Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

COMEZAMOS!

E DE NOVO AQUÍ ESTAMOS!

Moi benvidas e benvidos a novo curso 2020-21. Seguro que este ano vai ser estupendo e por sorte, xa podemos facer moitas máis cousas que o curso anterior. A ver que artistadas se nos ocorren desta volta. 

Aínda que ás familias do alumnado de Educación Infantil xa volo enviei en xuño por correo, queremos compartir co resto da Comunidade educativa e de quen estea interesado en velo, o enlace do vídeo resumo do moito que apesares das circunstancias, argallamos o ano pasado. Agardamos que vos guste. Premede no enlace ou no debuxo para velo. 

https://www.youtube.com/watch?v=oD-79L62pd0

 

PÉCHASE O TELÓN

O FILLO DO HOME, A NOSA INSPIRACIÓN.

Como colofón, pechamos o círculo cunha nova proposta surrealista inspirada no cadro de Rene Magritte, O fillo do home que podedes ver na imaxe despois do texto e que parece que era un autorretrato do autor que adoitaba vestir desa maneira. No noso caso en lugar dunha mazá, decidimos traer un obxecto significativo para ocultar o rostro.

Para deixar constancia dese intre, fotografiámonos e imprimíronse os posados.

E a partir de aquí, comezamos a crear e interpretar ao noso xeito a nosa obra. Como veredes, realizamos dúas actividades utilizando unha copia en cor e outra variación coa fotografía en branco e negro,

No primeiro caso, utilizando a técnica de collage, recortamos a nosa silueta da imaxe ata a cintura, utilizando distintos recortes de revistas de moda, de roupas e complementos como o calzado e ao igual que Magritte, un sombreiro e fixemos a composición nunha cartolina A4.

Coa copia en branco e negro, copiamos o mesmo proceso de recortar a silueta ata a cintura e pagala noutra cartolina pero nesta ocasión, pernas, roupas, sombreiro e calzado foron debuxados.

E para facer unha xeitosa presentación de ámbalas dúas obras, pegáronse a modo de díptico nunha cartolina de cor.

Mirade aquí neste enlace ou na imaxe do cadro, todo o proceso e o resultado final.

 

E nesta outra imaxe ou premendo aquí,  veredes ese momento inmortalizado na fotografía. 

O TEMPO PASA AXIÑA E XA NON QUEDA NADIÑA

AUTORRETRATOS AO GRANDE.

Coma sempre, unha actividade que nos permite traballar o autocoñecemento e a nosa autoestima. Imos medrando non so físicamente senón en madurez, coñecemento e interese como ben podedes comprobar coa evolución das nosas producións. E tanto imos para arriba que decidimos representarnos ao grande nun A3 utilizando ceras acuarelables para colorear. Clicando aquí ou na fotografía, podedes ver o proceso de traballo e os nosos resultados finais. 

 

 

 

 

 

 

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

E DESPOIS DO NADAL, VOLTA A TRABALLAR!

ESGRAFIADO. MAXIA NO DEBUXO.

Nesta ocasión o noso útil para debuxar foi un pauciño. Como vedes, a variedade de técnicas é enorme para saír do máis convencional. Consiste en facer incisións ou rascados nun soporte con varias capas interiores de pintura, descubrindo esas cores utilizadas. Comezouse a utilizar na arquitectura, pasando despois ao debuxo no que se poden utilizar moitos tipos de pintura, soportes ou útiles de trazado. 

Nós eliximos ceras manley sobre cartolina branca para expresarnos. Logo de pintar pequenos anaquiños de cores variadas, cubrimos toda a superficie de negro e a continuación comezamos a rascar co pauciño, quedando ao descuberto as cores da primeira capa sendo emocionante ver como aparecían case por arte de maxia. 

Aquí ou na imaxe tedes o proceso e os lindos resultados.

 

ABRIMOS A FIESTRA AO SURREALISMO.

Continuamos a nosa viaxe surrealista, nesta ocasión saíndo a pasear pola natureza e polas súas variadas paisaxes para despois gozar coas panorámicas desde a xanela. Iso foi posible grazas a un cadro do pintor surrealista René Magritte titulado Le clef des champs, realizado en 1936 que alberga o Museo Thyssen Bornemisza de Madrid.

Como é habitua, o primeiro que fixemos foi estudar e analizar esta obra en profundidade e outras do artista para posteriormente ver exemplos de paisaxes na arte, fundamentalmente nas pinturas. Descubrimos que son múltiples e variadas como campestres, mariñas, montañosas ou de ribeiras entre outras. Tamén experimentamos  con pequenos espellos que forman parte da pintura, para ver como reflicten.

Fixemos a nosa primeira paisaxe no noso caderno persoal como paso previo a debuxar unha segunda nas nosas particulares fiestras-caixas de zapatos. Eliximos temática e tipo de pintura e rematamos poñéndolle os anacos de cristal-espello tal e como aparece no cadro. Tocando nel ou aquí, podedes ver as fotografías da nosa visión particular.

 

 

DITADOS SURREALISTAS

Lembrades que no primeiro trimestre fixeramos os nosos binomios pitóricos surrealistas, xogando a mesturar dous obxectos nun xogando a inventar absurdos, inspirados no cadro de Flor-cuncha de Max Ernst. Pois retomando esa creativa idea, decidimos facer o mesmo pero en pequenos grupos, por mesas de traballo. O primeiro foi inventar o listado de binomios que queriamos representar. E a continuación, como no xogo das sillas musicais e ao ritmo de Queen, cada vez que se detiña a música, eu ditaballes un deles. Como vedes, cada unha das aulas utilizou un tipo de pintura, rotuladores, xices, ceras finas e ceras acuarelables,Pasámolo en grande! Aquí ou na fotografía tedes os resulatados.

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCULTURAS SURREALISTAS

Puxémonos mans á obra, amasando ben na pasta branca e decorando creativamente con todo tipo de materias de refugallo como paos, plumas, metais, cunchas, plásticos e moito máis. Estas son as nosas creacións escultóricas. Se as queredes ver, mirade aquí ou na imaxe. 

 

OBRADOIRO: Ramalloseiras e ramalloseiros pola conviencia.

O Departamento de Orientación vén de poñer en práctica este Obradoiro para o alumnado da escola, e por suposto tamén tiveron en conta ao noso ciclo. Dúas excelentes alumnas en práctica dese departamento, dinamizaron e levaron a cabo a iniciativa. 

Deixamos saír as nosas emocións como a ledia, tristeza, a rabia, o entusiasmo ou o enfado a través do que nos provocaba a música acertadamente elixida para esa fin. Debuxamos esa sensación de trsteza e ledicia, escoitamos a narración do conto Las rabietas de Simón e xetualizamos coa cara e co corpo esas emocións.

Grazas Jennifer e Estela por facernos sentir tan ben.

Podedes ver o proceso premendo aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

TEMPERAMOS

Continuamos expesándonos libremente con distintos materiais, Xa nos tocaba coa témpera que a tiñamos un pouco abandonada. Mirade aquí ou nesta imaxe as nosas produccións.

 

OS NOSOS AGASALLOS DO NADAL.

 

As nenas e nenos quixeron compartir eses prezados agasallos de nadal que O Apalpador, Os Reis Magos ou Papá Noel tiveron a ben traerlles e que desde logo foron máis que merecidos, polo ben que se comportaron e o exemplo que están a dar nestes complicados intres. E non o podían facer doutro xeito que plásticamente a través do debuxo, elixindo con que colorear. Tamén compartimos con vós, premendo aquí ou na foto. 

 

AUTORRETRATOS

 Xa facía que non nos autorretratamos. Así somos nós e así nos vimos neste comezo do segundo trimestre. Desta volta, tan so utilizamos un rotulador negro, pero aínda así mirade canta expresividade. Podedes marcar aquí ou na foto para ver os resultados.

 

OUTRAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE

E MÁIS COUSIÑAS NO 1º TRIMESTRE. 

No medio das actividades realizadas para coñecer, saber, aprender e experimentar sobre o Surrealismo, tamén fixemos outras ben interesantes para seguir fomentando a nosa imaxinación e fantasía e cumprindo como ten que ser este ano, de traballo por mesas estables. Aquí volas presentamos.

 

Acuareleando.

Realizamos debuxos libres nos nosos cadernos utilizando as nosas acuarelas. Mirade aquí  ou na foto, algúns dos exemplos. 

 

Construímos.

Traballamos as tres dimensións cos nosos xogos de construcións e pezas, deixando voar a imaxinación. Aquí ou na fotografía, podédelo comprobar. 

 

 

 

 

 

 

 

Experimentamos nas mesas de luz.

Manipulamos, experimentamos e creamos cos obxectos e pezas translúcidos que temos para tal fin. Aquí ou na imaxe, quédanvos os resultados.  

Debuxamos o nadal

Aquí ou premendo na foto. podedes ver, estes chamativos debuxos sobre fondo escuro e realizados con rotuladores prateados e dourados, tan típicos desta data.  

 

Ilustrámonos.

Como en calquera proceso de aprendizaxe, cómpre documentarse e ter referentes para poder seguir avanzando. Neste caso, é moi importante que vexamos referencias plásticas e artísticas existentes de distintos tipos e estilos, para seguir a medrar artísticamente. Xa veredes aquí ou na foto como nos gusta aprender!

 

surrealismo

SURREALISMO RAMALLOSEIRO.

Comezamos un novo proxecto artístico no Obradoiro e tendo en conta que ocupamos a aula Maruja Mallo, non podiamos deixar de traballar co surrealismo, posto que a grande pintora galega foi unha das súas figuras destacadas. O surrealismo é un movemento artístico do século XX que forma parte das vangardas. Baséase no mundo dos soños, da fantasía e a imaxinación e vai máis alá da realidade. As composicións surrealistas adoitan mesturar obxectos que normalmente non irían xuntos.

  Maruja Mallo.

 

Como sempre, o primeiro que fixemos foi saber de máis artistas desta corrente como o tamén galego Eugenio Granell, Dalí, Frida Kahlo, René Magritte, Chagall ou Marcel Duchamp entre outros, e ver moitos exemplos en láminas, libros e na pantalla para nos inspirar nas nosas producións.

O MUNDO DOS SOÑOS.

Pois como xa comentamos, o surrealismo, baséase fundamentalmente no mundo onírico, da fantasía e a imaxinación. E iso é o que fixemos para quentar motores, debuxar algo relacionado con estes tres mundos. E así de creativas quedaron as nosas porducións.Mirade aquí ou premendo na fotografía.

 

OS CADÁVERES EXQUISITOS.

 A seguinte actividade plantexada foi esta de curioso nome posta en práctica polos surrealistas e que é un xogo colectivo de consecuencias no que alguén escribe ou debuxa algo e outra persoa continúa esa composición, so vendo un pequeno fragmento do anterior.  E así cada mesa de traballo fixo o seu.

Mirade aqui ou na fotografía, a ver que vos parecen os nosos.

AUTORRETRATOS SURREALISTAS

Nós tamén quixemos ser protagonistas deste mundo de soños, fantasías e absurdos e realizamos mediante a técnica de collage e utilizando unha fotografía da nosa cara estes delirantes autorretratos con recortes de revistas de propaganda. Mirade aquí ou na imaxe,  que divertidos quedaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁSCARAS INSPIRADAS NAS DE MARUJA MALLO.

A artista surrealista ten unha colección de pinturas variadas con máscaras e clicando aquí podeses ver exemplos.Quen nos ía d¡cir a nós que estarían de novo de actualidade. Pois aver se vos gustan as nosas interpretacións. Mirade premendo na foto ou aquí.

 

BINOMIOS SURREALISTAS.

Os surrealistas, tal e como falamos adoitaban combinar o mundo da imaxinación e a fantasía, e existen moitos exemplos de mesturar dous conceptos en principio antagónicos ou que non teñen moito en común. Nós inspirámonos no "paxaro- flor" de Granell e máis na obra "flor-cuncha" de Max Ernst e  que alberga o museo Thyssen de Madrid. Imaxinación ao poder! Mirade na imaxe ou aquí os nosos creativos resustados. Flor- cuncha.

CURSO 2020-21

COMEZAMOS !

Tiñamos moitas de ganas de comezar, e de poder facelo xuntos e xuntas no cole. É verdade, que este curso moitas cousas teñen que ser distintas e que no caso concreto do noso obradoiro vai limitar poder facer certo tipo de actividades, pero por suposto, sempre seguiremos a botarlle imaxinación pois sen arte, a vida é moito más triste e escura. 

Como novidade, este ano, o noso centro de creación, está na aula Maruja Mallo no mesmo corredor do resto das aulas de inantil e non, no salón de actos como fora desde o principio.

 

AUTORRETRATOS CON MÁSCARAS.

Un ano máis, e iso xa é un clásico, a primeira proposta é facer un autorretrato, intentando que cada curso vaia variando o soporte e o material empregado. Os que hoxe vos presentamos, están realizados en cartolina branca con fondo de acuarela e debuxados con rotulador. E é que non podía ser de outra maneira, adaptándonos á realidade presente. Mirade aquí ou na foto os nosos fantásticos autorretratos con máscaras.

 

VÍDEO RESUMO DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DO CURSO 2019-20

EXPOSICIÓN FINAL DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DE E.I DO CURSO 19-20

Prezadísimas familias, queridos nenos e nenas. Como outras moitas cousas, este ano tivemos que ir adaptándonos as circunstancias que nos arrodeaban e este vídeo responde a que xa que non poidemos realizar a exposición presencial de final de curso con todo o noso traballo, polo que a facemos con este vídeo montaxe. Iso si, é un resumo de todo o vivido e traballado, tanto ata mediados de marzo no propio obradoiro, como nas vosas casas, achegando semana tras semana  as vosas creativas respostas ás propostas que fun facendo no blog.

Se queredes saber e ver máis sobre cada unha das actividades, podedes consultar máis abaixo neste mesmo blog.

Agardo que gocedes con el. 

Déixovos o enlace para que poidades velo; ou podedes acceder  premendo directamente sobre a imaxe.

 

 

https://youtu.be/5e7djJcJ4Z4

 

Agora si, feliz verán ,  xogade e pasádeo xenial que o tedes ben merecido.

Vémonos en setembro.

   
   
 



PROPOSTAS E RECURSOS ARTÍSTICOS PARA FACER NA CASA

ORGULLO DE PEQUENAS E PEQUENOS GRANDES ARTISTAS.

Hoxe é un día moi especial, xa sabedes que rematamos este curso raro e extraño. Dáme moita mágoa non me poder despedir de vós como merecedes polo voso comportamento exemplar durante todo este tempo. Non me podo sentir máis orgullosa do meu alumnado!

Moitísimas grazas polas vosas orixinais, creativas, belísimas aportacións que fostes achegando e que moitas veces me deixaban abraiada. 

A pesares de que neste venres 19 de maio, rematode subir o recurso diario, se precisades algo, sabedes que vos podedes poñer en contacto conmigo polo correo electrónico. 

Este ano, ao non poder facermos a exposición final, preparerei un vídeo, resumo de todo o traballado no Obradoiro e as vosas aportacións desde marzo. Agardo podérvelo enviar para a semana. 

Permitídeme que sexa eu hoxe a que comece compartindo. Déxovos esta canción titulada, Quérote máis de O Sonoro Maxín. Porque iso, quérovos un mundo. Feliz verán. 

E AS VOSAS MARABILLOSAS OBRAS DE ARTE DESTA SEMANA:

A aportación de Carla da súa escultura palilleira.


Álvaro mándanos varios taballiños con distintas técnicas.

 

Mirade a escultura larpeira de Raúl coa súa irma Noelia. 

 

Dylan envía obras e proceso do suxerido para esta semana.

 

 


 

 Daniel agardou ao final para amosarnos todo o ben que traballou. 

Primeiramente, manda unha logradísima reprodución natural con el como protagonista do cadro Dúerme niño, duérmete ya de Albert Anker.

 

 E isto comparte Álex con todas e todos vós. 

IMOS REMATANDO O CURSO!

Incrible pero certo, quédannos so dous días deste ano tan estraño e tan especial e no que demostrastes que sodes uns auténticos campións e campionas. Bótovos moito de menos, vivir unha normalidade que seguro que en setembro vai chegar. Hoxe, case como colofón, tan so vos suxiro que mandedes aquilo que a vós vos apeteza máis, un debixo, unha instalacíon, un collage..., o que queirades e o compartades.  

Feliz xoves. 

FRANZ MARC, PINTOR DE ANIMAIS.

Lembrades a copia que temos do cabalo aul de Franz Marc polo que tanto vos interesabades ou a vaca amarela? El foi sobre todo o artista que máis animais de cores pintou. Mirade neste enlace, premendo aquí, que cantidade de exemplos máis tedes. 

Anivádesvos a pintar o voso animal en cor

 

 

 

 

 

 

 

 

PINTAMOS CON GARFOS?

Unha técnica moi sinxela para que experimentedes. Trátase de facer a composición que queirades con témpera e como útil de pintura utilizar un garfo. Na foto ou aquí, déixovos o enlace para que vexades moitos exemplos e vos poiadades inspirar. 

 

SIMETRÍAS.

Esta técnica consiste en estampar a pintura mollada dunha metade dunha cartolina na outra metade, quedando deste xeito, un calcado perfecto en simetría.

Utilizando esta técnica poderiamos crear unhas máscaras fantásticas. Nesta ocasión, para conseguir ese efecto psicodélico o que temos que facer é botar témpera ou pintura líquida directamente do bote, tal e como poderedes comprobar nas fotografías que ilustan o proceso e que fixemos hai xa ben de anos no Obradoiro.

Queredes ver todo o proceso? Clicade aquí ou na foto. 

 

Tamén se queredes, ao quedaren tan vistosas e chamativas, podédelas deixalar plasmadas nun cadro ou cartolina.

 

 

PEQUENAS E PEQUENOS GRANDES ARTISTAS.

Esta semana, temos unha chea de aportacións. Canto e que ben traballastes! 

Estes son os magníficos traballos de Noa Louro. A súa escultura palilleira, uns fermosos corazóns de cores, os seus xirasois, e a súa casa e un debuxiño sobre fondo negro. 

 

Alex mándanos este fermoso e colorido corazón. 

Mirade que volcán tan impresionantes e que feitucos bonecos envía Isabel. 

Yago Dopazo, realizou unha secuencia das mans rupestres. Mirade que chulas quedaron!

Alessandra mándanos unha lindísima frida e comparte o seu cuerto con vós. 

 

E Dylan fíxonos unhas mans rupestres, aportou un debuxo de xirasois e mesmo posou diante dun cadro e comparte o seu corazón e a súa casa. Todo precioso. 

 

E con todo o meu corazón, ahí vos envío as miñas aportacións. 

 

Boa fin de semana!

CASA AZUL DE FRIDA KAHLO.

Unha das nosas pintoras favoritas que tanto nos gusta e da que moito tedes acodido aos libros dela que temos na biblioteca do Obradoiro. Hoxe, xa que chove, propóllovos facer un paseíño virtual pola súa casa de México e así non mollarnos. 

Premendo aquí ou sobre este autorretrato podedes acceder á páxina do Museo onde podedes atopar moita información sobre a artista, a súa vida e a súa pintura.

 

E accedendo desde aquí ou desde a imaxe da casa, podedes comezar o percorrido polo singular e belísimo fogar da nosa amiga Frida, fel reflexo do seu estilo.  Clicade sempre desde a frecha azul e vaivos levando dunha estancia a outra e mesmo podedes visitar o seu exterior.

 

Se vos animades, podedes enviar tamén vós, algún debuxo ou pintura da vosa casa, ou mesmo unha foto.

ARTE PREHISTÓRICA. MANS RUPESTRES.

Hoxe viaxamos milleiros de anos atrás e propóñovos facer unhas mans ao máis estilo da arte rupestre tal e como debuxaban na prehistoria nas covas. Para conseguilo, temos que poñer a man nunha superficie, papel, cartón ou os máis atrevi¡dos ou atrevidas na parede e que alguén con pintura líquida, bote pintura pulverizada ao redor. Podedes probar mesmos cun cepillo de dentes, tal e como fixemos hai xa uns cursos no Obradoiro. O ideal é se tedes un envase para tal fin.  Se mirades aquí podédelo ver. Nalquel momento fixemos as mans en positivo, con toda a superficie e en negativo, é dicir a contorna que sobresae da pintura.


Se premedes na fotografía podedes ver un titorial que vos pode axudar.

Feliz mércores.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

O venres pasado, 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente.

As Nacións Unidadas preténdenos sensibilizar e facer conscientes da importancia do coidado e respecto á natureza.

