Calendario do proceso de admisión.
- Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
- Reserva de praza no centro de orixe para alumnado de 6º de E. Primaria ao centro ao que se está adscrito (IES de Cacheiras)
- O formulario normalizado ED550A deberase presentar de xeito manual no centro de orixe (CEIP Plurilingüe da Ramallosa) ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado no menú Solicitudes-Solicitudes de reserva-Crear solicitude de reserva)
- 25 de febreiro
- Sorteo na Consellería de Educación das letras que resolverán posibles empates.
- Resolución sorteo das letras que resolverán os posibles empates.
- Antes do 1 de marzo
- Publicación das prazas que oferta o centro.
- Do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos)
- Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II ED550B). A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) que poderá cumprimentarse:
- Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- De forma manual. Recollendo instancia no centro ou descargándoa.
- Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, da sede electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990. Importante: Entregar no centro xunto coa documentación acreditativa dos criterios do baremo. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica.
- Documentación a presentar.
- 10 días hábiles a partir dos dous seguintes ao remate do prazo:
- Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas)
- O 25 de abril:
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
- Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles contados desde o día seguinte á súa publicación.
- O 15 de maio:
- Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño:
- Formalización da matrícula do alumnado admitido en E.Infantil e Primaria.
- Anexo III-1 Formalización de matrícula
- Lingua materna (só para o alumnado de 4º de EI)
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS NOVAS MATRÍCULAS 2023-24
ADMISIÓN:
No caso de haber máis solicitudes que prazas aplicarase o baremo oficial, que establece puntuacións por vivir ou traballar na zona e por ter irmáns no centro. Se finalmente hai empates de puntuación resolverase atendendo ao sorteo de letras publicadas pola Consellería de Educación, sempre a través da Comisión de Escolarización da zona.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
Se un alumno/a ao que NON lle corresponde este centro é admitido/a, só terá dereito a transporte e comedor no caso de haber prazas libres (non sendo os que xa teñan irmáns no colexio). En todo caso, tería que pagar a tarifa máxima do comedor (4,5 €/día) e non se lle aplicaría o baremo por renda.
ZONAS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO
Así e todo estas prazas de comedor e transporte adxudicadas ao alumnado que non lle corresponde terán carácter provisional. Poderán perder a praza se xorden solicitudes posteriores de alumnado con dereito preferente (traslados, por exemplo).
- Teñen dereito ao servizo de comedor todo o alumnado da zona do centro.
- Teñen dereito ao servizo de transporte todo o alumnado da zona do centro que viva a máis de 2 km do mesmo.