Skip to Content

Recursos "Confinamentos"

Paquete de actividades previstas ante un posible novo confinamento ou peche temporal da actividade lectiva presencial no centro.

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA DÍAS NON LECTIVOS, A CONSECUENCIA DUNHA POSIBLE NOVA "ALERTA" POLO "COVID19"

Paquete de actividades previstas ante un posible novo confinamento ou peche temporal da actividade lectiva presencial no centro pola alerta sanitaria do COVID 19.  Mantéñense as propostas do anterior confinamento e de ser preciso, iremos ampliando éstas actividades paulatinamente. Que por outra banada, se alternarán coas propostas didácticas que estamos a desenvolver na aula.

 

O alumnado de Ed. Primaria, poderá enviarme calquera das tarefas que fagades/fixerades durante o periodo de “traballo online”.

Pode ser un vídeo tocando algunha das cancións de frauta ou ukelele suxeridas en cada curso, tocando as culleres, tarefas imprimibles, bailes, cancións...

Tamén me podedes enviar actividades de música que fixerades doutras plataformas educativas ou que deriven doutros estudos musicais.

De ser o caso, os traballos que me enviedes teranse en conta para subir nota, pois en ningún caso afectarán negativamente a ésta. Por outra banda, o seu envío é voluntario, non teñen carácter obrigatorio! Pero, por suposto, terei en conta para a nota final o traballo de todo o alumnado que me está a compartir estas tarefas por mail ou outros medios ao longo deste tempo. Se algún alumno/a ou familia ten dificultades para facerme chegar estes traballos, a pesares de que os estea a facer, rogo mo fagades saber a través da canle que vos resulte máis cómoda.

 

Para calquera dúbida, podedes escribirme por privado no abalar móbil ou ao mail oscar@ramallosa.org

 

ENVÍO DE TRABALLOS:

- mail: oscar@ramallosa.org

- Páxina de Facebook (creada exclusivamente para envío de mensaxes privadas). Nel podedes compartirme os vídeos a través dunha mensaxe privada evitando así  problemas co tamaño do arquivo!

- Outras plataformas para o envío de arquivos pesados (rexistro  cun mail e  almacenamento gratuito para envío de arquivos pesados) 

   * Dropbox: https://www.dropbox.com/es_ES/ (2G gratuitos)

   * Wetransfer: https://wetransfer.com/sign-up?trk=Splashpage_freeaccount&tier=free (2G gratuitos)

   * Google drive(ideal para contas de gmail): https://www.google.es/drive/  (15G gratuitos)

 

Agardo que así vos sexa máis sinxelo!

Iso sí, lembrade identificar no mail ou mensaxe privado de facebook o nome do alumno/a, curso e grupoGrazas pola vosa implicación! Apertas!

 

 

 

 

novidades

 

 

* Xa podedes cantar... "Ramalloseir@s".O noso himno Oficial do Acto de Gradación

 

 

 

E lánzovos unha actividade en forma de reto ao alumnado de sexto!!

Mandádeme un vídeo cantando o anaco da canción que vos indico a cada curso.

Con todos os vosos vídeos farei unha montaxe cantando vós a canción!!

Para iso tendes que practicala moito e entonar como verdadeir@s artistas!!

Unha vez vos saia ben, gravádevos nun vídeo cantando cun “casco” posto nunha orella, deixando libre a outra orella para poder escoitarvos. Dese modo, no vídeo só sairía a vosa voz cantando ao tempo e tono da canción, pero sen que se escoite a música.

Por último, “montaría” todo e poñería eu a música de fondo coas vosas voces! 

É importante que a gravación a fagades en sentido horizontal e enfocando só a cara (de peito para arriba).

 teléfono horizontal

O prazo para o envío dos traballos remata o vindeiro luns 8 de xuño!

Pero podedes envialo antes! Non esperedes ao último día, que para estas cousas, as présas non son boas. 

Os traballos entregados fóra de prazo, non poderán incluirse na montaxe.

O reparto do anaco de canción que tendes que gravar cada curso, quedaría da seguinte maneira:

 

(Clica aquí para descargar a letra e ver a parte que vos toca cantar a cada clase)

Xa podedes enviarme os vosos vídeos ao mail de sempre: oscar@ramallosa.org

Ou por whatssap ao seguinte número de teléfono: 646.682.482

Escribindo antes de facer o envío o nome, curso e grupo voso

O recurso do whatssap é só para esta actividade do himno, porque é o

 telf móbil do Centro e senón saturámolo con todo o material de Ed. Musical  

 

 

 

* Aprendemos a tocar "as culleres"!!

 

 

Ollo!! A parte de tocar as culleres, lanzo outro reto tamén, nesta actividade!

- Durante o vídeo sae un "obxecto voador non identificado" (OVNI) jeje. Pero... Cantas veces?

- Tamén aparece no vídeo un animal que non quere que o "profe" Óscar cante. Que animal é?

- No vídeo saen dúas gravacións "de arquivo" antigas. De que ano son?

- Cando canto as dúas estrofas da canción "O baile de Noró", cambio dúas palabras da letra.

  Averigua cales son no vídeo do tema orixinal que che deixo neste enlace

Descubre os desafíos e mándame a túa respostaGuiño

 

* "DEBUXOS MUSICAIS":  "Bolero de Ravel" (Ed. Infantil & 1º/2º EP)

 

 

* Divírtete aprendendo un feixe de cousiñas sobre "Historia da Música"!!

Dirixido especialmenete a 5º e 6º de Ed. Primaria, ainda que coa axuda dos papis, mamis... Podedes ir vendo cousiñas e adaptando os contidos e tempo de visionado aos vosos tempos. De seguro que aprenderedes un montón de cousiñas!!  

 

Hª da música Mapa conceptual

 

 

* Aprendemos a tocar o xilófono e o piano virtualmente!!

  Con esta nova App que vos vou recomendar, podedes tocar cancións, practicar escalas e outros exercicios ben divertidos tocando o xilófono ou o piano. E ata facer as vosas propias composicións!! Se dispoñedes de tablet ou outro dispositivo móbil, tactil esta é a vosa oportunidade!!

Funciona tanto en dispositivos Android como  IOS. Chámase "Mi 1º  xilófono y piano" e é unha creación de  Hoseki App.  Paréceme moi útil para empezar a tocar estes instrumentos, coñecer as notas musicais e o seu son, o funcionamento do teclado (teclas naturais e alteradas). Ocórreseme que se poden traballar moitos conceptos da Linguaxe Musical como escalas, intervalos, acordes e, sobre todo, pódense tocar melodías coñecidas ou inventalas. Ademáis ten varias melodías coñecidas que van marcando as notas para poder tocármo-las. Por suposto,se mercamos a versión PRO,  hai moitas máis!! Pero na vers free (gratuita) xa teriamos material abondo para entreternos tocando varias propostas. Para tocar e compoñer poñemos o "Modo libre".

Resumindo...  Que actividades podemos facer en clase con esta App?

Pois as mesmas que podemos facer cun  xilófono ou un teclado "de verdade"Algunhas ideas:

- Repaso de conceptos musicais. Tocar intervalos, traballar con escalas, alteracións, formar acordes xa que a App é polifónica, etc.

- Tocar cancións a unha ou varias voces. Podemos dividir a clase en grupos e tocar melodías ou cancións a máis dunha voz ou con textura de melodía acompañada.

- Compoñer melodías libres ou dirixidas segundo o obxectivo didáctico que nos expuxeramos.

- Improvisacións sinxelas sobre tres notas ou sobre escala pentatónica.

 

1º xilófono    App Xilófono/pianoApp store // GooglePlay 

 

 

* Aquí vos deixo un xogo ben divertido e sinxelo para practicar a lectura das notas musicais no pentagrama. Premede aquí

 

24 arañas xogo

 

 

 

A MÚSICA COAS LETRAS GALEGAS

 

Aquí vos irei deixando algúns recursos de Ed. Musical relacionados coa celebración das Letras Galegas, que como sabedes, este ano están adicadas ao Ferrolán "Ricardo Carvalho Calero"

 

No día das Letras Galegas, tivemos un feixe de sorpresas!!

* Quero amosarvos a todos a proposta que acabamos de enviar ao concurso ENREGUÉIFATdo alumnado de 6º de Ed. Primaria. Aquí vos deixamos a nosa "EcoRegueifae tamén unha "versión karaoke" da mesma!!

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participa neste concurso, pero desta volta, e dadas as circunstancias, facémolo cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do "Proxecto EcoTeo", que levamos a cabo no cole. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano!!

Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Agardamos que vos preste vela!! E animádevos a cantala co Karaoke!!

 

* O voso compañeiro Pedro Sánchez Picado, (de 4ºB), compártenos unha interpretación fermosa á "marimba", do noso Himno Galego. Un agasallo ben especial para conmemorar esta data tan sinalada das "Letras Galegas. Non vola podedes perder!! Grazas Pedro!!

* Coa mesma idea de Pedro, lánzamos tamén un desafío musical para os frautistas do cole!! A ver se alguén se atreve a tocar este anaquiño da primeira parte do noso Himno Galego.

E para que tamén cantedes todos en familia, achegámosvos o himno Galego "subtitulado" para que vos animedes a cantar esta fermosa canción que nos representa como pobo ao igual que a nosa lingua.

    

 

 

Ópera Letras  Lusofonía Letras

 

 

REGUEIFA/ENREGUÉIFATE

 

Adéntrate no mundo da Regueifa a través da actividade que creamos para o proxecto Aulas Galegas . Entra aquí para aprender un montón de cousiñas e empeza a regueifar xa. Podes enviarme ao mail os teus vídeos regueifando ou envialos ao Concurso Regueifesta.

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participará no concurso!! Desta volta, e dadas as circunstancias, cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do Proxecto EcoTeo. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano. Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje.

Así que, o día das Letras Galegas, entre outros contidos publicarei aquí a peza que enviamos a concurso; "EcoRegueifa".

Isto non quita de que vos animedes a mandar máis propostas! Podedes envialas vós mesmos para participar na categoría individual ou mandarmas a min para envialas como proposta escolar. 

E por suposto, os papis, mamis, avoas, avós, tíos... Tamén poden participar!!

Animádevos con esta fermosa proposta cultural que por certo, tamén patrocina o noso Concello de Teo xunto con outros Organismos e Entidades. Benvida@s á Regueifesta!! 

 

 regueifa

Banner Enreguéifate

 

 

 

  

 

 

"FAMILIA DOS INSTRUMENTOS DE CORDA" (Animación en Galego)

 

 

  

ESTREAMOS O NOSO "VideoLog Didáctico"

 

Un novo espazo para aprender un feixe de cousas pasándoo pipa!!

Clica na imaxe para acceder!!

 

VideoLog

 

 

  ========================================================= 

 

  PROPOSTAS MÚSICA 

banner covid/datos

 

 

 

Ed. Infantil:

  

- Debuxos Musicais":  "Bolero de Ravel". 

 

- Canción "A Ram Sam Sam": Unha actividade divertida, especialmente recomendada para os que vivedes nunha casa grande ou dispoñedes dun espazo aberto ou pequeno patio. Outra maneira de facer exercicio físico e música ao mesmo tempo! E de paso, traballaredes cos pequechos canto (entonación), aspectos ritmicos, de psicomotricidade...

 

- Debuxos de instrumentos para colorear aquí

 

- Practica tocando o piano. Crea melodías xogando con sons de animáis aqui

 

- Aprende tocando as notas da escala musical aquí

 

- Pásao pipa en familia con "Naturizo"!

   * Conto "Naturizo: Un agasallo para naturizo"

   * Canción "Naturizo chegou" (Rock)

   * Canción Naturizo con pictogramas

   * Coreografía "Naturizo Chegou"                   

 naturizo

 

 

- "Música Infantil Galega"

 

 

 

- Cancións africanas infantís para cantar e bailar en familia: "Olelé", "Wa wa wa wa", "20m de cancións

 

 

 

- "Canticuénticos"

 canticuénticos

 

 

- Cantajuegos: "Vol. 10 completo", "Vol. 1 completo"

 

 

 

 

1º Ciclo (1º e 2º):

 

XOGOS de Ritmo: Aprende as figuras musicais:

- As figuras musicais: "O castelo da música"

- Dictado rítmico niveles I, II e III aquí

- Negras e silencios aquí

- Dictado rítmico nivel IV aquí

 

- RITMO A TRAVÉS DE OBRAS CLÁSICAS ADAPTADAS:

O obxectivo sería escoitalas e a posteriori, acompañar a música cos ritmos propostos con diferentes partes do corpo. Facendo así a través da percusión corporal (palmas, muslos, pés, chasquidos, peito...) un traballo rítmico, de coordinación e psicomotricidade en xeral (lateralidade,...) 

       

        - "En la gruta del Rey de la montaña" (Ed. Grieg)

 

        - "Carmen", Overtura (Bizet)

 

 

 

- INSTRUMENTOS MUSICAIS:

* O almacén de instrumentos (aprende xogando cos instrumentos)

 

COMPOSICIÓN/CREATIVIDADE:

- Crea a túa música aquí ou aquí

 

NOTACIÓN:

- Aprende tocando as notas da escala musical aquí

 

A maiores, para o alumnado de 2º Curso:

Iniciación no estudo de contidos teóricos relacionados coa práctica instrumental da frauta:

- TABLA DE POSICIÓNS NA FRAUTA E COLOCACIÓN DAS NOTAS NO PENTAGRAMA (DESCARGAR aquí ou aquí).

- Aprende as posicións xogando aquí ou vendo este vídeo

- Consellos de utilización, coidado e limpeza da frauta (aquí)

Linguaxe musical: "Corcho" para lembrar cousas importantes aquí

Canción/xogo "A Ram Sam Sam": Unha actividade divertida, especialmente recomendada para os que vivedes nunha casa grande ou dispoñedes dun espazo aberto ou pequeno patio. Outra maneira de facer exercicio físico e música ao mesmo tempo! E de paso, traballaredes cos pequechos canto (entonación), aspectos ritmicos, de psicomotricidade...

- Practica tocando o piano. Crea melodías xogando con sons de animáis aqui

 

 

 

2º Ciclo (3º e 4º):

 

- Linguaxe musical:

* Repasamos as figuras musicais: "O castelo da música"

* "Corcho" para lembrar cousas importantes aquí

* Actividade para poñer a proba todo o que sabes aquí

 

 

- Instrumentos Musicais:

* O almacén de instrumentos (repasa os instrumentos)

 

- Aprendemos a tocar o xilófono e o piano virtualmente!!

  Con esta nova App que vos vou recomendar, podedes tocar cancións, practicar escalas e outros exercicios ben divertidos tocando o xilófono ou o piano. E ata facer as vosas propias composicións!! Se dispoñedes de tablet ou outro dispositivo móbil, tactil esta é a vosa oportunidade!!

Funciona tanto en dispositivos Android como  IOS. Chámase "Mi 1º  xilófono y piano" e é unha creación de  Hoseki App.  Paréceme moi útil para empezar a tocar estes instrumentos, coñecer as notas musicais e o seu son, o funcionamento do teclado (teclas naturais e alteradas). Ocórreseme que se poden traballar moitos conceptos da Linguaxe Musical como escalas, intervalos, acordes e, sobre todo, pódense tocar melodías coñecidas ou inventalas. Ademáis ten varias melodías coñecidas que van marcando as notas para poder tocármo-las. Por suposto,se mercamos a versión PRO,  hai moitas máis!! Pero na vers free (gratuita) xa teriamos material abondo para entreternos tocando varias propostas. Para tocar e compoñer poñemos o "Modo libre".

Resumindo...  Que actividades podemos facer en clase con esta App?

Pois as mesmas que poñemos facer cun  xilófono ou un teclado "de verdade". Algunhas ideas:

- Repaso de conceptos musicais. Tocar intervalos, traballar con escalas, alteracións, formar acordes xa que a App é polifónica, etc.

- Tocar cancións a unha ou varias voces. Podemos dividir a clase en grupos e tocar melodías ou cancións a máis dunha voz ou con textura de melodía acompañada.

- Compoñer melodías libres ou dirixidas segundo o obxectivo didáctico que nos expuxeramos.

- Improvisacións sinxelas sobre tres notas ou sobre escala  pentatónica.

 

1º xilófono    App Xilófono/pianoApp store // GooglePlay 

 

 

- FRAUTA:

 

  * 3º Curso:

    Cancións propostas de Frauta: Thalassa e Muffin

    Nova canción Jazz Doinua 

 

  * 4º Curso:

    Novas cancións de Frauta:

    - Ibilaldi Lasaia (Vídeo lento - Vídeo Normal)

    - Sifonía nº9 "Sinfonía do Novo Mundo" (Dvorak) - Vídeo

    Tocar a melodía coa frauta e facer as dúas pistas de percusión con palmas e algún

    instrumento caseiro (culleres, botella de anís,...).

 

* Inicación ao Ukelele:

    Tendo en conta que, para o ano iniciaremos o estudo deste novo instrumento,

    sería convinte que vos iniciedes no coñecemento do mesmo.

    O máis importante, a parte de saber as características principais e orixe é que

    aprendamos cousas como:

    - Cantas cordas ten? Que nota musical se correspondería con cada unha delas?

    - Afinación: Por que temos que afinalo? Como se afina?

    - Cifrado americano: Sabías que cada nota musical se identifica cunha letra do abecedario?

      Pois isto é moi importante para afinarmos o ukelele co "afinador" e tamén para

      recoñecer "acordes", pois ésta é a nomenclatura habitual que nos imos atopar en

      afinadores partituras...

    - Pero... Que é un acorde? Pois cando tocamos varias notas ao mesmo tempo, de

      maneira simultánea.

  Todas estas cousas e moitas máis, poderás atopalas no noso blogue do "Proxecto UkeCole"

      

banner ukelele 

 

 

 

3º Ciclo (5º e 6º EP):

 

- Linguaxe musical:

* "Corcho" para lembrar cousas importantes aquí

* Actividade para poñer a proba todo o que sabes aquí

* Fichas imprimibles (Teoría, exercicios e probas autoavaliables) aquí

  Escoita aquí os audios para facer os dictados rítmicos:

   = páxina 20 aquí 

   = Páxina 22 aquí

   = Páxina 23 (non facer) 

 
- Outros EXERCICIOS: Recoñecemos as figuras musicais:
 
Recoñecemos os silencios musicais:
¿Poderías responder a estas preguntas sobre as figuras e os compases?
 
¡Este último xogo xa é para expertos! Relaciona segundo o valor total (2, 3 ou 4 tempos). En cada grupo hay cinco elementos! E coidado, ¡só tés 2 intentos!
 
 
* Outros traballos:  
 
- Repasar os contidos de  LINGUAXE MUSICAL que xa estaban colgados no muro da páxina de "AULA DE MÚSICA".
 
- Traballar nas tarefas programadas a través da nosa plataforma de contidos dixitais "EDIXGAL".
 
 
- FRAUTA: 
 
* 5º Ed. Primaria: Novas cancións de Frauta
   "Habanera"
señor anillos
 
* 6º Ed, primaria: Novas cancións de Frauta
   "Armenia(Clica aquí para tocar co playback. Dobre duración. Descargar partitura aquí)
   "Imagine" (John Lennon) Vers 2 vídeo con notas
Imagine John Lennon
                             
 
 
- UKELELE (5º e 6º):
 
* Novas cancións de Ukelele: "Old Town Road" "Girls Like" "Believer" "Os árbores da Fraga" (día da poesía e a árbore).
 
* Teoría: Seguir estudando os contidos que tiñamos previstos xa para o exame teórico en "Proxecto UkeCole"
 
* Xa podedes disfrutar dunha nova canción galega no noso "Proxecto UkeCole". Déixovos aquí o enlace para ir traballando nesta fermosa "Muiñeira de Piadela".
 
 
Partituras para frauta/gaita... aquí
 
 

========================================= 

 

 

- ACTIVIDADE MUSICAL DE CENTRO PARA TODOS OS CURSOS  

   (Dende Infantil ata 6º Curso de Ed. Primaria):

 

* Canción do día da árbore, que cantaremos e tocaremos todos xuntos, se todo vai ben o 5 de xuño, día Mundial do medio ambiente

  Cantala tentando aprender a letra. E no caso do alumnado de 5º e 6º aprendela tamén co ukelele.

  Seredes a "banda"que acompañará a todo o cole. Enlace aqui.

 

 

 

============================================

 

 

MÁIS COUSIÑAS PARA TODOS OS CURSOS/NIVEIS: 

 

 

- Compón a túa música con incredibox (posibilidade de descargar app)

 

incredibox

 

 

- Composición II: Tamén podes compoñer coa ferramenta"SongMaker" doutro xeito ben divertido. Ademáis poderás gardar as túas cancións no ordenador ou compartilas fácilmente cun link as túas.

 

songmaker

 

- Xogos musicais en "Coquitos web" aquí

 

Jungle Music App (aprende as notas e outras cousas de lunguaxe musical xogando)

 

- App Mussila

 

- Traballo de Investigación: Busca información sobre dous dos novos instrumentos que imos incorporar á aula de música; A batería acústica/eléctrica e o baixo eléctrico (partes, orixe, técnica para tocalos...). Redacta nun pequeno traballo a información que consideres máis importante durante o teu traballo de investigación.

Se coñeces algunha persoa que toque algún destes instrumentos podes entrevistalo e incorporar as súas aportacións ao teu traballo.

Todo isto facilitarache tocar estos instrumentos á volta deste parón de clases!

 

          Resultado de imagen de gif batería  Resultado de imagen de gif bajo

 

 

- Convírtete nun baterista virtual creando os teus mellores ritmos con "ableton". Tamén podes facer acordes, melodías ritmos de baixo... aquí

 

 

 

 

- Familias de Instrumentos (Actividade interactiva)

 

familias instrumentos

 

 

 

- Fichas imprimibles de Ed. Musical (todos os niveis): Descarga un montón de fichas para imprimir relacionadas coa área aquí

(Para unha correcta visión é mellor loguearse na plataforma "pinterest", coa conta de google etc)

 

 

- Recursos de música na web "Aulas Galegas", na que colaboramos algúns mestres do centro na creación online de contidos para axudar aos pais/nais nesta situación tan complexa.

 

aulas galegas

 

 

  

 

REGUEIFA/REGUEIFESTA

 

Adéntrate no mundo da Regueifa a través da actividade que creamos para o proxecto Aulas Galegas . Entra aquí para aprender un montón de cousiñas e empeza a regueifar xa. Podes enviarme ao mail os teus vídeos regueifando ou envialos ao concurso Regueifesta.

 

 regueifa

 

 

 

"MUSICOGRAMAS" divertidos para facer percusión corporal

 

- "Peer Gynt" (Ed. Grieg)

- "Marcha Turca" (W.A. Mozart)

peer gynt

 

 

 

 APP´S PARA APRENDER MÚSICA 

 

IOS/APPLE (app store):

 

- Play Ópera (+5 años)

 

Play Ópera é unha aplicación para os nenos de entre 5 e 12 años que busca fomentar o interés e disfrute de la ópera a través de obras de 5 destacados compositores.

Rigoletto de Verdi,  La Cenicienta de Rossini, Turandot de Puccini, La flauta mágica de Mozart, Luisa Fernanda de Federico Moreno Torroba, son as 5 obras que nos propón esta app, ilustradas por outros tantos artistas de recoñecido prestigio.

 

> Descargar para Kindle Fire (gratis)

 

 

- Piano Dust Buster 2 (+6 años)

 

Un curiosa aplicación para aprender a tocar o piano na que podemos usar tanto o teclado proposto pola app como un físico que teñamos xa que a aplicación vai guiar ao neno para que poida tocar cancións.

 

> Descargar para Apple (gratis)

 

 

- Tunetrain (+6 años)

 

Baixo o lema ““Everyone can create music” un grupo de diseñadores, músicos, programadores e artistas crearon esta aplicación para divulgar a aprendizaxe da Ed. Musical. Neste "mundo", as persoas viven en diferentes alturas (como as notas), e os nenos trazarán o percorrido dun tren para que recolla a cada habitante na súa casa. 

Simultáneamente a app amosa o pentagrama e as notas, compases, claves… 

 

> Descargar para Apple (gratis) 

 

- "MI 1º XILÓFONO/PIANO"

 

1º XILÓFONO/PIANO   App Xilófono/pianoApp store

 

 

- GOOGLE/PLAY STORE (Android)

 

app´s banner

 

"Music Kids - Songs & Music Instruments

 

"Piano Kids Music - Songs & Music Instruments

 

"Piano Niños Música y Canciones

 

"Aprende a cantar

 

"Ritmo e solfeo

 

"Entrenador de Ritmo"

 

"Aprender música - Leer notas

 

"DoReMi. Notas Leer Música

 

"Acordes y solfeo"

 

"Solfeo: aprende las notas con diferentes instrumentos

 

"Escuela de música Mussila"

 

"Flute Máster" - Aprende flauta"

 

Aprendemos a tocar o xilófono e o piano virtualmente!!

  Con esta nova App que vos vou recomendar, podedes tocar cancións, practicar escalas e outros exercicios ben divertidos tocando o xilófono ou o piano. E ata facer as vosas propias composicións!! Se dispoñedes de tablet ou outro dispositivo móbil, tactil esta é a vosa oportunidade!!

Funciona tanto en dispositivos Android como  IOS. Chámase "Mi 1º  xilófono y piano" e é unha creación de  Hoseki App.  Paréceme moi útil para empezar a tocar estes instrumentos, coñecer as notas musicais e o seu son, o funcionamento do teclado (teclas naturais e alteradas). Ocórreseme que se poden traballar moitos conceptos da Linguaxe Musical como escalas, intervalos, acordes e, sobre todo, pódense tocar melodías coñecidas ou inventalas. Ademáis ten varias melodías coñecidas que van marcando as notas para poder tocármo-las. Por suposto,se mercamos a versión PRO,  hai moitas máis!! Pero na vers free (gratuita) xa teriamos material abondo para entreternos tocando varias propostas. Para tocar e compoñer poñemos o "Modo libre".

Resumindo...  Que actividades podemos facer en clase con esta App?

Pois as mesmas que poñemos facer cun  xilófono ou un teclado "de verdade"Algunhas ideas:

- Repaso de conceptos musicais. Tocar intervalos, traballar con escalas, alteracións, formar acordes xa que a App é polifónica, etc.

- Tocar cancións a unha ou varias voces. Podemos dividir a clase en grupos e tocar melodías ou cancións a máis dunha voz ou con textura de melodía acompañada.

- Compoñer melodías libres ou dirixidas segundo o obxectivo didáctico que nos expuxeramos.

- Improvisacións sinxelas sobre tres notas ou sobre escala  pentatónica.

 

 

1º xilófono    App Xilófono/pianoApp store // GooglePlay 

 

 

- E aquí, un feixe de aplicacións máis entre as que podedes escoller outras cousiñas que vos chamen a atención "Máis aplicacións de música

 

 

 

O "29 de abril", celebramos o "Día Internacional da danza

Con motivo da celebración do día da Danza, dende o departamento de educación da Cidade da Cultura, propóñennos unha ficha didáctica ben interesante para o alumnado de primaria.

"Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura". Agardamos que esta actividade vos guste!!. 

Ademais, convidan á cativada a mandar un vídeo bailando ó seguinte correo electrónico para editalo e crear unha peza conxunta.

Podedes enviar as vosas propostas a onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 01 de maio). Despois podedes seguir mandando as vosas danzas igualmente, só que non se poderán engadir xa á peza conxunta editada.

Preme aquí para acceder á ficha:

 

 

día da danza

 

 

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES E VÍDEOS INTERESANTES 

 

 

 

 

 

 

"DANZA E PERCUSIÓN CORPORAL"

 

 

 

"Como bailar unha muiñeira?"

 

Non deixedes de visitar as vosas propias coreografías do último entroido no cole aquí

 

 

 

DOUS NOVOS LIBROS QUE VOS PODEN GUSTAR!!

 

Obras que nos achegou de xeito altruista, a Editorial Salvat e Luís Vallecillo. Grazass!!

Iso sí, lembrade que os escritores, músicos e artistas... Tamén precisan vivir do seu traballo!!

Así que non deixemos de terlle en conta o seu esforzo e aportación desinteresada nestes

tempos de crise e devolvámoslle a moeda en canto poidamos mercando música, libros,

indo a concertos, obras de teatro...

