Marzo 2020

Empezamos a semana con enerxía (Ed. Física)

Vamos empezar a semana cuns exercicios pola casa

 

Gústame moito o profe Edwin, dalle moita importancia ao quecemento, pero eu sei que moitos dos exercicios que saen no vídeo xa os coñecedes.

Os exercicios de hoxe empezan con “sentadillas” (lembrade que os pés teñen que estar separados a mesma distancia que os ombreiros), levantarnos do chan, no vídeo fala de subir o banco (pero eu na miña casa non podería subirme ao sofá e imaxínome que nas vosas tampouco) polo que podemos modificar o de subir ao banco por unha caixa, caixón,… e “sentadillas con salto”.

E para o seguinte bloque de exercicios vamos axudar a dobrar a roupa, non teñen porque ser todas camisetas, poden ser calcetíns, pantalóns,…

Na volta á calma, algúns e algunhas de vós xa coñecedes o exercicio, espero que vos guste.

Para terminar a sesión estiramos os músculos traballados.

 

Unha vez rematado o exercicio, vamos a polo reto, fabricamos avións de papel, envíovos uns exemplos de diferentes modelos de avións, eu hai moitos que non coñecía, lembrade que podedes facelos con papel que estea para reciclar, non precisamos un folio en branco, posteriormente poderemos decoralos.

 

 

 

En este enlace podedes ver 40 modelos diferentes, animo a que fagades algún e me enviedes unha foto.

 

 

E para practicar se os nosos avións voan ou non, un reto de puntuación.

 

 

Podedes empregar para isto papeis de periódico, folios unidos,… non precisades ter cartolinas, só tesoiras para facer os buratos, cinta adhesiva para colocalo no marco dunha porta e rotuladores, bolígrafo,… para escribir as puntuacións.

 

A divertirse!!!!!! 

Traballando cos ángulos (II): Desafío angular

Hoxe escollemos esta foto que nos enviou Roberto de 5º. As dúas preguntas de hoxe son:

1. Que tipo de plano angular utilizou Rober para sacar a foto?

2. O moneco de que película saíu e que é?

A ver os fans da Ciencia Ficción

Un pequeno resumo dos traballos desta semana (Ed. Física)

Este é un pequeno resumo dos traballos que recibín esta semana, espero que vos animedes a seguirme enviando cousas para que todos e todas poidamos ver en que estades traballando.

 

 Moito ánimo para a nova semana!!!!!!

Entrevista a unha ENFERMEIRA

María José Portabales traballa no Centro de Saúde de Marín e posto en contacto con ela, Breixo Sanjorge Boullosa de 5º B, fíxolle a seguinte entrevista:

1- Bos días, María José, en que centro sanitario traballas?

 Dende esta semana traballo no centro de saúde de Marín.

 2-Dende que xurdiu esta crise sanitaria que equipos de protección individual utilizas para non contaxiarte?

 Dende que xurdiu a crise sanitaria os equipos de protección individual que utilizo son: bata desbotable, mascarilla desbotable e luvas.

 3-Fáltavos material de protección para traballar con seguridade?

 O material que utilizamos é desbotable, pero dende o primeiro día de alerta temos que reutilizalo, xa que hai escaseza del.

 4-Tes medo de contaxiarte? Vas tranquila ao traballo?

 Naturalmente que os primeiros días, debido á desinformación, que tiñamos medo de contaxiarnos, sen embargo agora vou moito máis tranquila ao traballo, xa que estou comprobando que o meu labor é moi importante e útil para axudar nesta situación crítica.

 5-Fixeches o test para saber se tes ou non a enfermidade?

Non, non fixen o test, porque nin tiven síntomas, nin estiven nun centro sanitario onde se declararan  casos da enfermidade entre o persoal, como puido ser o centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

6-Nesta situación ségueche a gustar o teu traballo?

Ségueme gustando cada vez máis, sobre todo cando penso que podo axudar á xente que está enferma ou a que se prevé que poida estalo. 

7-Cres que o noso sistema sanitario está preparado para afrontar esta pandemia?

Creo que nunca imos estar preparados para afrontar unha pandemia deste tipo, porque só estamos afeitas a un número reducido de enfermos, porén nesta situación excepcional loxicamente nin temos medios suficientes, nin estamos preparadas, porque non houbo unha previsión, nin se estaban adicando os recursos económicos suficientes nos últimos anos.

8-Son importantes para vós as mostras de apoio recibidas cada día por toda a cidadanía?

Claro que son moi importantes as mostras de apoio por parte da cidadanía, xa que nós temos medo máis que nada pola nosa familia e si que nestes intres de  tensión e descoñecemento, onde non sabemos o que poida pasar e cal vai ser a forma máis correcta de actuar, ter o apoio é moi importante tanto para nós como para a xente que está traballando para que non nos falte de nada a ningunha persoa da poboación.

Moitas grazas María José por todo o voso esforzo e moitísimo ánimo nesta situación.

Poemas dende a casa (9): Helena Villar Janeiro

Esta semana os alumnos de 5º van traballar co libro de Helena Villar "As señoras cousas" e a súa autora tivo a amabilidade de compartir connosco un dos poemas do libro:  "Aquí ven o libro". Agora a poesía pasa da voz de Helena ás nosas.

Aqui ven o libro - Helena Villar Janeiro from Endl Cep Sequelo Marín on Vimeo.

Contos dende a casa (27): Lolo anda en bicicleta

Roi Rodiño Fraguas de 5º uniuse a todos aqueles que nestes días nos están contando contos dende as súas casas; para tal fin el elixiu este "Lolo anda en bicicleta".

Reto 14: Gaña 5 veces a pedra-papel-tesoira

Hoxe toca xogar a “pedra-papel-tesoira”, na miña casa xogamos despois de cear ás cartas (a escoba concretamente) para ver a quen lle toca fregar os cacharros, eu frego moitas veces, non sei se terei que cambiar de xogo, vos tamén practicades algún xogo de mesa?, aprendéstedes algún xogo novo estes días? xa me contaredes cales coñecedes.

Envíovos dúas propostas de xogos de mesa un pouco diferente a como os coñecedes, espero que vos gusten e que me comentedes cal podemos practicar na clase.

 

Reto 13: Debuxa unha diana nun folio...

Eu hoxe non fixen os meus deberes, pero... fixen un pescaconexo, espero que vos animedes a facer algún.

 

Tamén vos envío un test de deportes, vamos comprobar canto sabedes de deporte?

 

Música dende a casa (8): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "As pelotas saltarinas"

Novamente Breixo Vidal de 5ºB fai unha estrea dunha composición súa para todo o público do CEP Sequelo.

Hoxe vai interpretar unha pequena canción titulada "As pelotas saltarinas". Animádevos a cantar con el.

Moi atentos ao final do vídeo onde aparece un fan entusiasmado pola súa obra.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.