Skip to Content

Bolsas NEAE 2024-25

Están convocadas as axudas do Ministerio de Educación para o alumnado NEAE para o curso 2024-25.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

Nesta ligazón tedes a CONVOCATORIA.

 

Para solicitala premede AQUÍ.

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25

Mañá 21 de maio abre o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitar as axudas para adquirir material escolar.

 

LEXISLACIÓN 

 

PRAZOS: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

 

DESTINATARIAS/OS:

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    • Conta con CHAVE 365 ou
    • Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico
  • PRESENCIAL: Cubrir os Anexo I e II e presentalos no centro educativo.

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexos I e II
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Admisión alumnado 2024-25

 

Xa están no noso taboleiro publicadas as listaxes DEFINITIVAS de admitidos/as e non admitidos para o curso 2024-25.

Non sufriron variación respecto ás listaxes provisionais.

O alumnado NON admitido deberá esperar a que se reúna a Comisión de Escolarización (sen data fixada de momento) para determinar o centro que lle corresponde.

 

  • 4º de EI: 33 solicitudes presentadas, 20 admitidas e 13 NON admitidas
  • 6º de EI: 1 solicitude presentada, 1 admitida.
  • 1º de EP: 6 solicitudes presentadas, 6 admitidas.

 

Podedes consultar a listaxe no propio centro. Non se facilita a información por teléfono.

 

PRÓXIMAS DATAS IMPORTANTES

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-25

Calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro: Reserva de praza no centro de orixe (CEIPP da Ramallosa) para o alumnado de 6º de EP ao centro ao que está adscrito (IES de Cacheiras) O alumnado de 6º de EP levará a casa o impreso Anexo I (ED550A) da solicitude para ser entregado na secretaría do CEIPP da Ramallosa antes do 5 de febreiro. Revisade as instrucións para cubrir correctamente o documento. Se tedes algunha dúbida podedes consultala na secretaría do centro.

 

  • Do 1 ao 20 de marzo: Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) (asinado polos dous proxenitores) que poderá cumprimentarse:
    • Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
    • De forma manual. Recollendo instancia no centro ou descargándoa.
    • Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990.
    • Importante: Entregar no centro xunto coa documentación que fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...)

INSTRUCIÓNS XERAIS sobre o procedemento.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP PLURILINGÜE DA RAMALLOSA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 






  • Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas): 10 días hábiles a partir dos dous seguintes ao remate do prazo.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

(Preme na imaxe para ver as diferentes propostas didácticas deste ano)

ENTROIDO 23-24: "Os musicais"

Entroido 23-24 Banner

Premede enriba da imaxe para entrar en todos os contidos desta edición (vídeo, fotos,..)

Seguimos engadindo recursos

"21 DÍAS CO GALEGO E +"

BANNER 21 DÍAS

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Un nadal máis, participamos na xa XIX edición desta interesante iniciativa, onde ademais do concurso con distintas categorías, o realmente importante e interesante é que durante todas as vacacións e ata o 14 de xaneiro, todas as obras das criaturas de E.I. teñen expostas os seus creativos traballos.

 

Desta volta, non nos podemos sentir máis orgullosas e orgullosos pois recoñecéronse varios galardóns en distrintas categorías.

 

Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo que poderedes ver nas fotografías.

 

Mirade a Álvaro gañador da categoría de debuxo, a Thyago na categoría de pintura, a Yanira en collage e a Mateo na de construcción, con que orgullo reciben a súa linda escultura, creada específicamente para o certame.

 E premendo nesta imaxe da exposición ou aquí, podedes observar todo o laborioso proceso das fantásticas creacións.

          

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

DOBRE PREMIO NO VI CERTAME DAS IMAXES DO PATRIMONIO PNO

Máis que agradecidos por este dobre recoñecemento para @s Ramalloseir@s!!

É un orgullo formar parte do colectivo “Ponte nas Ondas” e aportar o noso granciño de area a prol da recuperación do noso patrimonio cultural.

Grazas compañeir@s ❤️

Parabéns a todo o alumnado e equipos docentes de Galicia e Portugal participantes no certame.

PREMIOS DO CENTRO:

- 2º PREMIO “VI Certame das Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués”: Parabéns á nosa alumna “Alexandra Pedreira Fdz” polo seu traballo coa foto “Guerra Civil española” ❤️

- PREMIO ESPECIAL DO JÚRI: É un orgullo recibir tamén unha das dúas mencións especiais ao “mellor traballo de centro” co noso proxecto “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”. Neste seso, é de xustiza resaltar e agradecer o grandísimo traballo levado a cabo polo profe Xabi. Grazas Ramalloseiro!! Eres moi grande!!

Partillamos un vídeo-resumo de todos os traballos presentados ao certame.

Tamén podedes escoitar na nosa canle de radio escolar o programa de radio gravado para o proxecto.

 

CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIADOS POLO XURADO DE "PONTE NAS ONDAS"

VICERTAME PNO

INFORMACIÓN DE INICIO DE CURSO 2023-24

BENVID@S AO CURSO 2023-24!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut