Skip to Content

Documentación

LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO OFICIAIS. CURSO 2021-22

IMPORTANTE:

O listado inclúe todos os libros de texto oficiais do colexio, pero os que están marcados en vermello non hai que mercalos. Correspóndense co banco de libros.

Este curso non hai cambios en cuarto de primaria debido a un aprazamento pola aplicación da nova lei de educación.

Para calquera dúbida contacten coa oficina do centro.

VER LISTADO

PUBLICADO O LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO NOVO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-22

Están publicados os listados definitivos de admisión do alumnado de nova incorporación, para o curso 2021-22.

Atendendo á Lei de Protección de Datos non podemos publicalos a través da web, polo que quedan expostos no taboleiro do centro e na cristaleira do ximnasio (expositor provisional mentres duren os protocolos anti-COVID). Pola mesma Lei, está prohibido facerlle fotos e distribuír esa información fora das canles do centro educativo.

Tamén poden chamarnos ao teléfono 881 866 498, en horario de 09:00 a 14:30.

 

A DIRECCIÓN

AXUDAS PARA A DOTACIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

 

 

A consellería ven de convocar axudas para a dotación de máscaras ao alumnado (ver DOG)

Terá dereito o alumnado que reúna estas condicións:

 

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (non teñen que presentar solicitude, faise de oficio)

 2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 (Si terán que presentar solicitude)

 

 Prazo de solicitude: diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia(publicouse o 13 de novembro)

 Lugar de entrega: no colexio do alumnado.

 Documentación a presentar:

 a) Anexo I (solicitude) . Descargar aquí.

 b) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Descargar aquí

 c) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 d) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.

 

 

PLAN XERAL ANUAL. CURSO 2020-21

No Claustro e no Consello Escolar celebrados o martes 20 de outubro de 2020, foi aprobada a planificación do curso 2020-21.

 

DOCUMENTACIÓN SOBRE A PREVENCIÓN DA COVID-19

No Consello Escolar do martes 20 de outubro foi aprobada a documentación que elaboramos segundo as disposicións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a prevención da COVID-19.

A normativa esixe que sexa publicada para o seu coñecemento pola comunidade educativa.

Poden acceder á mencionada documentación nos seguintes enlaces, e quedarán exposta permanentemente no apartado de "Documentación" desta web:

Esta documentación poderá sufrir novas adaptacións, dependendo da evolución da pandemia e dos cambios normativos que ditaminen as autoridades sanitarias e/ou educativas. De ser o caso, publicaranse neste mesmo apartado.

DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA ESENCIAL PARA O COMEZO DAS AULAS

Coa intención de facilitarlle ás familias a información referida á organización do centro e ás pautas orientativas sobre o protocolo COVID-19 enviaremos desde as titorías un correo electrónico a cada familia.

 

No mesmo se lles comunica cal é a titoría e cal é a quenda de comedor para cada nena/o.

 

Fáltanos algún detalle que estamos perfilando e dos que informaremos nestes días, antes do comezo das aulas.

 

Engadimos estes documentos que compre ler con atención e que deixamos nesta web para recorrer a eles sempre que sexa preciso:

 

 

 

  1. Comezo das aulas_primeiro día.pdf (contén a información que xa tiñamos na páxina web sobre o primeiro día de aulas de cada nivel educativo)

  2. Entradas saídas e outras info.pdf (información das normas para as familias de como acompañar ao alumnado non transportado ao centro)

  3. Información sobre a prevención.Obrigas das familias.pdf (condicións do protocolo para as familias e orientacións sobre a prevención)

  4. Autotest diario.pdf (información sobre as probas e observacións que diariamente teñen que realizar aos seus fillos ou fillas)

  5. Declaración_responsable.pdf (documento que teñen que cubrir e asinar responsabilizándose da realización do autotest que propoñen as autoridades sanitarias e educativas)

 

ENLACES CON INFORMACIÓNS DE INTERESE

 

PLAN XERAL DO CURSO 19-20

PLAN XERAL 2019-2020

Ver o documento.

Calendario escolar

Calendario escolar para o curso 2019-20

Ver documento

Distribuir contido


by Dr. Radut