Skip to Content

DESPEDIDA E AGRADECEMENTO AOS COLABORADORES E COLABORADORAS DA BIBLIO

COMO AGRADECEMENTO POLA AXUDA PRESTADA PARA O BO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO, QUIXEMOS DARLLE UN PEQUENO DETALLE A TOD@S @S COLABORADORES E COLABORADORAS NESTE CURSO E UNHA DESPEDIDA NO CASO DE ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE SEGUE A SÚA VIAXE EDUCATIVA NOUTRA ETAPA.

 

O ilustrador Óscar Villán visita o colexio.

O alumnado de 3º e 4º asistiu a unha charla do ilustrador Óscar Villán.

 

 

Contaxiounos ganas de debuxar e de desfrutar das ilustracións dos libros!

Se queres acceder á galería de imaxes preme aquí.

Novo número da revista de Sexto-A

Derradeiro número da revista de Sexto-A.

A nosa despedida de primaria.

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

LIBROS DE TEXTO 2020-21.

Dende aquí pódese descargar o arquivo.

 

 

 

VIDEOCLIP OFICIAL "EcoRocK"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso Proxecto deste ano, "EcoTeo".

Foi un traballo de fin de ciclo levado a cabo co alumnado de 6º de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras! Neste caso, Mónica e Laura

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto durante este curso escolar 2018_19.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano. Unha actividade realizada na da Área de Ed. Musical.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE INFANTIL

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, FESTEXOU O SEU ACTO DE GRADUACIÓN, PARA PECHAR UN CICLO QUE REMATA PARA ELES/ELAS.

FIXEMOS ESTE ACTO GRAZAS Á COLABORACIÓN E TRABALLO DA ANPA, QUE FORON QUENES MAIORMENTE LEVARON O PESO DA ORGANIZACIÓN DO MESMO, E POLO QUE APROVEITO PARA VOLVER A DARLLES AS GRAZAS.

FORON MOMENTOS EMOTIVOS, NERVIOS, EMOCIÓNS, RISAS, LÁGRIMAS, APERTAS, DESPEDIDAS,  GRAZAS; UNHA MISTURA DE LEDICIA E TRISTURA,... DA GUSTO VER COMO OS TEUS ALUMN@S VAN MEDRANDO E PROGRESANDO, ACADANDO LOGROS, SUPERANDO RETOS,.. PERO TAMÉN UN POUCO DE PENA POR VELOS MARCHAR DESPOIS DE TEMPO XUNT@S

 MOITA SORTE NA NOVA ETAPA DE PRIMARIA,

UN ABRAZO DE GRUPO, QUE MOITOS NOS DEMOS!!!!

 

   E TAMÉN GRAZAS AO PROFE ÓSCAR PORQUE GRAVOU CON ELES UN FERMOSO VIDEO CLIP PARA A CANCIÓN DE ECOROCK, QUE VISUALIZAMOS TODOS XUNTOS AO REMATE DO ACTO, COMO BROCHE SORPRESA!!!

O segundo ciclo visita Cortegada e Vilagarcía.

O venres 14 de xuño o alumnado de terceiro e cuarto visitou a illa de Cortegada.

Espazo protexido que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 Paseou polas rúas de Vilagarcía no tren turístico e desfrutou dun baño na praia.

 

Se queres acceder as imaxes dese día preme aquí.

 

EXPOSICIÓN OBRADOIRO 19

E XA VAN 11 ANOS!

Sentímonos ben orgullosas e orgullosoa de amosar na Casa Común de Cacheiras, o noso intenso traballo ao longo de todo o curso. Comezamos intervindo no espazo público do colexio, en concreto nunha parte do muro do patio exterior e nas escaleiras que van ao Salón de actos. A continuación, comezamos unha intensa viaxe ao redor do retrato. Mirade a nosa produción premendo na fotografía.

NATUREZA NA PEL

ESTA PROPOSTA XURDIU DUNHA ESCOLMA FEITA DE PALABRAS RELACIONADAS COA NATUREZA RECOLLIDAS DAS POESÍAS ELABORADAS NAS AULAS COMO UNHA ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA NO CENTRO.

CUN PROXECTOR, UNHA SERIE DE TERMOS QUE IDENTIFICAN ELEMENTOS DA NATUREZA E UNHA CÁMARA PUIDOSE FACER BONITAS FOTOS COMO AS DESTE VIDEO.

 

 

VALORACIÓN DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

É DESEXABLE SABER SE UN RECURSO ESTÁ CUMPLINDO E DANDO SERVIZO COMO SE ESPERA E IGUALMENTE SEMPRE INTRODUCIR PROPOSTAS DE MELLORA. NESTE SENSO, SOLICITOUSE UNHA VALORACIÓN DO USO E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO AO ALUMNADO E PROFESORADO, E OS RESULTADOS EXPÓÑENSE NO SEGUINTE DOCUMENTO ADXUNTO SENDO DE COÑECEMENTO E INTERESE PÚBLICO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut