Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

MOITOS PARABÉNS MARCOS!!!

O  noso compañeiro Marcos está de noraboa,  cumpre 5 aniños e xa é dos poucos que quedaban por cumprir antes de que remate o ano!!

Queremos desexarche moitos parabéns e que cumplassss moitosssss máissssss!!!

Doces e ricas galletas e madalenas quixo compartir cos seus compañeiros e coas súas compañeiras para festexalo!!! e tamén lles quixo agasallar cun pequeno e gráfico lápis

 

 

CONTRA VOLENCIA DE XÉNERO

OUTRA DATA CONMEMORATIVA MOI PRESENTE, NON SÓ NESE DÍA SENÓN TODOS E CADA UN DELES, É O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

NESTA OCASIÓN, PARTIMOS DA LECTURA DO CONTO "O CHUVASQUEIRO DE AURORA", DE MARÍA MÁRQUEZ. DIALOGAMOS SOBRE O CONTO: COMO SE SENTÍA AURORA, POR QUÉ A NAI LLE AGASALLOU UN CHUVASQUEIRO, QUE ERA ESE MONSTRUO QUE CADA NOITE TRAÍA O PAI Á CASA E DO QUE AURORA SE ESCONDÍA,...

 

--- TAMÉN FIXEMOS DIFERENTES PROPOSTAS, COMO AULA E COMO CENTRO, PARA ABORDAR ESTA TEMÁTICA:

CADA CRIANZA ESCRIBEU NUN PAPEL MORADO, UNHAS PALABRAS EN RESPOSTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA. E CON ESES PAPEIS MORADOS E DE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO DECORAMOS UN GRAN CHUVASQUEIRO; "QUE NOS PROTEXE DE CALQUERA SITUACIÓN DE MEDO OU VIOLENCIA"

  

 

 TAMÉN CREAMOS NUN CARTEL GRANDE O NOSO LEMA / FRASE DE REXEITAMENTO CONTRA ESTA LACRA QUE ENNEGRECE A NOSA SOCIEDADE, IGUAL CA FIXERON O RESTO DE AULAS DO CENTRO.

XA A NIVEL DE AULA, FALAMOS DA IMPORTANCIA DAS CORES, ONDE TODAS SON IMPORTANTES E NECESARIAS E MOITAS VECES XUNTANDO VARIAS DELAS PODEMOS CONSEGUIR OUTRAS NOVAS; IGUAL QUE CADA UN DE NÓS, SOMOS IGUAL DE IMPORTANTES E COS MESMOS DEREITOS E OPORTUNIDADES

APROVEITAMOS A XOGAR COA BEEBOT, CON IMAXES E PALABRAS RELACIONADAS COA TEMÁTICA, AO TEMPO QUE CONTRIBUÍMOS AO FOMENTO DO PENSAMENTO LÓXICO MATEMÁTICO, A ORGANIZACIÓN DO ESPAZO,...

TAMÉN AGRUPAMOS AS ACCIÓNS QUE SUPOÑÍAN ALGO POSITIVO E BENEFICIOSO PARA AS PERSOAS OU POLA CONTRA ERA NEGATIVO

E PARA CONMEMORAR XUNT@S ESTA DATA, SAÍMOS AO PATIO E UNIMOS AS NOSAS VOCES PARA CANTAR A CANCIÓN "A PORTA VIOLETA" DE ROZALÉN, PERO QUE NOS TRADUCIMOS AO NOSO IDIOMA

DÍA DA INFANCIA

CHEGABA O DÍA 20 DE NOVEMBRO, UNHA DATA NA QUE SE CONMEMEMORA O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA, E DENDE O CONCELLO, COMO CIDADE AMIGA DA INFANCIA, FÍXONOS CHEGAR UN CARTAZ, ONDE PUIDEMOS LER UN NOVO DEREITO, RECOLLIDO NO CONSELLO DOS DEREITOS HUMANOS.

ESA LECTURA FÍXONOS REFLEXIONAR E XURDIU A IDEA DE FACER CARTEIS PARA COLOCAR POR FÓRA DO COLEXIO, PEDINDO Á XENTE QUE NON TIRE LIXO, QUE RECICLE, QUE COIDE O PLANETA,...

POLO QUE PENSAMOS ALGÚNS LEMAS QUE QUERÍAN RECOLLER E LOGO COMEZARON A DEBUXAR. SEN EMBARGO, LOGO DÉMONOS CONTA QUE, PODÍAN NON ENTENDERSE AS ACCIÓNS QUE SE QUERÍAN MOSTRAR E SERÍAN MÁIS ILUSTRATIVOS FACER OS CARTEIS CON FOTOS REAIS FEITAS POLAS CRIANZAS E ACOMPAÑALAS DUN LEMA E TAMÉN DO DEREITO RECOLLIDO POLA ONU E UNICEF.

ESTE FOI O RESULTADO DESTE TRABALLO.

 


 

 

NOMES E APELIDOS

XA LEVAMOS TEMPO TRABALLANDO COS NOMES E APELIDOS, POIS CADA DÍA, @ ENCARGAD@ DEBE REXISTRAR O SEU, TENDO APOIO VISUAL DE TARXETAS CO NOME, CO 1º APELIDO E CO SEGUNDO.

AGORA APROVEITAMOS, ENTRE TOD@S, PARA COMPOÑER CON LETRAS MÓVILES O NOME D@ ENCARGAD@ EN CADA OCASIÓN, MENTRES ESTE O REXISTRA NA PIZARRA E ALGÚN XA NON PRECISA APOIO VISUAL DAS TARXETAS PARA ESCRIBILO (RESPETANDO A ETAPA MADURATIVA NA QUE SE ATOPA CADA CRIANZA)

 

 

E ADEMÁIS TAMÉN APROVEITAMOS PARA IDENTIFICAR E DIFERENCIAR AS VOGAIS E AS CONSOANTES E PARA IR INTRODUCINDO AS LETRAS MINÚSCULAS (TENDO O ABECEDARIO COMO APOIO VISUAL)

 

MAGOSTO MAGOSTO!!!

A festa do MAGOSTO volveu festexarse nun día fermoso de sol; o veraniño de San Martiño cumpliuse nesta ocasión.

Degustamos unhas ricas castañas asadas, grazas á colaboración de mestres (que asaron as castañas), nen@s maiores (que recolleron as castañas e a leña polas aulas e picaron as castañas mercadas polo centro) e familias que aportaron dende as casas, as castañas para este magosto.

* Pero cantas castañas aportou o noso grupo para asar???

Puxemos en acción o conteo numérico, fixemos grupos de decenas e logo realizamos o reconto:

--- xuntamos 48 decenas e 9 unidades, é dicir, 48 x 10= 480 / 480+ 9= 489 castañas

APOIÁNDONOS NA SERIE NUMÉRICA, FOMOS CONTANDO GRUPOS DE 10 ATA CHEGAR A 100, LOGO CONTAMOS AS CENTENAS  E UNÍMOS AS DECENAS E UNIDADES 

E ESTA ACTIVIDADE PERMITIU INTRODUCIR A OPERACIÓN DE MULTIPLICARSorprendido

* DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E BAILE

 

 

*APROVEITAMOS A TISNAR O NARIZ

*Tamén participamos en distintos xogos populares como os aros musicais, os zancos, as pelotas saltarinas ou a papa castañas

 

   

     

     POR MOITOS MAGOSTOS MÁIS!!!

FROIT@S DE OUTONO

XOGANDO CON FROIT@S DE TEMPADA DO OUTONO, TRABALLAMOS A LECTURA E FACEMOS ASOCIACIÓNS DA IMAXE COA PALABRA QUE CORRESPONDE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IGUALMENTE APROVEITAMOS A RECORDAR QUE HAI FROITOS CARNOSOS (CON ZUME) E SECOS E CLASIFICÁMOLOS

CREATIVAS CASTAÑAS

A FESTA DO MAGOSTO ESTÁ A PIQUES DE FESTEXARSE NA ESCOLA, E A CASTAÑA É A RAÍÑA, POLO QUE ANDIVEMOS DECORANDO UNHA SILUETA DESTE FROITO, ESTAMPANDO CON FOLLAS, QUE RECOLLERAMOS NA SAÍDA Á CARBALLEIRA PREVIAMENTE 

LOGO APROVEITAMOS PARA ADICARLLE UN POEMA, QUE TIÑAMOS QUE ORDEAR FIXÁNDOSE CALES PALABRAS ÍAN EN CADA VERSO, POR CAL LETRA EMPEZABA CADA UNHA, DÉMONOS CONTA QUE HABÍA PALABRAS REPETIDAS, QUE NA ÚLTIMA PALABRA HABÍA UN PUNTO (QUE SIGNIFICA QUE SE ACABOU O POEMA); MOITAS APRENDIZAXES!!!

 

DESCOMPOSICIÓN DOS Nº 9 E 10

APROVEITANDO A DATA DE CADA DÍA, FACEMOS A REPRESENTACIÓN DO CARDINAL (CON DEDOS, PUNTOS E PAUS) E TAMÉN A SÚA DESCOMPOSICIÓN, É DICIR, FACEMOS SUMAS CON 2 OU 3 SUMANDOS, RESTAS OU MULTIPLICACIÓNS QUE TEÑEN COMO RESULTADO O NÚMERO TRABALLADO.

 

CONTO DRAMATIZADO

NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE HOXE, TIVEMOS A SORTE QUE NOS ACOMPAÑOU LARA, UNHA MESTRA EN PRÁCTICAS QUE ESTÁ NORMALMENTE, NA AULA D@S NOS@S COMPIS DE NIVEL. DRAMATIZAMOS UN CONTO QUE ELA MESMA INVENTOU, E CONSISTÍA EN IR REPRESENTANDO PROBAS MOTRICES PARA CONSEGUIR FINALMENTE A LAVA, QUE PRECISABA UN DRAGÓN PARA FACER UNHA SOPA.

GUSTOUNOS TANTO, QUE QUIXEMOS REPETIR 2 VECES. GRAZASSSS LARA!!!

 

 

DESCOMPOSICIÓN DO Nº 4

NESTA ACTIVIDADE DE LÓXICA MATEMÁTICA, AS CRIANZAS VAN ADQUIRINDO UN COÑECEMENTO DA SERIE NUMÉRICA, AO TEMPO QUE ESTÁN INICIÁNDOSE NAS OPERACIÓNS DA SUMA E DA RESTA, SEN DARSE CONTA, PERO CON COMPRENSIÓN DO QUE ESTÁ SUCEDENDO.

AS OPERACIÓNS XURDEN DE AVANZAR OU RETROCEDER NA SERIE NUMÉRICA PARA CHEGAR A UN NÚMERO CONCRETO, NESTE CASO ESTABAMOS TRABALLANDO CO NÚMERO 4 PORQUE ERA A DATA DESE DÍA

- Se estou no nº 1 e quero chegar ao nº 4, temos que avanzar ou retroceder? --- avanzar

   canto teño que avanzar? --- 3

   entón xorde a suma:  1+3= 4 

 O mesmo proceso facemos co 2 (2+2= 4) e co 3 (3+1= 4) e mesmo co 4 (4+0=4)

- se partimos do 5 e queremos chegar ao 4, temos que avanzar ou retroceder? --- retroceder

  entón xorde a resta: 5-1= 4

  As crianzas xa van tomando conciencia e xa idean outras operacións, "se teño 10 lle quito 6 e me quedan 4"

Distribuir contido


by Dr. Radut