Skip to Content

INSTRUCIÓNS SOBRE A TERCEIRA AVALIACIÓN E O FINAL DE CURSO

 

Segundo as instrucións recibidas esta mesma semana, informámoslles dos seguintes aspectos relacionados coa terceira avaliación e o remate do curso:

 

  • O curso remata, como estaba previsto no calendario escolar, o 19 de xuño.

  • A terceira avaliación desenvolverase nos seguintes termos:

    • Mantense o proceso de reforzo, repaso e afianzamento de aprendizaxes traballados no primeiro e segundo trimestre.

    • Poderán traballarse contidos novos, sempre e cando non sexan avaliables ou a avaliación sexa puramente informativa e de diagnóstico. Só poderá terse en conta para o resultado da avaliación final se beneficia ao alumnado (se incrementa a nota final), en caso contrario non terá máis valor que informar ás familias da valoración que fai o profesorado do contacto e resultados mantidos durante esta fase co alumnado.

    • A avaliación final estará baseada, polo tanto, nos resultados da avaliación continua ata o momento da suspensión de actividade presencial nos centros.

    • De cara a decisión de promoción do alumnado non se terá en conta tanto o número de materias con avaliación negativa como a repercusión que a decisión poida ter no alumnado. Só se farán propostas de repetición de curso en casos moi excepcionais. Teríamos sempre en conta a opinión da familia.

    • O profesorado fará un informe individual do alumnado para rexistrar os procesos desenvoltos este curso e os aspectos nos que haberá que facer máis incidencia no vindeiro, para compensar e paliar as consecuencias da situación acaida, para todo o alumnado do centro pero con maior detalle para sexto curso de primaria, para que no centro no que vaia cursar primeiro da ESO teñan esa información xa a comezo do curso 2020-21.

  • A día de hoxe non hai previsións claras da volta do alumnado aos centros. Haberá que esperar á evolución da pandemia e as decisións que as autoridades sanitarias e educativas vaian tomando.

  • Tampouco está definida claramente a volta do profesorado aos centros.

  • O proceso de solicitude de matrícula está paralizado. Estamos á espera de que se concrete cando poderemos retomalo. Farase publicidade na web do centro e nos medios de comunicación coas familias dos que dispoñemos (Abalar-Móbil fundamentalmente)

 

Para calquera dúbida seguimos á súa disposición polos medios habituais, publicados neste mesmo espazo.

 

 

 

 

CONTACTO CO CENTRO NO TEMPO DE CONFINAMENTO

Mentras dure a situación de alarma e non volvamos ás aulas, atendemos nos seguintes teléfonos:

 

De 10 h a 13 h: 881866491

 

Para cuestións urxentes/importantes: 646 682 482

 

Correo electrónico do colexio: ceip.ramallosa@edu.xunta.gal

 

Correo para consultas ou notificación de incidencias relacionadas coas tarefas para o alumnado: incidencias@ramallosa.org

 

XA PODEMOS SAIR Á RÚA A DESFRUTAR!!!!

 Antón está a disfrutar do maravilloso día dando un paseo nos seus patíns en liña.

Que chulada Antón!!

Que ben se pasa!! Un día tes que aprendernos a andar en patíns!!

Ademáis tamén ten tempo de facelas tarefas desde o seu ordenador portátil. Bravo Antón!!

anton.jpg Antoncc.jpgantonv.jpg 

 

Sara mándanos estas fotos nas que aparece estudiando e moito máis!!! Que ben se pasa!!! 

Sin título-1.jpg

 

Podemos comprobar que Claudia estudia moito e ademáis divírtese co seu monopatín.

Que ganas de que nos contes todas as cousas que fas!!! 

 

claudiac_0.jpgClaudiacc.jpg claudiacccc.jpg

Que estará mirando Juan tan atentamente desde o seu telescopio? Teremos que preguntarlle cando nos vexamos. O que sabemos seguro e que o pasa bomba!!

 

juan_0.jpg

 

 

Sabela envíanos esta foto tan chula. Seica anda tamén en monopatín eléctrico. Que chulada!!!

 

sabela.jpg

 

Xa sabemos que Antía está de maravilla!! Pola mañá, despois de erguerse e almorzar, vístese con ropa deportiva e adica un tempo a facer exercicios de estiramento. Que boa idea!! Despois hai que concentrarse nas actividades, esta vez toca Sociais. Pola tarde, despois de comer, toca dar un paseo e disfrutar do sol. E ademáis tamén hai tempo de xogar na casa ao Parti. Que ganas de verte Antía e que nos contes todas esas cousas. 

 

 Antía4v.jpgAntíaa.jpgAntía4v_0.jpg 

antíab.jpgAntía 3a.jpgantíabc.jpgI eiqui están Anxo e Martiño, miña naisiña!! que ben o pasan!! Dan ganas de collelo monopatín ou a bici, e ir tras deles a disfrutar do exercicio físico, do sol e da natureza. Vémonos pronto, bótasevos en falta!!!

 ANXO.jpg

MARTIÑO.jpg

 

 

 

 

Roi e seu irmán de paseo polo pozo da Xerpa en Sestelo na parroquia de Rarís.

 

 

 roi_0.jpg

29 de abril, "Día Internacional da danza"

Non deixedes de visitar todas actividades propostas polo departamento de Ed. Musical con motivo desta conmemoración

Pincha na imaxe para velas!!

ficha danza

SEMANA DO LIBRO

ESTA SEMANA, COMO IMOS CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO O VINDEIRO XOVES 23 DE ABRIL, MOITAS EDITORIAIS POÑEN Á VOSA DISPOSICIÓN UNHA VARIEDADE DE LIBROS QUE PODEDES DESCARGAR DE XEITO GRATUÍTO E DESFRUTAR COA LECTURA

ANÍMATE A LER. ¡¡¡UN LIBRO É UN BO AMIGO!!!!

CLICADE EN CADA LOGO/IMAXE PARA ACCEDER Á PAXINA ONDE HAI LIBROS  QUE PODES ESCOLLER!!

Baía Edicións  ACCESO A CONTOS DE DISTINTAS IDADES

 O Papagaio   DESCARGA XORNAIS DO PAPAGAIO

 

Kalandraka INTERESANTE PAXINA CON CONTOS, VIDEOS MUSICAIS, ...

 Kalandraka  A XANELA DO MAXÍN OFRECE UN VIDEO COMPLETO DO

CONTO "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA"

  

Urco PODERÁS ACCEDER A DESCAGRA EBOOKS

 

      Aira editorial PODERÁS DESCARGAR O COMIC "CARRIANDOLA"

 A editorial OQUELEO/LOQUELEO pon á vosa disposición

diversos fondos segundo a idade. Pasos para poder escoller e ler cada conto:

1- Escoller o libro que che gustaría ler e clicar enriba del

2- Abrirase unha paxina coa portada do conto, debes volver clicar enriba del

3- Introducir nas celdas o código e contrasinal que hai ao lado de cada conto

4- Avanza nas frechas, debaixo da portada, no inferior da páxina, par acceder á historia

         GOZA COA LECTURA!!!

PARA + DE 6 ANOS:

 

 USUARIO: 99999980-19386-001 // CONTRASINAL: CDrnS2e8

  USUARIO: 99999980- 19387- 001 // CONTRASINAL: F877cwNz

  USUARIO: 99999980-19388-0001 // CONTRASINAL: U6PF882e

 USUARIO: 99999980-19395-0001 // CONTRASINAL:E4qs3sfs

 

PARA + DE 8 ANOS:

USUARIO: 99999980-19389-0001 // CONTRASINAL:SbMDezqh

 USUARIO: 99999980-19390-0001 // CONTRASINAL:4FhAjwBs

  USUARIO: 99999980-19396-0001 // CONTRASINAL:K7fMCvVM

 

PARA + 10 ANOS:

 USUARIO: 99999980-19391-0001 // CONTRASINAL: Zf5ZuszW

  USUARIO: 99999980-19393-0001 // CONTRASINAL: nu8hadps

  USUARIO: 99999980-19394-0001  // CONTRASINAL: g2cHMEGq

 USUARIO: 99999980-19392-0001  // CONTRASINAL: XzbUrCcD 

Entroido 2019-20

Aquí iremos publicando todas as montaxes das actuacións do proxecto "O Circo", que empregamos como temática para a celebración do entroido deste curso escolar 2019-20

Agardamos que vos preste velo! Especialmente nestes momentos tan complexos Sorriso

Ramalloseir@s por mar e terra!!

Aquí vos deixamos unha video creación do profesorado e demais profesionais do CEIP da Ramallosa adicado a vós, alumnado e familias do centro!

A idea xurdíu pincipalmente co obxecto de aportar o noso granciño de area, recargándonos tod@s as pilas e revivindo un mar de emocións que a tod@s nos percorren o corazón dada a situación causada pola alerta sanitaria do COVID 19.  

Nestes tempos tan complexos que nos está tocando vivir a tod@s , o profesorado e demais profesionais do CEIP da Ramallosa, queremos que nos sintades máis cerca de vós que nunca!! Agardamos que vos gusteSorriso

Estamos desexando volver a abrazarnos tod@s e dármonos un feixe de aloumiños!

Mentras tanto, aquí estaremos para facervos todo máis levadeiro. Ánimo, que xa falta menos! 

E mil grazas!! Alumnado, familias... Por remar ao noso carón nestes momentos tan difíciles. Este aplauso vai para vós ramalloseir@s!

CEIP da Ramallosa (Teo - 03/04/2020)

 - Música - 

ACadaCanto:  "Teu nome por mar e terra"

bensound.com:  "Jazzy Frenchy"

 

CONVOCADAS AXUDAS PARA FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR

O luns 30, a Consellería publicará unha convocatoria de axudas para as familias que teñen alumnado no servizo de comedor dos centros con xestión directa, que é o caso do noso.

 

Vai dirixido ás familias do alumnado que utiliza este servizo e que ostenta a condición de gratuíto (que polo tanto non pagan nada) e do que por renda familiar resulta pagador de 1 €. As familias ás que se lle conceda axuda percibirán 2,5 € por día lectivo, no caso das que non pagan nada e de 1,5 € por día lectivo as que pagan 1 €.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ámbos inclusive.

 

Toda a información, incluída a da tramitación de solicitudes para as familias do noso centro premendo aquí.

 

 

 

A IMPORTANCIA DE TER A APLICACIÓN "ABALAR-MÓBIL" NOS DISPOSITIVOS DAS NAIS E DOS PAIS DO ALUMNADO

Xa son moitas as familias nas que as nais ou os pais tedes instalada a aplicación "Abalar-Móbil" nos vosos teléfonos móbiles, pero aínda non estades todas/os, por iso animámosvos a que o fagades para recibir as notificacións que desde o centro poidamos precisar facervos chegar. Tamén se recibirán as cualificacións do alumnado nas avaliacións.

Na web da Consellería de Educación hai instruccións de como facelo.

Deixámosvos aquí os enlaces.

Saúdos.

O EQUIPO DIRECTIVO

Información xeral sobre a aplicación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Manual de instalación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

INFORMACIÓN SOBRE AS TAREFAS, PARA AS FAMILIAS

Ante as dúbidas que estes días nos estades transmitindo, queremos aclarar o seguinte:

- As tarefas que imos propoñendo desde a páxina web ou desde os recursos dixitais dos que dispoñemos (Snappet e Edixgal) pretenden axudar ao alumnado a manterse activo no seu proceso de aprendizaxe dentro da situación tan excepcional que estamos a vivir.

- Aínda que forzada, é unha oportunidade de consolidar as aprendizaxes de todo o traballado ata o de agora.

- Non van ser actividades avaliables, segundo as instrucións oficiais recibidas, pero tampouco podemos adiantar currículo, só en 2º de bacharelato poden facelo.

- O importante é organizar un tempo para adicarlle ás mesmas cada día.

- A cantidade de tarefas a desenvolver estará en función da organización familiar. Non temos que resolver todo o proposto, nin preocuparse polo que non damos resolto. Cada familia, segundo as súas posibilidades, pode tomar decisións para que as nenas e nenos non o vivan con ansiedade, pero si con responsabilidade e compromiso.

- Outras tarefas que vós mesmos organicedes poden ter a mesma importancia (xogos en familia, lectura, actividades plásticas e artísticas...)

- O profesorado está traballando en adaptar os contidos de cada área á nova situación, reducindo aqueles que por distintos motivos teñen menos importancia ou poden ser tratados de xeito alternativo. Por iso, se a situación se alarga máis do previsto, poderíamos propoñer temas novos para traballar que non van ser avaliados, pero que permitirían traballarse na casa durante o tempo de illamento domiciliario.

- Nos cursos de 5º e 6º de primaria temos contacto co alumnado a través da aula virtual de Edixgal. No resto, se queredes facer algunha consulta sobre os materiais que imos propoñendo ou se hai algún problema coas conexións, ao premer no enlace das tarefas de cada nivel aparece no comezo da páxina o correo electrónico do profesorado. O correo das profesoras de ed. Infantil está nos seus blogs. Tamén podedes enviarnos correos electrónicos ao enderezo: incidencias@ramallosa.org

- O contacto telefónico tamén o tedes nesta páxina do centro.

Estamos á vosa disposición. Ánimo e paciencia

EQUIPO DOCENTE

Distribuir contido


by Dr. Radut