O pasado martes día 12, os nenos e nenas de sexto participamos nunha actividadee proposta pola Funadación España Activa que se desenvolveu conxuntamente en 20 colexios de 17 ciudades de distintas comunidades autónomas.
Dentro da súa campaña "Actívate por unha vida mellor" que ten como obxectivo concienciar aos máis xóvenes de que a práctica física e o deporte aporta moitos beneficio físicos e psíquicos e tamén é unha forma de ocio moi divertida, propuso unha actividade dirixida por profesionais do Ximnasio da Ramallosa que consistiu nuha Masterclass de "Zumba".
Unha representación dos nenos e nenas leron o manifiesto "Pola promoción do deporte e a actividade física" e despois o deron todo na sesión de Zumba.
Estivo xenial. Se queredes ver todas as fotos clicade AQUI.