Co gallo dese acontecemento, que vos parece se facedes algunha produción ou debuxo relacionado co tema?  Podedes facer algunha actividade sobre a reciclaxe, ou ben dalgún elemento da natureza, como por exemplo as flores. En relación con iso, hai unha pintora que me encanta chamada Georgia O' Keeffe que ten unha serie de cadros de flores ben fermosos. Outro clásico que nos encanta e do coñecedes moita da súas pinturas de flores é Van Gogh, por exemplo os famosos Xirasois, pero ten moitísimos máis. Mirando en cada unha das pintura, podedes accedes a unha galería de imaxes de cada un deles.

Outro pintor impresionista e moi famoso que ten moitísima produción sobre a natureza é Claude Monet. Clicade aquí e podedes ver moitas pinturas del, que seguro algunha vos soa de vela nos libros ou láminas do Obradoiro.

 

 

CORAZÓN, CORAZÓN.

Que tal a fin de semana? Agardo que o pasárades xenial.

Este luns quero comezar cunha proposta cargada de amor e agarimo inspirada na Exposición de Joana Vasconcelos no MUSAC, titulada Coraçao independente. Que vos parece se compartimos os nosos corazóns cos compañeiras e compañeiros?  Para nos inspirar, déixovos aquí ou na imaxe, un vídeo resumo da mostra desta artista e como podedes ver é dereita, tedes unha ficha descargarble por se queredes ampliar con máis actividades relacionadas con membro. tan importante.  Xa sabedes que podedes facer debuxo, collage, instalacións ou o que se vos ocorra.

 

E por suposto, cun pouco de música moito mellor, déixovos unha canción imprescindible de María Fumaça: Eu teño alguén no meu corazón.

 

PEQUENOS E NON TAN PEQUENA GRANDES ARTISTAS!

Xa sabedes que o venres é o día que compartimos as imaxinativa, fermosísimas e creativas creacións que facedes. 

É un pracer ver tanta marabilla.

Boa fin de semana.

Mirade o que comparte Álex que é un apaixoado do mar.

Yago aporórtanos todo isto.

 

Estas son as propostas de Dylan.

E Álvaro quéreres amosar todo isto.

 

 

 

 

Coma sempre, eu tamén poño o meu grauciño de area.

XOGUETE TRAÍDO DE MOZAMBIQUE

PEDALEANDO POR NOVA YORK 

 

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA.

Onte mércores celebrouse o Día Mundial da bicicleta e a conto diso, ocorréuseme que podedes facer a vosa creación artística que seguramente a maioría tedes utilizado nestes últimos días. Xa sabedes..., vía libre. Podedes mandar un debuxo, algunha foto, facer algunha con materiais que teñades. Anívomos a compartir algo con este transporte tan gozoso.  Mirade aquí ou na foto o enlace que vos deixo coa información sobre esta xornada.

Ata mañá.

 

NO NEGRO, TAMÉN PINTO.

Tedes unha cartolina ou tea negra, ou azul marina? Como se vos ocorriría que podiamos debuxar sobre elas? Por suposto con branco, pero podedes pobrar con outras cores e distintos tipos de pinturas. Queda moi bonito se utilizades xizes. Agardo as producións.

Déixovos uns exemplos para vos inspirar.

PALILLAMOS?

Non vos asustedes que non vos vou propor facer encaixe de Camariñas. Trátase de con escarvadentes,  gominolas ou pequenas boliñas de plastilina ou de algo similar, intentemos facer esculturas e formas xeométricas como podedes ver nas ilustracións. Ademais por se queredes ter máis exemplos, déixovos aquí un enlace.

Feliz martes.

UNHA MAREA DE PEIXES.

Ben seguro que moitos e moitas de vós tedes disfrutado do mar nesta última semana de tan bo tempo e tedes ido a respirar os aires do mar e xogar coa area e coas ondas.

Non sei se veriades algun peixiño.

E que vos parece se facedes a vosa propia produción artística destes animais acuáticos? Elixide a técnica, materiais e soportes que prefirades. Xa sabedes, debuxo, escultura, foto, collage...

Para vos inspirar déixovos unhas pinturas dun pintor do que temos falado moito no obradoiro chamado Paul Klee e que ten varias pinturas sobre eles.

 

Feliz semana.

PEQUENOS E NON TAN PEQUENAS GRANDES ARTISTAS.

Despois das propostas desta semana, Yago déixanos mostra do seu súper caleidoscipio.

Dylan, comparte con vós varias recreacións de Cuarto de hotel de Hopper, unha intepretación de cuato en Arlés, o seu pedra a pedra, un lindo caleidoscopio e o debuxo de Cocorico, o seu conto preferido. 

 

 

Jaime, envíanos unha chea de producións e debuxos preciosísimos sobre distintos temas. 

 

Eu, mándovos unha foto diante do cadro de Cuarto en Arles de Van Gogh e cliclando aquí ou na imaxe podedes ver unha reportaxe da exposición Van Gogh alive- Experiencie o Círculo de Belas Artes en Madrid e da que tiven a inmensa sorte de poder acudir en febreiro.

 

Tamén vos deixo as miñas composicións con pedras que xa sabedes, o prometido é débeda.

 

Gozade a tope deste tempo e da fin de semana.

PEDRA A PEDRA.

Que se vos ocorre que podemos facer artísticamente con pedras? Por suposto pintalas, facer instalacións, formas e mesmo esculturas como facía Man, o famoso alemán de Camelle en Camariñas. Alí tiña un orixinal museo ao aire libre e a cada quen que chegaba por alí. mandáballe debuxar nunha libretiña a súa escultura das de alí preferida. A primeira vez que fun, quedei impresionada, disto hai moitos, moitísimos anos tiven a sorte de repetir. A pesares de que el xa non está o museo alí sigue por se un día vos animades. Mirade, picando aquí ou na imaxe o acceso a unha galería de fotos. Eu xa teño pensado a miña actividade.

UN CUARTO PERSOAL.

Agora que xa estamos con temperaturas de verán e que xa non temos horarios, seguro que pouco tempo pasades na vosa habitación e ben que me alegro. Lembrades cando ao principio e demostrastes ser uns auténticos campións e campionas tiñades que estar na casa? De seguro que no voso cuarto pasastes tempo abondo. Sei que vos vou pedir algo moi persoal, pero que vos parece se facedes unha obra artística da vosa habitación? Como sempre podedes elixir entre debuxo, pintura, collage e mesmo se queredes unha composición con obxectos. Han de saí cousas ben fermosas.

Dúas das pinturas que máis me gustan con esa estancia son Dormitorio en Arlés de Van Gogh e que unha das que pintou e que ben coñecedes, tiven a sorte de vela no Museo D'Orsay de París. A outra é Cuarto de Hotel de Hopper e da que hai tres cursos fixemos un interesante proxecto. Non perdades o vídeo que aparece aquí ou na imaxe para ver de cantas formas recreamos a pintura e que vos pode dar ideas. Mirade aquí ou na fotografía para velo desde o enlace que que aparece na páxina web de Educathyssen, lugar onde se alberga o cadro e tantas veces gocei diante del. Ata fixemos habitacións co playmobil e recreamos un espazo mpoi parececido par nos fotografiar nel!

 

IMOS FACER UN CALEIDOSCOPIO CASEIRO.

Primeiro preguntarédesvos que é un caleidoscopio, xa sabedes que pinchando sobre a palabra tedes entrada a definición pero ao ver as imaxes xa vos ides dar conta. Pois sabedes que é moi doado fabricalos caseiramente?

Por unha banda, déixovos un enlace no que premendo aquí tedes acceso a avarios vidios qu o explican.

E tamén se queredes, clicando sobre cada fotografía, tedes dúas receitas ben sinxelas.

 

Unha vez feito, ídelo pasar en grande vendo as coloriñas damdo voltas e facendo formas.

Feliz martes.

COMEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DE MAIO.

Como pasa o tempo! Xa estamos a piques de rematar maio.

Hoxe quero deixarvos o enlace que a editorial Kalandraka ten dunha televión propia con acceso a moitísimos contos e que algúns deles ben coñecedes. Tedes contos e contos para non vos aburrir. O que vos propoño, é que ademais de ver aqueles que máis vos interesen, fagades unha ilustración dun desas narracións que vistes e escoitastes,  ou ben do voso conto preferido. Se vos atrevedes a máis, creade incluso unha propia historia. Premede aquí para elexir algunha desas marabillosas historias. Tamén na foto.

 

PEQUENOS E PEQUENAS GRANDES ARTISTAS.

Estas son as vosas fermosas aportacións desta semana, e tamén a miña contibución.

Alex seica o pasou xenial facendo as figuriñas de pasta de sal.

 

Raúl, fixo a súa orixinal e creativa homenaxe a Carballo Calero.

 

 

Yago, xa vedes como disfrutou derretendo a cera. 

 

Dylan, como ben vedes fixo un pouco de todo. Probou a facer a súa creación de pasta derretida, o móbil tipo Calder, un fermoso retrato de don Carballo Calero e un preciooso teatro de sobras.

Álvaro, contribuiu cun imaxinativo collage de Cuarto en Arlés de Van Gogh e máis cunha corida chuvia de cores. 

 

E eu, ahí me atrevín coa cera derretida e como guiño ao día da Ascención, mando as sombras das dúas Marías. 

E ao sol quedouu así.

 

 

TEATRO DE SOMBRAS PORTÁTIL.

Xa que mañá é o día da Asensión,  que vos parece facer algo distinto e poder asistir a unha función de teatro de sombras? Pois é ben doado, so precisades dun folio e dunha fonte de luz directa como pode ser a dun móbil e crear unhas siluetas coa historia que imaxinedes. Déixovos aquí ou na fotografía como no bolg de Escola imaxinada, do que xa vos propuxen otra actividade, explica a historia dese tipo de teatro e máis os pasos a seguir.

CHUVIA DE CORES.

Bo día, hoxe propóllovos unha técnica con ceras derretidas por calor. O ideal é que utilizedes aquelas que xa están máis velliñas e que non sexan moi duras como por exemplo manley ou dacs. Mellor é utilizar un soporte un pouco consistente como un lenzo, cartón ou tabliña. Pegádeas tal e como aparece na foto, na parte superior de arriba unha pegada a outra e aplicádelle calor, para iso ides necesitar un secador de pelo e cando consigan quencer, a pintura comezará escorrentar como regatos. Tamén podedes como na imaxe da dereita collelas individualmente e facer pinguiñas. O efecto é precioso. Atrevédesvos con axuda un adulto? Agardo as vosas creacións. Ata mañá.

 

 

 

 

 

 

 

 

LUNS, 18 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.

Todos os anos nesta data data celébrase o Día internacional dos Museos. Todos os anos, adícaselle a un tema de actualidade social e nesta edición é, Museos pola igualdade: diversidade e inclusión. Se queredes afondar no tema pinchade aquí ou na imaxe.

Hai como ben sabedes moitos tipos de museos entre outros, de pintura, escultura, arqueolóxicos, de ciencias naturais, botánicos e ata na vila ouresá de Allariz hai un adicado ao xoguete.

Poderiamos elexir moitos ben importantes para visitar virtualmente tal e como publiquei na primeira entrada desta etapa e que podedes volver consultar premendo na foto ou aquí.

Pero hoxe especialmente quero deixarvos o enlace a un museo que temos ben pertiño, en Santiago e que visitamos o ano pasado. Si, é o Museo do Pobo galego. Lembrades o interesante xogo de Coscobellos ao cesto para percorrerelo e coñecelo?  Pois mirade aquí ou na foto da espectacular escada de caracol que contén o edificio para face esa visita virtual.

 

E claro, nós que somos pequenos e paquenas grandes artistas, podemos ter o noso propio museo con todas as fermosas obras que ides enviando. O que vos propoño hoxe é que sexa crear unha obra libremente e que cada quen elixa o tema, o material, o soporte. Podedes optar por debuxo, pintura, collage, construción... O bonito é deixar voar a vosa imaxinación.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Comparto a montaxe que fixo o profe Óscar da visita de Juan Carlos Abraldes, pintor, ilustrador e artista gráfico e que é o papá de Alejandro de 6º de E.I. hai xa uns meses e onde en vivo e en directo pintou un lenzo co busto de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado este ano neste significativo e importante día das nosas letras. Mirade aquíe xa veredes que profesionalidade e como quedou.Tamén podedes acceder desde a fotografía.

Apetécevos facer a vosa propia interpretación dun retrato de Don Ricardo?  Agardo as vosas producións.

 

PEQUENAS E PEQUENOS GRANDES ARTISTAS.

E xa a venres, como pasan os días! Antes de nada xogade e divertídevos moito a fin de semana.


Esta semana temos producións moi variadas e coma sempre, tremendamente fermosas e orixinais

 

Por unha banda, Álvaro envíanos a súa  linda creación inspirado na proposta de O branco non pinta. E mirade que chulas quedaron as súas figuriñas de pasta de sal que á mamá tamén lle deron envexa e contribuiu co colar.

 

Aroa comparte con vós esta precioso debuxo-collage do seu papá.

 

E Dylan, mándanos das propostas da semana pasada a súa interpretación de Margarita das Meninas e o seu florido maio. Tamén fixo unhas fermosas figuras de pasta de sal, o seu branco non pinta e como colofón unha incrible interpretación da Noite estrelada de Van Gogh.

 

E xa para rematar, eu envíovos un par de fotos do que vexo eu desde as miñas ventás e unha moi persoal recreación do cadro de Salvador Dalí titulado: Muchacha mirando por la ventana e que quero adicar especialmente a unha mamá que o día da nai, envióume unha recreación, sen dúbida moito mellor que a miña . O prometido é dédeda. 

 

 

XOGO DE CORES.

Hoxe déixovos para que vos entreteñades, un enlace interesantísimo onde podedes ver moitísimas pinturas por campos cromáticos, é dicir, por unha cor fundamental que predomina no cadro. Pinchades na paleta de cores que aparece arriba e podedes ver que marabillosas obras aparecen. Eu elixín o azul, porque como ben sabedes o noso amigo Van Gogh, utilizaba moitísimo esa cor e aparecen moitas del. De feito podedes ver aquí ou na imaxe da noite estrelada a entrada a esa incrible páxina.

Queredes facer vós unha pintura, un debuxo, un collage... nese estilo, baseándovos nunha cor?

 

NA METADE DA SEMANA, PROPÓLLOVOS FACER MÓBILES COLGANTES.

Seguro que lembrades este lindísimo libro de Alexander Calder que temos no Obradoiro. Pois este atista que foi escultor, pintor e ilustrador tamén creou preciosísimos xoguetes móbiles colgantes como teredes consultado neste libro que temos no obradoiro.

Mirade que marabillas facía.

 

Atrevédesvos a probar a facer o voso? Podedes colgar en fíos, arames ou paos calquera silueta ou algún obxecto que vos guste. Imaxinación...

Déixovos nesta imaxe ou aquí un vídeo que explica como poder facelo. Propoñen con barrro de cores pero como comento pode ser con calquera cousiña que se vos ocorra que non pese moito, claro.

 

 

VEXO, VEXO. QUE VES?

Hoxe propóllovos unha actividade sinxela pero penso que moi interesante. Despois de tantos días na casa, sobre todo os primeiros días, supoño que vos asomastes moitas veces pola ventá para ver que ocorría por fóra. Pois que vos parece se mirades por unha das xanelas da vosa casa e reproducides o que vedes? Coma sempre podedes elixir o medio, a técnica ou material que prefirades. Pode ser un debuxo, unha fotografía, un collage...o que desexedes.

Na pintura hai moitísimos exemplos de cadros onde aparecen as ventás. Clicade aquí ou na fermosa imaxe do cadro de Salvador Dalí: Rapaza mirando ao mar para ver moitos deses exemplos. Feliz martes.

HOXE É LUNS, MAÑÁ É MARTES, CORTA FEIRA LOGO VÉN

DE MAÑÁ EN 8 DÍAS É A SEMANA QUE VÉN.

Lembrades o dito, a retahila que aprendemos na biblioteca? Facede memoria e recitádelle ás voas familias todas as que ainda vos acordan. 

 

Ao conto, hoxe comezamos cunha nova proposta. Apetécevos meter as mans na masa e facer unhas figuriñas con pasta de sal? Pois nesta interesante páxina que se chama averaver, explícanvolo poi pero que moi ben. Premade aquí ou na imaxe para acceder ao enlace. 

Feliz semana.

 

PEQUENAS E PEQUENOS ARTISTAS.

Ben sabedes que os venres facemos recompilación de todas as preciosas aportacións que mandades.

Na entrada das Meninas temos a achega de Alma, Yago Dopaz, Marisa, Alex e Carlos Tejo e... a ver se coñecedes á menina en branco e negro?

 

Julia Gómez mandounos unha lindísima interpertación do cadro de Monet: O xardín do artista en Giverny.

 

 

A creación de Sandra, non deixa indiferente. Creatividade e orixinalidade, como debe ser a arte.

 

E lindísimo e florido maio de Álvaro. Eu tamén fixen o meu maiño. E Aás irmás Carla e Candela comparten con vós o seu lindo maio así como os irmáns Mateo e David. Sodes unhas pequen@s grandes atistas. Cada vez téñoo máis claro

 

Carlos tamén nos manda estas fermosas creacións que por si soas son xa auténticas obras de arte. Despois compuxo e á xeito de collage realizou á súa Margarita.

 

Boa fin de semana. Xogade e descansade.

 

O BRANCO NON PINTA!

Ese é o título dun fermoso libro para nenas e nenos, escrito pola veciña do noso concello,  Antía Otero e ilustrado por María Brenn. Nel queren facer unha homenaxe a esa cor que reflicte todas as cores do espectro e que pode representar moitas cousas como o silencio, a paz, a harmonia...

 

Pois agora para saber se o branco pinta ou non pinta, deberedes investigar e intentar colorear con esa cor. sobre que fondo se poderá ver? Agardo as vosas achegas para demostrarme do que sodes capaces.

E como colofón, déixovos un segredo: como pintar con cera branca. Premede aquí e poderedes sabelo e intentalo.

 

FACEMOS UN MAIO?

Ahí ven o mio de flores cuberto. Se vos parece, para facer unha homenxe a esta celebración tradicional, podemos realizar uns maios. O ideal é que intentemos, agora que podemos saír a dar os nosos paseíños , é facelo con flores e herbas silvestres que podemos recoller. Tamén podedes facer un debuxo ou o que se vos ocorra, De feito eu fíxeno onte e hoxe vou facer o meu maio florido.

Para ter un referente, neste vídeo Alba explícanos aquí moi ben como podemos poñernos mans á obra.

Pero se queredes facelo con materiais alternativos que atopedes pola casa, a mesma Alba danos unha idea, premendo aquí.

 

Ademais déixovos unha selección de imaxes para nos inspirar.

Feliz mércores.

 

MARTES, VOLVO E REPITO.

A verdade é que as Meninas é unha das pinturas máis grandes de todo o mundo da arte e ben merece unha segunda sesión. De feito, como veredes máis abaixo ata no barrio de Canido en Ferrol e en Madrid, fixeron a súa contribución con interpretacións ben curiosas e lindas.

Ademais, como vén sedo costume, propóllovos que intentedes cer vós unha, ou unha Princesa Margarita. Eu prometo que o venres, fago tamén a miña aportación. Coma sempre podedes optar pola técnica ou materiais que desexedes. Pode ser debuxo, collage, escultura e podedes utilizar todo o que se vos pase poa cabeza ou teñades a man, papel, cartón, teas, materiais de refugallo.... ou mesmo se queredes, vestirvos. Animádesvos?

 

Para vos inspirar, déixovos un vídeo das famosas pinturas das Meninas de Canido que podedes ver aquí ou na foto.

 

 

E agora desde aquí ou desde esta glamurosa fotografía de Menina Agata Ruíz de la Prada, podedes ollar as esculturas que repartiron por toda a cidade.

 

 

 

COMEZAMOS SEMANA COAS MENINAS.

As Meninas, un clásico de Velázquez, que ben sei que vos gusta, que nos encanta. A princesa  Margarita, o propio pintor pintado no lenzo, as infantas Meninas, o rei e a raíña refletidos no espello, o can, os ananos e otros personaxes dos que podedes saber se ides ao primeiro enlace.

Hoxe quero deixarvos aquí un interesante vídeo comentado do do Museo do Prado de Madrid que é onde está albergado. Premede aquí ou no cadro. 

 

Pero houbo outros artistas importantes que fixeron asúa interpretación como Pablo Picasso.

 

 

 Mirade aquí  ou na fotografía, as interpretacións que fixemos hai uns anos de Margarita.

 

 

OS PEQUENOS E PEQUENAS ARTISTAS DESTA DERRADEIRA SEMANA DE ABRIL.

Pois xa imos pechando a semana. Como transcorre o tempo! O venres día 1 de maio, festivo, agardo que aproveitedes para pasear, troulear e xogar. Déixovos as creativas e marabillosas aportacións que fixestes estas semana. E unha vez máis, eu tamén fixen a milña aportación. Gozade todo o que poidades.

 

        

    Muller danzante con tocado.

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.

Hoxe 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Como ben sabedes, a danza é outra forma de expresión da arte. Hai un pintor impresionista, que destaca con moitísimas pinturas de baliarinas e de clases de baile,  Edgar Degas.

Seguro que vos sona esta pintura que temos no obradoiro é que se titula, Bailarina basculando. Mirade aquí ou no mesmo cadro, un precioso vídeo de imaxes de Degas con música do Vals de Strauss.

 

 

 

 

 Escultura: A pequena bailarina de catorce anos de Edgar Degas. 

 

A actividade que vos propoño hoxe, ao conto desta celebración, é que pintedes mentres bailades e deixándovos levar pola ritmo da música que máis vos guste. Seguro que lembrades o ben que o pasamos pintando nos cabaletes e  inspirados en Kandinsky, mentres escoitabamos a música de Wim Mertens. Se non contades con un cabalete, podedes poñer un papel grande nunha parede ou mesmo no chan.

Ou cando ao rirmo de Cindy Lauper, deixabamos as nosas pegadas coas burbullas nos pés. Déixovos unha imaxe para que premades nela e o lembredes.

Se queredes podedes facer tamén algunha escultura ou pintura relacionado coa danza. Seguro, coma sempre que me sorpendedes.

 

PIGMENTEAMOS NO MARTES. Fabricamos colorantes naturais e pintamos.

Para entender como pintaban con elementos naturais os homes e mulleres da prehistoria, podemos intentar   facer o mesmo que eles. O importante, é mesturar distintos elementos naturais e  auga de xeito que queden diluídos e o líquido tinxido.

 

Podemos comezar probando con terra, follas verdes ou ladrillo machacado para conseguirmos, marróns, verde e vermello.

Outros produtos que podemos utilizar e que producen resultados ben vistosos, son os procesados en pó, para conseguer outras cores. Pode ser con cacao, café, colorante alimentario, pemento, curri, especias indias e canela ou calquera outra que se vos ocorra.

Non hai mellores mestres que os nosos propios compañeiros, mirade o que fixeron no obradoiro os nenos e nenas alá no 2014. Podedes clicar aquí ou nas fotos.

 

 

 

Ademais por se queredes ter máis referencias, déixonos aquí o enlace á páxina de experciencia que tamén o explica moi ben e propón mesmo facelo con froitas e verduras e agasállanos cunha creativa idea para facer. Animádevos a probar. Pollédevos aquí ou na foto para velo.

 

COMEZAMOS A SEMANA CUN POUCO DE TEATRO?

Pois para comezar esta derradeira semana de abril, propóllovos que creemos un monicreque ou títere. A idea que vos lanzo é que o fagamos cun calcetín vello ou deses que quedan desparellados, pero por suposto, podedes crealo con outros materiais alternativos. Para que vos fagades unha idea, ademais das fotos de dúas creacións feitas por vós no noso obradoiro, déixos un enlace cunha chea de modelos diferentes e que vos pode dar ideas. Clicade aquí para acceder.  

 

 

 Ademais se queredes, podedes ver tamén algún video para vos inspirar. Mirade que ben nos explican aquí, como facer un de cana ou pao. Como vedes, hai moitas opcións. Que se vos ocorre a vos? Non esquezades mandarme ao meu correo algunha foto.

 

OS E AS PEQUENAS GRANDES ARTISTAS.

Hoxe e para despedir a semana da mellor maneira, non se me ocorre mellor cousa, que darvos a palabra a vós. Estou impresionada pola vosa creatividade e actividade. Vós si que sodes uns e unhas grandes artistas. Déixovos polo tanto as fotografías que me enviastes. 

 

 

 

Por suposto, eu tamén aporto o meu granciño de area. Lembrades a proposta do museo vivinte do Getty Museum? Pois elixín un cadro do museo Thyssen de Madrid que me encanta. Trátase de Quappi con suéter rosa de Max Beckman. O pintor retratou á súa muller Mathilde von Kaulbach, coñecida como Quappi. Pois ahí tedes o resultado. 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Todos os 23 de abril, celebramos o día do libro por comenmorar a data de facelecemento do grande escritor Cervantes. Por suposto, desde este obradoiro tamén queremos contrubuír a esa celebración e a mellor forma é publicando tres relatos elaborados polo alumnado de Educación infantil no curso 2015-16 neste Obradoiro. A nosa fonte de inspiración foi este enigmático cadro de Gilbert Stuart, titulado Retrato do cociñeiro de George Washington que está no Museo Thyssen de Madrid.

 

Todas as semanas este descoñecido personaxe suxeríanos un conto relacionado coa alimentación no obradoiro de Animación á lectura. E claro, parecíanos xusto darlle vida. Así xurdiron estas tres marabillosas historias de creación colectiva con ilustracións e audio. agardamos que vos gusten.

Aquí vos deixo os enlaces:

 O COCIÑEIRO ROSTIAN

ESCAI, O GRAN COCIÑEIRO

QUAQUI E A FESTA DE DISFRACES

 

 

 

ESCULTURAS POR UN TUBO.

Hoxe vólvovos propoñer que construamos en volume. Que vos parece se utilizamos os rolos de papel hixiénico e de cociña que van quedando pola casa? Tamén podemos aproveitar e construír con outros cartóns que teñamos. Ademais así, reutilizamos antes de tirar.

Coa vosa potente imaxinación , seguro que saen esculturas ou móbiles ben fermosos e orixinais. Podedes pegalas, ensartalas, facer incluso algún obxecto con elas como animais, vehículos, casas. Tamén podedes pintalas, forralas ou pegarlle todo tipo de material que consideredes.

Déixovos unhas imaxes a modo de exemplo pero seguro que as vosas van ser moito máis espectaculares.

 

Lembrade que podedes compartilas enviando fotos ao me correo electrónico: marisa@ramallosa.org.

 

A finais de semana, poñeirei todas esas marabillosas obras de arte que me ides mandando. Feliz mércores.

 

ESGRAFIADO. DEBUXO MÁXICO CON CERAS MOLES.

Pois ese palabra tan curiosa, dá nome a unha técnica que seguro que algunhas e algúns de vós tedes experimentando algunha vez. No obradoiro, témola feito con excelentes resultados.

Ta so precisamos pael ou cartolina, ceras tipo manley e un pauciño afiado, un escarvadentes ou algún utensilio de características similares. E se tedes unllas un pouquechilo longas, tamén podedes probar.

Ides facendo cadradiños ou tiras de cores, cargando ben e sen deixar ningún espazo en branco. A continuación cubrides toda a superficie con cera negra, e xa a debuxar co útil elixido.

Hoxe vanvos ensinar uns compañeiros maiores como fixeron hai anos cando estaban en Infantil. Mirade aquí. 

Ademais se queredes podedes acceder desde aquí a un titorial curtiño que volo explica moi ben.


O MUSEO VIVINTE. NÓS TAMÉN SOMOS ARTE.

Que vos parece comezar a semana cunha proposta divertida? Trátase de recrear obras de arte co que estea ao noso alcance e se queremos tamén coa nosa presencia. Pode ser un cadro, unha escultura, un mural. Recentemente, co inicio da cuarentena, tanto o Getty Museum de Los Ángeles  como o Rijksmuseum de Ámsterdan, lanzaron este interesante reto, que ademais de entreternos, permítenos coñecer e afondar no mundo da arte. Alguén se atreve?  Para vos inspirar, déixovos aquí o enlace á galería de imaxes das imaxinativas e creativas aportacións. Para vos animar, aquí tedes uns exemplos.  

 

Ademais tamén comparto con vós unha iniciativa levada a cabo xa hai uns anos neste sentido por Nerea Sanz compañeira miña en Educathyssen, do Colexio Nuestra Señora del Huerto de Pamplona. Como vedes, foi unha pioneira!

Mirade aquí.

 

Lembrarvos que tamén fai uns cursos, a raíz do desenvolvemento do proxecto sobre o cadro Cuarto de Hotel de Hopper, nós tamén recreamos e vivenciamos a pintura. Cara o final do vídeo, podédelo ver. De todos xeitos, anímovos e  que vexades enteiro. Canto gozaramos! Aquí ou no cuadro, Podedes acceder.

 

FROTTAGE

Hoxe imos experimentar cunha técnica chamada frottage que consiste en frotar, o ideal é cun grafito pero pode ser tamén cunha cera, con xices ou cun lapiceiro coma mina deitada, siluetas recortadas en cartón ou cartolina ou obxectos non moi voluminosos pero que teñan relevo como pode ser unha rede, moedas, follas, paus delgados, cortizas, un relador e todo o que se vos ocorra. A cousa é tan sinxela como colocar o que queirades frotar debaixo dun papel e ides frotando  co útil de pintura deitado, por riba. A modo de exemplo, déixovos aquí ou nas ilustracións, un enlace a un vídeo que o explica moi ben.

 

O BALLET DA BAUHAUS

Lémbrades todo o noso traballo realizado este curso inspirado na escola alemana da Bauhaus de arte, arquitectura, deseño e pintura entre outras disciplinas e que nacía hai agora 101 anos? Invítovos a que retrocedades un pouco no blog e lembredes todas as orixinais e divertidas actividades que fixemos. Pois a Bauhaus, contaba cun ballet creado e inspirado por Oskar Schlemmer. Mirade canto colorido e canta expresividade. Clicando aquí ou na imaxe, podedes ver unha breve presentación do que era.

Ademais, se queredes ver unha adaptación máis longa podedes acceder aquí.

 

MONICREQUES NA COCIÑA.

Hoxe propóllovos que creedes monicreques con materiais que normalmente se atopan na cociña como cubertos de pao, plástico ou mesmo metal, funiles, coadores, reladores... e podedes ampliar con outro tipo de mateiais con mando. Despois non vos esquezades de os vestir. E xa pode comezar a función. déxovos o enlace ao interesantísimo blog Innovarte de dúas mestras do Concello de Ames, onde podedes ver a modo de idea, algúns modelos. Mirade aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CREAMOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO?

Desta volta propóñovos que creedes con eses materiais que normalmente acaban no lixo pero como tantas veces temos feito no obradoiro, podemos tranformar en xoguetes, esculturas e obras de arte. Podedes utilizar caixas de todo tamaño, madeira, teas, botóns, polisespan, plásticos, tapas, tapóns, cortizas,  envoltorios, metais e todo o que se vos ocorra.

Podedes consultar todas as entradas que temos sobre os procesos de creación dos Certames de arte escolar de Granell. A modo de exemplo aquí tedes o do curso pasado. Clicade aquí para consultalo pero xa sabedes que temos moitas máis actividades no blog deste tipo.

 

Ademais déixovos tamén un interesante enlace do Palacio Quintamar onde Gael Zamora, profesora de Artes Plásticas da Escola de Educación de Segovia, propón un obadoiro con nenos e nenas, titulado: Jugar con encuentros, construir con la basura. Dáde aquí para velo.

 

TARXETAS POP-UP PARA ESCACHAR COA RISA.

Querédesvos divertir un pouco traballando en 3 dimensións? A ilustradora Eva Agra da Cooperativa cultural7H, explícanolo moi ben neste vídeo. Cando o vexades, so ides ter ganas de poñervos mans a obra.

Pinchade aquí ou na foto para velo.

 

 

COAS BORRAS DE CAFÉ, PINTO MOI BEN. 

Que vos parece poñervos a pintar con borras do café que toman os maiores na vosa casa? Podedes utilizar calquera tamaño e tipo de papel pero queda moi ben se usades folios con cores cálidas como o amarelo, o laranxa, o ocre. Se non tedes pinceis na casa, tamén o podedes facer coas mans ou con paos. 

Poñede as borras nun recipente con auga para que diluan e quede líquido. 

Aquí ou na foto, podedes ver esta mesma actividade realizada no Obradoiro de Arte, aló polo 2012. 

 

Tamén vos déixovos un enlace cun vídeo onde podedes ver un exemplo. Clicade aquí.

 

 

 

HOXE TOCA RECICLAR CARTÓN E PINZAS.

Grazas ao fabuloso blog "Auladeideas" feito aquí ao ladiño en Santiago, a artista Adiana Pazos Otton proponnos que podemos facer con estes dous materiais que de seguro tedes na casa.  Mirade aquí uo na foto unha idea para vos inspirar. xa sabedes, o importante é deixar voar a imaxinación. 

 

 

QUEREDES TRABALLAR CON PAPEL E CARTÓN?

Escola imaxinaria é un colectivo de innovación educativa composto por artistas, arquitectos, filósofos e profesorado de E.I. e E.P. No seu blog, propóllennos sempre interesantes recursos educativos artísticos de grande calidade. Hoxe, déixovos o enlace á entrada de como facer lámpadas e máscaras de papel, así como unha caixa conto ou módulos de cartón. Mirade aquí ou na foto, que cousas tan interesantes podedes facer con poucos recursos.


RECURSOS ARTÍSTICOS

PROPOSTAS CREATIVAS PARA FACER EN FAMILIA

Antes de nada, como estades? Sabedes que sodes uns auténticos campións e campionas? Xa sei que facedes moitas cousas plásticas e artísticas neste tempo de quedar na casa, porque tedes unha gran creatividade, imaxinación, unhas ganas inmensas de seguir aprendendo, investigando e facendo.

Agardo que pronto me poidades contar e ensinar todas esas marabillosa creacións que estades a facer.

 Eu, ireivos deixando propostas e enlaces con actividades plásticas que me parecen interesantes.

Que vos parece se antes de nada, viaxamos sen saír da casa a algúns museos de arte máis importantes do mundo?

 

Deixos o enlace dun interesante blog  do colectivo RZ100 ARTE.  Premendo aquí ou na foto, podedes velos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut