A IMPORTANCIA DE TER A APLICACIÓN "ABALAR-MÓBIL" NOS DISPOSITIVOS DAS NAIS E DOS PAIS DO ALUMNADO
Xa son moitas as familias nas que as nais ou os pais tedes instalada a aplicación "Abalar-Móbil" nos vosos teléfonos móbiles, pero aínda non estades todas/os, por iso animámosvos a que o fagades para recibir as notificacións que desde o centro poidamos precisar facervos chegar. Tamén se recibirán as cualificacións do alumnado nas avaliacións.
Na web da Consellería de Educación hai instruccións de como facelo.
Deixámosvos aquí os enlaces.
Saúdos.
O EQUIPO DIRECTIVO
Información xeral sobre a aplicación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
Manual de instalación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf