Skip to Content

O CEIP da Ramallosa premiado no "ENREGUÉIFATE"

Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria, foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa. 

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasadoEcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.

 

Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns. 

 

Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística.  Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", un Karaoke da mesma e un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATEParabéns regueifeir@s!

 

 

  

SORPRESIÑAS NESTE DÍA DE FIN DE CURSO!!

Bo día Ramalloseir@s!!

Como sabedes, hoxe remata o curso 2019-20. E non podiamos facelo, sen deixarvos unha sorpresiña a tod@s! Especialmente, ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, que remata a súa andaina no noso cole, para empezar unha nova etapa nas súas vidas cursando a ESO.

Por iso, desta volta, son el@s @s protagonistas principais deste agasallo que vos preparamos con todo o noso cariño!! Como “compensación” por non poder facerlles o habitual Acto de Gradación que se merecen.

Agardamos que desfrutedes destes vídeos que fixemos con todo o noso cariño para vós. E que pasedes un verán xenial!! Uns recargando pilas para vernos en setembro de volta ao cole e os maiores, xa no insti, vivindo novas experiencias.

Unha aperta ben grande de todo o profesorado, cociñeir@s, coidador@s... E do noso súper conserxe. Temos moitas moitas ganas de volver a vervos!! Bicosss!!  

PROPOSTAS DE LECTURAS PARA VERÁN

GOZADE MOITO DO VERÁN, DAS VACACIÓNS, DO MERECIDO DESCANSO, E

     "PARA VIVIR ALGUNHA AVENTURA

                   ESCOLLE UNHA BOA LECTURA" 

 

Reto: QUEN É QUEN

Fai uns días retámosvos a recoñecer nun xogo ao profesorado a través das fotos da súa infancia, coa intención de facer unha actividade divertida neste final de curso.

Hoxe ofrecémosvos a solución.

Deixamos os enlaces por separado, por se alguén todavía non intentou o reto.

Xogo: QUEN É QUEN

Solución

PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 20-21

A partir de hoxe queda exposto no taboeiro do colexio o listado provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso (pola lei de protección de datos non podemos publicalo por outros medios)
O único nivel no que hai exclusións é en 4º de educación infantil, no resto de niveis están admitidas todas as solicitudes.
Hai 3 días para presentar reclamacións a partir do día seguinte desta publicación provisional.

CALENDARIO PARA ENTREGAR E RECOLLER MATERIAIS NO CENTRO

 Para entregar os libros e ordenadores do colexio e para recoller o que deixaron os nenos e nenas cada grupo-aula terá un día asignado no calendario que propoñemos de seguido. Por razóns de prazos nas convocatorias non é posible organizar a coincidencia de datas en todos os grupos para resolver outros trámites, pero algúns si poden.

Para facilitar a entrega-recollida de materiais das familias con varios fillos ou fillas en distintos niveis, se preferides, podedes vir na última cita que teñades, pois é moi posible que nas primeiras non teñamos aínda listo todo o material dos diferentes grupos.

 O material que se pode recoller do alumnado será: libros da súa propiedade, cadernos, carpetas, instrumentos musicais e material informático e aproveitando entregarémosvos o recibo de marzo do comedor, a quen corresponda. Calquera outro material gardarase ata setembro.

 

NORMAS DURANTE A PRESENCIA NO CENTRO ESCOLAR PARA ENTREGA E RECOLLIDA DE MATERIAIS

 

Horario: de 9:30 a 14:15 (Sen cita previa, non sendo que precise realizar outros trámites, como a solicitude de axudas para libros e material escolar. Teléfono para cita previa: 881 866 498)

 

- É obrigatorio o uso de máscara

- Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos.

- No caso de coincidir con outras familias deberase manter a distancia de seguridade (2 m) durante a espera.

- Seguir sempre as recomendacións do persoal do centro e da cartelería de seguridade.

- A entrada será pola porta principal do centro (a entrada que utiliza o profesorado). Pódese entrar co coche no recinto, de xeito excepcional, para estes trámites.

 

1º E 2º DE PRIMARIA

 Entregar: nada

 Recoller: material que o alumnado deixou no centro e recibos de comedor (de 9:30 a 14:15 non precisa cita previa)

 Outros trámites: para aproveitar o prazo de solicitude de axudas de libros e materiais pida cita previa para o mesmo día no teléfono 881866498

 

DATA

GRUPO

LUNS 1 xuño

Familias de 1º A

MARTES 2 xuño

Familias de 1º B

MÉRCORES 3 xuño

Familias de 2º A

XOVES 4 xuño

Familias de 2º B

 

EDUCACIÓN INFANTIL

Entregar: nada

Recoller: material que o alumnado deixou no centro, recibos de comedor e traballos do curso (de 9:30 a 14:15 non precisa cita previa)

 

DATA

GRUPO

LUNS 8 xuño

Familias de 4º EI A e B (3 anos)

MARTES 9 xuño

Familias de 5º EI (4 anos)

MÉRCORES 10 xuño

Familias de 6º EI A e B (5 anos)

   

 

3º E 4º DE PRIMARIA

 Entregar: libros propiedade do Banco de Libros da Consellería.

 Recoller: material que o alumnado deixou no centro e recibos de comedor.

(de 9:30 a 14:15 non precisa cita previa)

 Outros trámites: para aproveitar o prazo de solicitude de axudas de libros e materiais pida cita previa para o mesmo día no teléfono 881866498. Ter en conta que o prazo remata o día 19 de xuño.

 

DATA

GRUPO

LUNS 15 xuño

Familias de 3º A

MARTES 16 xuño

Familias de 3º B

MÉRCORES 17 xuño

Familias de 3º C

XOVES 18 xuño

Familias de 4º A

VENRES 19 xuño

Familias de 4º B

 

5º E 6º DE PRIMARIA

 Entregar: ordenadores EDIXGAL (aínda non temos indicacións se o alumnado de 5º pode quedar no verán co equipo, farémolo saber cando cheguen as instrucións). O alumnado de 6º terá que entregar: equipo, funda e cargador cos cables correspondentes.

 Recoller: material que o alumnado deixou no centro e recibos de comedor.

 Outros trámites: Recoller o expediente de primaria do alumnado.

(de 9:30 a 14:15 non precisa cita previa)

 

DATA

GRUPO

MARTES 23 xuño

Familias de 5º A

XOVES 25 xuño

Familias de 5º B

LUNS 29 xuño

Familias de 6º A

MARTES 30 xuño

Familias de 6º B

MARTES 30 xuño

Familias de 6º C

 

 

 

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

PRAZOS:

 

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

 

DESTINATARIAS/OS:

 

Alumnado de 1º e 2º : axuda para adquisición de libros

 

Alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria: axuda para adquisición de libros

 

Nestes niveis de primaria, unha vez sexa concedida a axuda é condición indispensable devolver os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2019/20 para poder recoller o vale.

 

O alumnado de 6º que vaia ao IES de Cacheiras deberá facer a solicitude nese instituto. Os que solicitaran noutros centros deberán esperar a ter a confirmación de estar admitidos ou facer a solicitude desde o noso centro.

 

 A solicitude de axuda para adquisición de material escolar poderá facela toda familia que teña renda percápita igual ou inferior a 6.000 €

 

A solicitude será única para todos os fillos e fillas matriculados no mesmo centro para o curso 2020/21.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

  • OPCIÓN RECOMENDADA: Solicitude electrónica en FONDOLIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

  • Formularios para solicitude no centro (con cita previa a través do teléfono 881866498 ). Mediante os Anexos I e II.

  • Tramitación en Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  • ANEXO I e II  (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

MÁIS INFORMACIÓN (premer aquí)

 

NORMAS DURANTE A PRESENCIA NO CENTRO ESCOLAR PARA OS TRÁMITES PRESENCIAIS

 

Horario: de 9:30 a 14:30 con cita previa a través do teléfono 881 866 498 ou do correo-e ceip.ramallosa@edu.xunta.gal

 

- É obrigatorio o uso de máscara

- Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos.

- No caso de coincidir con outras familias deberase manter a distancia de seguridade (2 m) durante a espera.

- Seguir sempre as recomendacións do persoal do centro e da cartelería de seguridade.

- A entrada será pola porta principal do centro (a entrada que utiliza o profesorado). Pódese entrar co coche no recinto, de xeito excepcional, para estes trámites.

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020 "Ricardo Carvalho Calero"

Ricardo Carvalho Calero

Comeza o mes das "Letras Galegas", que como ben sabedes, se celebra o 17 de Maio. Co fin de que poidades ir facendo actividades cos vosos fill@s, achegámosvos varias propostas de interese. Tamén veredes aquí as creacións do Centro!!

 

propostas  

O día das Letras Galegas, tivemos un feixe de sorpresas!!

* Empezamos coa proposta que acabamos de enviar a concurso no Certame ENREGUÉIFATE. Aquí vos deixamos a nosa "EcoRegueifae tamén unha "versión karaoke" da mesma!!

Como todos os anos, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, participa neste concurso representando ao centro, pero desta volta, e dadas as circunstancias, facémolo cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do "Proxecto EcoTeo", que levamos a cabo no cole. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano!!

Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Agardamos que vos preste vela!! E animádevos a cantala co Karaoke!!

 

* O alumnado de 4º curso, compártenos una actividade de Seccións Bilingües realizada na Área de Ed. Plástica fermosísima e con moito moito significado!

   

 

* O voso compañeiro Pedro Sánchez Picado, (de 4ºB), compártenos unha interpretación fermosa á "marimba", do noso Himno Galego. Un agasallo ben especial para conmemorar esta data tan sinalada das "Letras Galegas. Non vola podedes perder!! Grazas Pedro!!

 

* O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, ofrécenos esta vídeo-creación na que nos ensinan as súas verbas preferidas do galego e tamén os seus retratos do homenaxeado, "Ricardo Carvalho Calero. Parabéns pequech@s!!

  

 

* Fai uns meses, o ilustrador “Juan Carlos Abraldes Rendo”, pai de Alejandro e Érica (alumnos de 6º de Ed. Infantil e 5º de Ed. Primaria do cole), levou a cabo no centro un espectacular obradoiro de pintura nas Aulas de Ed. Infantil de 5 anos. No que nos agasallou cun fermoso retrato de "Ricardo Carvalho Calero".

No Proxecto “ContaComigo”, as familias dos cativos de cada aula, participan facendo unha actividade relacionada coa sua profesión, ou outras propostas como “conta-contos”, etc. Agradecementos a todas as familias participantes, por estar ahí sempre!!

Compartinos un pequeno vídeo-resumo desta fermosa actividade na que @s pequech@s o pasaron pipa!! Mil grazas Juan Carlos!!

 

* Recomendamos outro traballo fermosísimo do alumnado de 2º de Ed. Primaria!! 

 

 

Actividades  

* Coa mesma idea de Pedro, lánzamos tamén un desafío musical para os frautistas do cole!! A ver se alguén se atreve a tocar este anaquiño da primeira parte do noso Himno. E para que tamén cantedes todos en familia, achegámosvos o himno Galego "subtitulado" para que vos animedes a cantar esta fermosa canción que nos representa como pobo ao igual que a nosa lingua.

 

* Os "Bolechas; Carvalho Calero" e "As pitas baixo a choiva"!! Dúas actividades xeniais para os máis pequechos da casa!!

Bolechas Ricardo Carvalho bolechas 

 Unidade Didáctica e outros recusos de "As Pitas baixo a choiva", aquí

 

* A raposa Fedella tráenos unha ficha didáctica do homenaxeado Ricardo Carvalho Calero. Cortesía do Servizo de Educación da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Raposa Fedella

 

* Uxía Senlle, artista "recomendada" esta semana na proposta "Músic@s Galeg@s", da área de Ed. Musical, achéganos a fermosa canción; "A Carvalho Calhero! Unha coroa de violetas". E tamén estoutra coas "Tanxugueiras" e "Faia", que leva por título, "A Fala", e na que colaboran diferentes artistas do panorama musical e artístico Galego

 UXÍA SENLLE

  

* A Fundación ABANCA compártenos tamén un montón de propostas interesantes. Aquí vos deixamos algunha!! Un conto sobre o homenaxeado, para que os máis maiores lle conten aos pequechos da casa e e un audio conto para os máis pequechos.

Ricardo_CorazoDasLetras

 

 

* Achegámosvos un divertido xogo para coñecer un montón de cousiñas de "Ricardo Carvalho Calero" autor homenaxeado este 2020. Clica na imaxe para empezar a xogar!!

 

 

* Estoutro un chisco máis sinxelo. Pincha na imaxe para xogar!! 

Letras 2020 EI 

 

* Destacar tamén, a proposta didactica realizada pola nosa compañeira Laura García. Mestra de Ed. Infantil no centro e compañeira do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Achego un link no que podedes ademáis ver outras unidades creadas por outr@s profes. Clicade aquí para entrar.

Para ver máis unidades ou propostas realizadas por este equipo de traballo da AGAL (Associaçom Galega da Língua), coordinada para esta actividade por Miguel Penas e Eduardo Maragoto, tendo sido implementado pola empresa "Sem Lios" que, além do desenvolvemento web, tamén integrou a image do Ano Carvalho Calero 2020 do desenhador Pancho Lapeña. Entre os contidos máis destacados están os dedicados à vida e obra de Carvalho Calero, cun texto biográfico da autoría de Martinho Montero Santalha e umha sección coas fichas de todas as monografías do autor, compiladas por Marcos Saavedra. Entra aquí para ver máis recursos.

Carvalho Calero AGAL

 

* A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…). Tédelos nesta ligazón

Asemade, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra.

Carteles Gañadores Ed. Infantil e Primaria Recordando Carvalho Calero  - CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña)

Carteles Gañadores na categoría dos demais niveis e centros educativos:  Unha vida polo galego  - IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña)

 

* Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade aquí

 

 

* Mención á parte merece, neste período de crise sanitaria, "O meu paso polo quirófano", un álbum ilustrado editado pola SXPL para axudarlles ás rapazas e aos rapaces hospitalizados a pasar polo transo dunha intervención cirúrxica. Podedes descargalo nesta ligazón

* Outros recursos ben interesantes da Real Academia Galega! Pincha na imaxe para entrar na "Primaveira das Letras"

Primavera das Letras 2020 

 

* E aquí vos deixamos unha interesantísima proposta de Xosé Antón Vicente, con actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria. Entra pinchando nesta imaxe!

 

 

* Rosco Pasapalabra (6º EP). Actividade proposta polos Centros SocioCulturales de Compostela.

rosco pasapalabra Calhero

 

* Alén destas actuacións, propoñémosvos outras iniciativas dinamizadoras nas que pode participar o alumnado dende a casa, coa colaboración das familias:

- Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal: esta iniciativa xurdida na EOI de Santiago de Compostela para potenciar os vínculos entre Galicia e Portugal a través da música e a poesía, xa chegou á fase das votacións; logo da selección dos poemas finalistas, o público poderá votar ata o 20 de maio no web https://aritmar.gal/edicion-2020.php. Máis información aquí

- Enreguéifate 2020: este concurso de regueifas mantén a data  de presentación dos vídeos ata o 29 de maio. Podedes enviarnos ao mail dinamizaciondalinguagalega@gmail.com, os voso vídeos regueifando ou envialos vós directamente ao Concurso.

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participará no concurso!! Desta volta, e dadas as circunstancias, cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do Proxecto EcoTeo. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano. Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Así que, o día das Letras Galegas, entre outros contidos publicarei aquí a peza que enviamos a concurso; "EcoRegueifa".

Isto non quita de que vos animedes a mandar máis propostas! Podedes envialas vós mesmos para participar na categoría individual ou mandarmas a min para envialas como proposta escolar. E por suposto, os papis, mamis, avoas, avós, tíos... Tamén poden participar!!

Animádevos con esta fermosa proposta cultural que por certo, tamén patrocina o noso Concello de Teo xunto con outros Organismos e Entidades. Benvida@s á Regueifesta!! 

Co fin de facilitarvos o traballo, ofrecémosvos algúns consellos para regueifar e instrucións para gravar aquí. E inscribe a túa peza ou mira as bases sobre o concurso aquí

  Banner Enreguéifate

      

- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades sobre Carvalho Calero. O prazo para envialas remata o 30 de xuño. Tedes as bases aquí

- Premios de Podcast O Vello dos Contos “Xosé Mosquera Pérez”: este concurso que fomenta a difusión da figura de Carvalho Calero e do patrimonio inmaterial galego e portugués ampliou o período para remitir os audios ata o mes de setembro. https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convoc...

 

Estade atentos ademais á Programación de Actividades proposta polo Concello de Teo, na que a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, tamén aportaremos o noso gran de area. Podedes ver a organización das mesmas aquí. E para máis información entra no seguinte enlace 

Distribuir contido


by Dr. Radut