Skip to Content

PRESENTACIÓN do libro "O TOQUE PECHADO" de "Pablo Seoane"

O venres pasado tivemos a gran sorte de poder ter con nós ao noso estimado PABLO SEOANE. Músico, docente, Luthier/artesán... E sobre todo, un Ramalloseiro dos pés á cabeza, pois tamén foi alumno do noso centro.

Este polifacético persoeiro do noso Concello ten máis que gañado o seu prestixio a nivel internacional. Un luxo que tivera a deferencia de presentar ao noso alumnado de 6º, o espectacular traballo do seu último libro "O toque pechado". Unha recollida de anos e anos, de aldea en aldea gravando en casetes aos nosos avós músicos. Un proceso árduo que agora se recolle nesta obra de arte do noso patrimonio cultural cun carácter tamén moi pedagóxico!! Un libro indispensable na biblioteca de calquera músico ou amante da nosa cultura.

Na súa presentación falounos entre outras cousas da orixe destoutra forma tradicional de tocar a gaita. Na que, por dicilo dalgunha maneira, mudan as posicións dos dedos para facer as notas, feito que afecta ao propio son!! E que é precisamente, un dos motivos de que nacera esta dixitación. A procura dunha afinación axeitada! Pois non había un punteiro tipo cunhas medidas estándar que reproducisen o mesmo son, polo que os gaiteiros tiñan que ir buscando a afinación en cada nota. Polo que a gaita adquire tamén outra tímbrica!! Tamén se xustifica e reforza esta forma de tocar, probablemente polo feito, de buscar o instrumentista unha maneira de tocar suxeitando mellor o punteiro. Na actividade tamén nos tocou unhas pezas, unha delas acompañado da súa filla Lía, alumna do centro e integrante do Grupo de música tradicional do Centro.

Tamén donou un exemplar do libro á Biblioteca Escolar do Centro e asinou no noso libro de persoeiros ilustres que visitan o centro.

Sen dúbida, aprendemos un montón de cousas co noso querido "Pablo Seoane". Grazas unha vez máis e moita música compañeiro!! (Premede na imaxe para ver máis fotos, videos...)

 

Proxecto "Cóntame un Conto"

O pasado curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participou no proxecto: "Cóntame un conto", como un dos centros "piloto" da iniciativa. A pesares de que foi este nivel educativo o que fixo o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, houbo contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro. Nesta actividade en concreto, os conta contos Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha fixeron as delicias dos alumnos/as dos cursos de 4º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Infantil.

Este curso 2022/23 continuamos co proxecto! E seguimos desfrutando dos contos que os maiores achegan aos nenos/as do centro!!

A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), do Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info sobre o proxecto, e publicación dos videos de todos os centros na web do APOI. Preme aquí para entrar!!

 

2ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS:

(Estamos a subir as montaxes. En breve poderedes gozar de todos os contos deste ano)

 

 

 

 

 

1ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS / GALA:

Cóntame un conto Portada

 

 Preme nos seguintes atallos para ver ou descargar fotos e videos do acto

Atallo1      Atallo 2      Atallo 3

Cóntame foto final

Cóntame Quintana

 

"ACTUACIÓN/FORMACIÓN CON "CELSO FDZ." E "MARÍA DA PONTRAGHA"

 

OS NOSOS CONTOS

(Preme no título de cada video para poder velo a pantalla completa) 

"CANCIÓN DO NADAL 2021" (TVG)

Esta é a nosa proposta presentada ao concurso da TVG "A Canción do Nadal". Grazas a todo o alumnado e familias pola vosa implicación. Finalmente non fomos os gañadores do concurso, pero para @s Ramalloseir@s o noso "Algho han de traer" é a canción deste Nadal sen dúbida☺️ Boas festas a tod@s, Ramalloseir@s!! E xa sabedes... "Algho han de traer"

MAGOSTO 2021

Así foi o noso magosto!! A pesares das limitacións COVID, non faltaron castañas asadas, xogos tradicionais, música do país...E moita moita festaaa!!

 

SE PREMES NALGUNHA DAS IMAXES VERÁS MÁIS ACTIVIDADES. QUE BEN O PASAMOS!!

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano sí!! Puidemos conmemorar conxuntamente a data do 25N, tan sinalada no calendario, para lembrarmos que debemos seguir loitando contra a violencia en calquera das súas facetas. Preme na imaxe para ver máis contidos, fotos...

DISTRIBUCIÓN de MÁSCARAS entre o alumnado matriculado en Educación Primaria

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de Primaria

As familias que recibiron as Axudas de Material Escolar recibirán automaticamente máscaras sen ter que presentar solicitude. O resto das familias que desexen solicitalas, se cumpren os requisitos da convocatoria, poden descargar o formulario ED330E no seguinte link.

FORMULARIO ED330E

As solicitudes entregaránse no centro educativo, de 09:30 ás 14:30h.

O prazo de solicitude é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

PREMIO INTERNACIONAL de Radio Escolar SCHOOLS 21C

Este venres recibimos na Universidade de Santiago, o  Premio no Concurso Internacional de Radio Escolar "Schools 21C"

Un evento organizado dentro do Proyecto Europeo Schools 21C. Os obxectivos do mesmo son visibilizar a preparación do profesorado e alumnado nas competencias mediáticas entre todos os profesores/centros de; España, Portugal, Italia e Lituania. Dando a coñecer as súas experiencias de creación de programas de radio para estimular a innovación nas múltiples competencias que nos ofrece este medio.

Entre os contidos presentados, acadou un éxito e recoñecemento total do xurado a traballo feito co alumnado de 6ºB o curso pasado na serie de Radio-tetro "Destino Escuro". Moitísimos parabéns a todos os discentes participantes!!

Aquí vos deixamos o link para escoitar os catro capítulos da serie:

https://soundcloud.com/oscar-suarez-carbia/sets/destino-escuro-1-temporada

Quremos agradecer a todas as entidades organizadoras e socios este gran recoñecemento ao noso traballo!!

Universidade de Santiago de Compostela (ESPAÑA) Entidade impulsora da Actividade.

Agencia Nacional de Educación (LITUANIA)

Radio Coruña SL - Cadena SER (ESPAÑA)

Fundación pública Gallega Centro Tecnológico de Supercomputación de Galicia. (ESPAÑA)

Scuola Secondaria Di Primo Grado A. Criscuolo (ITALIA)

Agrupamento de Escolas de Barcelos (PORTUGAL) 

ERASMUS+ Programa Europeo

Premio Schools 21C    Schools21C_2

Máis fotos e videos aquí

SAMAÍN 2021

Aqui vos deixamos unha mostra das actividades desta fermosa e importante celebración dos nosos antergos Celtas!! Agardamos que vos preste!!

Menú Samaín 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut