Skip to Content

Axudas libros de texto e material escolar

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-24

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS

 

Está publicada a resolución definitiva do fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º.

A listaxe está exposta no tabolerio de anuncios do cole. As familias interesadas poden chamar ao 881866493 para solicitar información.

 

 

LEXISLACIÓN:

 

 

PRAZOS: Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

 

DESTINATARIAS/OS:

 

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.

  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  • Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:

 

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 

Axudas Material e Fondo Libros

Non hai cambios respecto da LISTA PROVISIONAL publicada o 14 de xullo de 2021.

 

Desde hoxe está publicada no taboleiro interior de anuncios do colexio a LISTA DEFINITIVA DA SOLICITUDE ED880B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutor medio.

 

Rafa Vilar. Director do CEIP da Ramallosa

 

Axudas Material e Fondo Libros

Listaxe libros concedidos do fondo solidario a cada alumno ou alumna

 

Xa está a súa disposición a listaxe provisional dos libros concedidos a cada alumno/a de 3º e 4º de Educación Primaria do vindeiro curso.

Moitas grazas

 

Rafa Vilar. Director do CEIP da Ramallosa

Axudas Material e Fondo Libros

Desde hoxe xa tedes á vosa disposición os cheques para axuda de material e de libros para o curso 2021-22 na secretaría do Centro.

De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista.

O reparto realizarase nas seguintes datas:

  • 1º de Educación primaria: a partires do luns 5 de xullo.

  • 2º de Educación Primaria : a partires do martes 6 de xullo.

  • 3º de Educación Primaria: a partires do mércores 7 de xullo.

  • 4º de Educación Primaria: a partires do xoves 8 de xullo.

  • 5º de Educación Primaria: a partires do venres 9 de xullo.

  • 6º de Educación primaria: a partires do luns 12 de xullo.

A dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut