Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso tamén conmemoramos unha data moi sinalada no calendario que nos parece de obrigado tratamento co noso alumnado polos valores que supoñen como formación integral da persoa; o 25 de novembro, día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller.

As circunstancias da pandemia están condicionando o discurrir da actividade escolar, no que se refire a poder realizar actividades de carácter grupal, máis buscamos o xeito de intentar facer unha actividade simbólica a nivel centro. Respectando a organización do patio en parcelas que se usan nos recreos, cantamos todo o colexio a canción "a porta violeta" de Rozalen, cos arranxos en lingua galega realizados polo mestre de música, o acompañamento instrumental doutros mestres/-as e a interpretación en linguaxe de signos por un grupo de alumnado.

E previamente, tres crianzas en representación de toda a comunidade educativa, leron un manifesto en repulsa deste tipo de violencia que sufren maioritariamente as mulleres no ámbito familiar, laboral, social, cultural, científico,... 

      

VER O MANIFESTO AQUÍ 

    

 

   A nivel de aula, tamén se desenvolveron diferentes propostas pero todas na mesma liña; tratar de concienciar ao alumnado da necesidade de fomentar e potenciar a igualdade entre homes e mulleres, de mellorar as relacións interpersoais, de fomentar o diálogo o respecto e a tolerancia ante as diversidades e diferentes opinións,...

 

--- CON GAFAS DE VIXIANTES DA VIOLENCIA

 

--- O MURO QUE SOLUCIONA A VIOLENCIA ENTRE COMPAÑEIR@S (AS PELEXAS, OS ENFADOS, O RESPECTO POLAS OPINIÓNS DIFERENTES,...)

 --- AS MENSAXES QUE PODEN MELLORAR AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS

--- ¿QUEN É QUEN? ANÁLISE DOS ROLES DE XÉNERO, COMO SE VAN CONSTRUÍNDO DENDE BEBÉS OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO FEMININO E MASCULINO

 

--- Tras o visionado de videos sobre a "igualdade de oportunidades", "o maltrato "sutil", un grupo de crianzas plasmou as súas conclusións de xeito artístico. Un exemplo dos mesmos, "OS LAZOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

   

   

 --- Os maiores do cole, traballaron en inglés o vocabulario relacionado coas emocións que poden sentir as mulleres que sufren violencia e logo debuxaron ROSTROS DE MULLERES que mostran tristeza, medo, angustia, rexeitamento,...

"TÍRALLE DA LINGUA"

Aquí vos deixamos os gañador@s de cada nivel/curso para o concurso "Tíralle da Lingua". Este venres presentamos as propostas seleccionadas, e se todo vai segundo o previsto, o vindeiro 30 de novembro darán o "fallo" dos premios.

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes dar o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

 

ENTREGA DE PREMIOS @S GAÑADORES DO COLE:

Aproveitamos a conmemoración do 25N, para facermos a entrega dos Premios do Centro aos gañador@s. Aquí vos deixamos as fotiños!!

 

Premio ENREGUÉIFATE 2020

Hoxe mesmo, chegou o Trofeo e o Diploma acreditativo, do premio á regueifa máis reivindicativa, que conseguíu o alumnado de 6º o curso pasado no "ENREGUÉIFATE 2020"

Este ano, máis que nunca, e debido ás circunstancias que estamos a vivir... Queremos compartilo con toda a comunidade educativa e adicárvolo con todo o noso cariño!!

 Trofeo EnreguéifateDiploma Enreguéifate

HORARIOS DE SAÍDA NOS QUE SE PODERÁ RECOLLER AO ALUMNADO

 Para organizar axeitadamente a recollida do alumnado usuario de comedor nas circunstancias especiais deste curso, comunicámoslles que só se poderá facer en determinados momentos. Fora deste horario as portas permanecerán pechadas.

 

Cando excepcionalmente algunha familia teña que recoller ao seu fillo/a noutro horario dos propostos terá que avisar ao centro.

 

ALUMNADO QUE NON UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:

 

14:20 para ed. infantil e 14:30 para primaria

 

ALUMNADO QUE SI UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:

 

- Educación Infantil:

  • 14:20 a 14:30

  • 15:00 a 15:15

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

     

 

- Educación primaria 2ª quenda de comedor: 1º A, 1º B, 2º A, 2º B, 3º B, 3º C, 4º B

  • 15:00 a 15:15

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

 

- Educación primaria 3ª quenda de comedor: 3ª A, 4ª A, 4º C, 5º A, 5º B, 6º A, 6º B

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

 

Nos primeiros días enviaremos un formulario en papel para que as familias interesadas nos comuniquen o horario de recollida. Aproveitaremos o mesmo documento para as autorizacións das persoas que poden recoller ao alumnado no centro.

 

COMEZO DAS AULAS

Oficialmente o alumnado comezará as aulas os seguintes días:

 

10 de setembro:

 

  • 4º e 5º de EI

  • 1º, 2º e 3º de Primaria

 

Nota: como queira que en 4º de Ed. Infantil teñen período de adaptación, a titora informará nunha reunión previa de cómo se desenvolverá a mesma.

 

11 de setembro:

 

  • 6º de Ed. Infantil

  • 4º, 5º e 6º de Primaria

 

HORARIO DE ENTRADA: 9:30 (9:20 para edu. Infantil)

 

HORARIO DE SAÍDA: 14:30 primaria e 14:20 Ed. Infantil (para o alumnado que non ten servizo de comedor ou alumnado de infantil de comedor que as familias prefiran recoller a esa hora)

 

HORARIO DE SAÍDA DOS AUTOBUSES: 16:00 (luns, mércores, xoves e venres)

                                                              16:30 (martes)

 

IMPORTANTE: como queira que o día 10 está convocada unha folga polos sindicatos do ensino, polo que funcionaremos cos servizos mínimos, se algunha familia das que terían que incorporarse ese día decide non enviar aos seus fillos/as incorporaríanse o día 11.

 

 

O luns informaremos, tamén nesta web, dos horarios de apertura das portas do patio e dos protocolos de entrada e saída do mesmo por parte das familias.

O primeiro día non poderán entrar nas aulas as familias como facíamos todos os anos. Se queren acompañalos terán que agardar mentres imos chamándoos nunha zona separada do alumnado, no patio. Pregámoslles que na medida do posible eviten vir con eles, salvo nos casos de educación infantil e alumnado novo no centro. Grazas.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Prezadas familias,

informámosvos que por motivos sanitarios e hixiénicos neste curso non faremos uso do mandilón.

 

Moitas grazas.

 

 

ENLACES CON INFORMACIÓNS DE INTERESE

 

Información e instrucións para as familias novas de como instalar a aplicación Abalar-Móbil nos teléfonos móbiles para recibir comunicacións do centro (A maioría das familias do alumnado do centro xa teñen instalada esta aplicación nos móbiles. Recomendámoslle ás familias do novo alumnado que a instalen para poder recibir os avisos e comunicacións por parte do colexio)

PUBLICADAS AS AXUDAS CONCEDIDAS PARA MATERIAIS E LIBROS DE TEXTO

Xa están publicadas as axudas concedidas para materiais e libros de texto. Como non podemos facelo público en espazos externos ao colexio os listados estarán expostos no taboleiro de anuncios do centro. De todos os xeitos se chaman ao teléfono 881866498 podemos informarlles se teñen concedida algunha das axudas e cando poden vir recoller os vales correspondentes, se é o caso.

 Para facilitar que non haxa aglomeracións nas oficinas do centro, no caso de ter axudas concedidas, as datas para recoller os vales serían:

 

1º e 2º de primaria

Martes 14, mércores 15 e xoves 16

3º e 4º de primaria

Venres 17, luns 20, martes 21

5º e 6º de primaria

Mércores 22, xoves 23, venres 24

Na última semana do mes poderán vir as familias que por calquera circunstancia non poidan acudir nas datas propostas.

Se teñen fillos/as en distintos niveis poden recoller todos os vales o mesmo día, e poden escoller calquera das datas dos niveis correspondentes.

Só pode acudir unha persoa por familia.

Horario de oficinas: 10:00 a 13:30 horas

Nota: os libros de texto do banco de libros entregaranse ao comezo do curso.

Como sempre é imprescindible manter as normas de seguridade establecidas: uso obrigatorio de máscara e manter a distancia de seguridade no caso de coincidir con máis persoas no  centro.

_________________________________________________________________________________

Nos seguintes anexos están os listados de material para primaria por niveis:

 

VÍDEO RESUMO DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DO CURSO 2019-20

EXPOSICIÓN FINAL DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DE E.I DO CURSO 19-20

Prezadísimas familias, queridos nenos e nenas. Como outras moitas cousas, este ano tivemos que ir adaptándonos as circunstancias que nos arrodeaban e este vídeo responde a que xa que non poidemos realizar a exposición presencial de final de curso con todo o noso traballo, polo que a facemos con este vídeo montaxe. Iso si, é un resumo de todo o vivido e traballado, tanto ata mediados de marzo no propio obradoiro, como nas vosas casas, achegando semana tras semana  as vosas creativas respostas ás propostas que fun facendo no blog.

Se queredes saber e ver máis sobre cada unha das actividades, podedes consultar máis abaixo neste mesmo blog.

Agardo que gocedes con el. 

Déixovos o enlace para que poidades velo; ou podedes acceder  premendo directamente sobre a imaxe.

 

 

https://youtu.be/5e7djJcJ4Z4

 

Agora si, feliz verán ,  xogade e pasádeo xenial que o tedes ben merecido.

Vémonos en setembro.

   
   
 



Vídeo-creación de benvida ao futuro alumnado do centro!

Como sabedes, este ano, debido ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo COVID 19, non puidemos facer a habitual visita ao centro do alumnado que entra novo no cole o vindeiro curso escolar. De aí que editaramos esta vídeo-creación para que os novos ramalloseir@s e as súas familias poidan coñecer un pouquiño máis de preto as nosas dinámicas de traballo. 

Unha aperta ben grande e bo verán a toda a Comunidade Educactiva deste CEIP da Ramallosa, do que todos nos sentimos máis que orgullosos de formar parte.

Distribuir contido


by Dr. Radut