Prezadas familias aquí podesdes consultar as Instrucións do comedor para o curso 2022-23.
Tamén tedes á vosa disposición o modelo ANEXO II de Autodeclaración, que podedes descargar, cumprimentar e entregar no centro o antes posible. (É unha solicitude por cada neno/a)
Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!
Podedes ver un resumo do noso proxecto Escola Verde no vídeo. Continuaremos a traballar por un medio ambiente máis saudábel e unha escola máis ecolóxica.