Clica nas imaxes para acceder aos mesmos

 

 Beethoven Luís vallecillo

         Todas as cancións do conto aquí

 

  

 

XOGOS DE MESA MUSICALES

 

Musipoly: O xogo  Musipoly Pequeno Mozart é un material educativo deseñado para que os nenos aprendan a escala musical e recoñezan os símbolos das figuras musicais dunha maneira lúdica e divertida. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en conseguir a Escala.

Ver máis info sobre o xogo ou mercar aquí

 

 

 

Parchís musical: O xogo «Parchís Musical Pequeno Mozart» é un material educativo deseñado para que os nenos aprendan o valor das figuras musicais e compoñan a escala dunha maneira lúdica e divertida. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en alcanzar a meta coas catro fichas ou conseguir a Escala Musical.Ver máis info sobre o xogo ou mercar aquí

 

 

 

 

 

 

IDEAS EDUCATIVAS PARA DIVERTIRSE XOGANDO EN FAMILIA:

 

* Karaoke: Animádevos para pasar un anaco divertido cantando co voso propio karaoke.

  Aquí vos deixo un par de recursos interesantes para que cantedes a esgalla; "Galeoke" (karaoke de cancións galegas) e "cantaokey"

 

 cantaokey

 

 

* Inventade a vosa coreografía: Elexide unha canción que vos guste e convertídevos en coreógrafos creando uns pasos de baile divertidos.

 

* Gravade o voso propio programa de radio: Imaxinade que tendes un programa de radio! Imaxina o que lle contarías aos teus ointes, a música que pincharías, entrevistas... Grabádevos e divertídevos despois escoitándoo.

 

* Inventade a vosa propia canción: Libera o teu sentido do ritmo e creatividade e compóñede a vosa propia canción. Non deixedes de grabar o resultado final para poder desfrutar da vosa composición cando os apeteza.

 

* Adiviña a canción: Tararea a melodía ou recita un anaco da letra dunha canción coñecida. A ver que é quén de acertar!

 

* Cancións da infancia dos papis/mamis: Queres vivir un "flashback"? Lembra cos teus fillos as cancións da túa infancia.  E se ademais ten algunha coreografía ou xogo ritmo aprédella tamén para pasar un anaco pipa todos xuntos!

 

 

Músic@s Galeg@s

 

 

Cada venres publicarei un grupo ou músic@ galeg@ neste espazo. Cunha pequena recensión do artista e algunha das súas cancións para que desfrutedes da súa música. 

O fin desta actividade é coñecer un petisquiño do noso riquísimo abano de artistas. Pois sí, somos un terra das máis ricas neste senso. Pero tristemente, ás veces, absorbidos polas “mega producións” ou “produtos comerciais nacionais e internacionais”, non somos conscientes disto. Especialmente as xeracións máis novas.

Descubriredes un novo mundo! Con músicas fermosas que tristemente non teñen a presenza que se merecen, nas canles de radio ou programas de televisión comerciais.

Estade atentos ás publicacións semanais!!

Empezamos hoxe a proposta desta semana!!

Fai clic neste link que vos levará á xanela “Músic@s Galegos”, habilitada especialmente para esta actividade

 

 

FAITE O TEU INSTRUMENTO!!  

 

Da man do gran músico e musicólogo galego "Abraham Cupeiro", coñecido entre outros moitos proxectos, por recuperar e reconstruír instrumentos da antigüedade, propóñovos algo ben divertido e interesante.

Feito especialmente, para aportar o seu gran de area nestes días de confinamento polo covid 19.

Se queredes coñecer máis cousiñas deste súper profe pinchade aquí

Que a música non pare! 

Grazas Abraham!! Por permitirnos comparti-lo!

 

================================================== 

 

Para calquera dúbida, ou envío de traballos podedes escribirme á dirección de sempre: oscar@ramallosa.org 

Ou a través das titorias da aula virtual.

Mil grazas polo voso traballo e compromiso coa saúde pública deste noso planeta! E lembra, "quédate na casa", sen deixar de aprender e desfrutar coa música

Resultado de imagen de gif notas

Distribuir contido


by Dr. Radut