Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

E NO MES DE MAIO, ISTO FAGO

CADÁVARES EXQUISITOS.

O cadáver exquisito, é un xogo de consecuencias posto en práctica polos surrealistas.

 

 Alguén escribe ou debuxa algo e outra persoas continúa esa composición, so vendo un pequeno fragmento do anterior.

Clica aquí ou na imaxe para ver os nosos.

 

 

 

PAINTING CON OBXECTOS RODANTES.

Experimentamos e probamos con elementos que rodan. Acrílicas, témperas, unha cubeta e algo de movemento. Nos vos lembra un pouco a Jackson Pollock?

 

Así de expectaculares quedan as nosas pinturas.

 

 

E ENTRE MARZO E ABRIL

UN CUARTO PARA PLAYMÓBIL

Continuando co noso proxecto inspirado en CUARTO DE HOTEL de HOPPER e logo de ter debuxado o noso cuarto, pasamos ás tres dimensións e fixemos maquetas con pezas de playmóbil, inspiradas e inspirados nas propias habitacións. Canto nos gustou a actividade e canta variedade!

Gozade coas distintas e persoais composicións en plano frontal, cenital. A continuación, e para saber quen fixo cada unha aparece unha imaxe con nós mesmos.

CUARTOS DE 5 ANOS A.

 

 CUARTOS DE 5 ANOS B.

 

 

 

 

 

 

CUARTOS DE 4 ANOS A

 

CUARTOS DE 3-4 ANOS B.

 

CUARTOS 3 ANOS B

 

UNHA XOIA PARA MAMÁ.

Grazas á iniciativa do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, convertémonos en deseñadoras e deseñadores de xoias. A motivación non podía ser maior, facerlle unha valiosa alfaia á nosa querida nai. Brincos, pulseiras, colares, gargantillas, broches e algún anel que quedaron así de lucidos. Clica na imaxe para ver canto, variado e fermoso deseño.


 

 

 

 

REMATAMOS DE PINTAR NOS CABALETES.

Unha actividade que non pode faltar cada curso.

Gústanos experimentar co papel en vertical. Non é difícil pero debemos controlar a témpera para que non escorregue a pintura para abaixo. Deixamos voar o noso maxín e sentímonos auténticas e auténticos pintores da Rive Gauche!

Mirádenos 

 

 

 

 

AS CAIXAS PERSOAIS POR FIN!

Fin de traxecto.

Lémbrades os nosos obxectos persoais a partires do traballo iniciado coa Vig Valise? Senón, con correr un pouquechiño para adiante este blog,refrescamos a vosa memoria.

Esas cousiñas queridas,agora, forman parte das caixas colectivas que cada grupo creou. Decoramos os soportes, e dispuxemos consensuadamente os distintos obxectos.

Mirade que caixas máis divertidas e orixinais! Clicade na imaxe para velas todas e como gozamos creándoas.

 

 

 

E EN MARZO, MARZAL ...

VISITAMOS A FUNDACIÓN GRANELL.

Paseade connosco e mirade parte do universo surrealista de Granell. Clicade aquí ou na imaxe para acceder ás fotos da Galería.

 

Aquí vos deixamos un pequeno resume da nosa visita nun vídeo.

 

Guardar

Guardar

Guardar

ADEMAIS EN XANEIRO E FEBREIRO....

Somos uns e unhas artistas e vimos de París.

Xa no mes de febreiro, adicámonos a unha actividade que consistía nun encargo para o día da festa de Entroido. Ás veces as e os artistas, temos que cumprir prazos e encomendas concretas.

Nunha Volta ao Mundo ramalloseira, primeira parada de Phileas Fogg en Paris. Ademais, a Rive Gauche, Montparnass...bohemios artistas inspirados para crear a nosa pintura nun lenzo. Mirade o noso proceso de creación.

 

 

Mirades os artísticos e creativos resultados nos lenzos, froito da inspiración individual.

Aula de 5 anos A.

Aula de 5 anos B.

Aula de 4 anos A.

Aula de 3-4 anos B.

Aula de 3 anos A.

 

Despois do marabilloso e sorpresivo agasallo da Big Valisse, logo da volta de vacacións do Nadal, fomos realizando e simultaneando outras actividades plásticas. Aquí vos queda unha pequena mostra.

 

Regalos do Nadal.

Día de sorpresas! Unha maleta viaxeira e unha chea de libros de arte. Tamén quixemos debuxar os nosos agasallos.

 

 

Autorretrato

 Debuxámonos no noso caderno persoal. Antes vimos moitos retratos e autorretratos.

 

Eva lootz

Coñecemos a esta artista plástica austríaca grazas as postais que nos mandaron desde o CGAC. Mirade as distintas mariñas que xurdiron.

VIG VALISSE.

BIG VALISE. 2ª PARADA DA VIAXE.

Coa intención de que todas e todos nos sentíramos implicados nesta proposta, ademais da realización conxunta do noso caixonciño da maleta, cada un trouxo un obxecto significativo  da casa ou da contorna próxima para crearmos por grupos de traballo a nosa propia obra plástica colaborativa.

De momento un avance deses queridos obxectos persoais coa explicación da elección.

 

OBXECTOS, AULA DE 5A

OBXECTOS AULA DE 5B

OBXECTO AULA DE 4 ANOS

OBXECTO AULA DE 3-4 ANOS B

OBXECTO AULA DE 3 ANOS

 

BIG VALISE. A MALETA VIAXEIRA DE EDUCATHYSSEN.

No Obradoiro de Arte tamén atopamos varios agasallos de Nadal, como libros para a nosa biblioteca de Arte e mais unha grande sorpresa: unha maleta enorme e preciosa enviada polo Museo Thyssen.

Preme na foto ou aquí para ver o proceso desta viaxe.

 

A BIG VALISE, estivo connosco ata o 26 de xaneiro, data na que partiu a outro centro educativo. Esta maleta foi deseñada como un proxecto intercentro que comezou a súa andaina en Vigo en novembre do 2016 e rematará viaxe en xuño do 2017, logo de percorrer 10 centros educativos de toda España.

O obxectivo desta iniciativa é coñecer a obra de dous artistas, Kurt Schwitters e Joseph Cornell, traballando conceptos como a obra colaborativa, museo portátil, territorio, pertenza, metamorfose ou o obxecto cotidiano.

MIRADE QUE CHULO NOS QUEDOU!

 

XIII CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

EUGENIO GRANELL, O ENCANTO DE TODAS AS MULLERES.

Poderedes gozar cos tres premios acadados nesta edición e co resto dos creativos traballos do 22 de decembro ao 8 de xaneiro de 2017 na sede da Fundación Granell no Pazo de Bendaña e do 12 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2016 no Centro Comercial Área Central.

 

XIII CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

EUGENIO GRANELL, O ENCANTO DE TODAS AS MULLERES

Xa é un clásico que desde o obradoiro de Expresión artística participemos neste certame de arte que ademais de impulsar a creación plástica nos escolares, organiza unha exposición todas as obras presentadas ao concurso. Poderedes gozar cos tres premios acadados nesta edición e co resto dos creativos traballos do 22 de decembro ao 8 de xaneiro de 2017 na sede da Fundación Granell no Pazo de Bendaña e do 12 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2016 no Centro Comercial Área Central.

Celebramos con enorme satisfación e compartimos con todos vós, os tres premios acadados.

O acto de entrega tivo lugar o 21 de decembro no Pazo de Bendaña, sede da Fundación.

 

 Premendo na imaxe, veredes máis momentos desa tarde.

 

 

 

 

PREMIO CATEGORÍA EDUCACIÓN INFANTIL: JOAO JABER MOREIRA.

PREMIO COLLAGE: MARÍA DURO LOJO.

PREMIO CONTRUCIÓN (ESCULTURA): LUCÍA NOVAS MELLA.

 CLICA AQUÍ OU NA FOTO SE QUERE VER O ORIXINAL E COLORIDO RESULTADO DE TODAS AS NOSAS MULLERES SURREALISTAS.

E SE PREMES NESTA OUTRA FOTOGRAFÍA PODEDES APRECIAR O LABORIOSO PERO DIVERTIDO PROCESO

Guardar

Guardar

Guardar

COMEZAMOS

CUARTO DE HOTEL. 1ª PARADA.

TRABALLO INSPIRADO NO CADRO DE EDWARD HOPPER.

Comezamos co que pretendemos sexa unha longa estadía neste cuarto transportado ao Obradoiro de arte da Ramallosa.

Nesta primeira parada centrámonos en facer un estudo pormenorizado e en analizar as características e detalles do cadro. A continuación, inspirados nel, realizamos borradores en A4 do propio cuarto e as versións definitivas debuxámolas en A3. Tivemos que poñer a traballar ben en serio as nosas neuronas para exercitar a nosa memoria visual.

Se premedes aquí, podedes ver o proceso.

 Se queredes obter máis información sobre esta enigmática obra, clicade sobre ela.

 

CENEFAS

Nesta ocasión traballamos conxuntamente compartindo espazo e soporte para realizar distintas pezas coa fin de seguir a decorar o noso corredor. A arte neste caso, cunha función decorativa e co orgullo de que está feita por nós.

 

 

 Clica na imaxe ou aquí para máis.

 

ACUARELEO

Para comezar, un debuxo de acuarela imos pintar.

Preme aquí ou na foto.  

 

 

ASÍ SON EU.

Como toma de contacto, que mellor que facer un autorretrato!

Así coa motivación de facernos o mellor que sabemos, comezamos a nosa andaina artística este curso. E para darlle un aire distinto quixemos utilizar como soporte as follas de libros vellos e vernos arrodeados de letras e anacos de historias.

Preme aquí ou na foto para ver o proceso.

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

ARTISTEANDO UN NOVO CURSO

Abrimos boca cos contos:

Retrato del cocinero de George Washinton de Gilbert Stuart.

Compartimos con grande ledicia, estas tres historias de creación colectiva que están na páxina web de EDUCATHYSSEN e da que vos deixamos enlaces. Agardamos que as saboreedes con grande apetito.

Clicando nos títulos ou no retrato, podedes degustar os nosos manzares.

Cuaqui e a festa de disfraces

Escai, o gran cociñeiro

O cociñeiro Cuaqui

 

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

EXPOSICIÓN ARTE

GRANDES ARTISTAS!

EXPOSICIÓN DO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA DE E.I NA CASA COMUN DE OZA, O VENRES 10 E SÁBADO 11.

Deixámosvos unha mostra do bo facer destes pequenos e peguenas-grandes artistas.Premede aquí ou na foto para poder velo.

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut