6º de primaria.  En cada torneo sumarán puntos os 3 mellores clasificados de cada curso, 3 puntos para o primeiro, 2 para o segundo e 1 para o terceiro. Iremos actualizando a clasificación ao final de cada torneo, e podedes consultala no enlace da Clasificación Provisional. Haberá premios para os gañadores/as!!

Moito ánimo e a participar!

Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro

I TORNEO, MARTES 5 OUTUBRO ÁS 16:30

II TORNEO, VENRES 8 OUTUBRO ÁS 16:30

TODOS OS TORNEOS NA WEB DE LICHESS, EQUIPO CEP SEQUELO

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL

 

Enviar un comentario novo

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.