Xuño 2023

Diploma Colexio do Benquerer

Rematamos as actividades programadas para este curso no proxecto Colexio do Benquerer, de educación afectivo-sexual, organizado pola Fundación Meniños, que nos traslada o certificado de colaboración.

Calendario fondo libros, vales de libros e material

 

MÉRCORES 5  DE XULLO

LISTAXES PROVISIONAIS

  • EXPOÑERANSE NO TABOLEIRO DO INTERIOR DO CENTRO

  • POR VÍA ELECTRÓNICA PODERÁ CONSULTALO NA APLICACIÓN FONDOLIBROS

XOVES 6 E VENRES 7 DE XULLO

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

LUNS 10 E MARTES 11 DE XULLO

RESOLUCIÓN DAS POSIBLES RECLAMACIÓNS

VENRES 14 DE XULLO

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA

 

 

LUNS 4 AO VENRES 8 DE SETEMBRO (DE 9:30 A 13:30 HORAS)

ENTREGA DOS VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

LUNS 11 AO 29 DE SETEMBRO

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO AO ALUMNADO

10 días A PARTIR DE RECIBIR O VALE

EMENDA DE ERROS DETECTADOS NOS VALES

ATA O 10 DE ABRIL DE 2024

USO DOS VALES NAS LIBRERÍAS E DEMAIS ESTABLECEMENTOS

IX Certame de relato curto das Fanpas de Pontevedra

Entre os 63 relatos seleccionados entre os alumnos dos centros de primaria da provincia de Pontevedra para estar no libro que cada ano editan Kalandraka e as fanpas de Pontevedra. tivemos a sorte de que 12 fosen alumnos do noso centro. O traballo xa está feito, xa se logo son seleccionados finalistas ou gañan o certame, como pasou noutros anos, benvido sexa; máis a profundización na escrita creativa é o que a nós nos interesa e iso conseguímolo. Parabéns aos 12 e ao resto que xa se sabe que estas cousas é por gustos de xurado.

M-Bot: sensor de temperatura

Partindo da saída do proxecto Ríos, por medio do sensor de Temperatura, co adaptador RJ 25 e co Display de 7 segmentos, logo de programar sinxelamente o Mbot, conseguimos medir a temperatura da auga do río.

Proxecto Ríos

O pasado 31 de Maio, visitounos o persoal do Proxecto Ríos, que nos abriu os ollos sobre a realidade natural, que a rentes do noso centro o configurou dende os seus inicios, o río Lameira, un medio como puidemos comprobar cheo de vida.

Proxecto ríos de Ceip Sequelo

Ai Mosa: Duelo ao Sol

Ai Mosa é o festival de curtametraxes de centros escolares do Morraso. Este ano quixemos estar xunto ao IES María Soliño de Cangas, o IES A Paralaia, o IES As Barxas e o CEIP Reibón de Moaña; e o IES Johán Carballeira de Bueu.

A nosa modesta colaboración é este "Duelo ao Sol"

A de auga

Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.

Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.

Papiroflexia con Luis Freire: "Comecocos"

Outra das entregas de Luis Freire coas que poderás facer multitude de figuras no rico mundo da papiroflexia.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.