Skip to Content

UN LIBRO - UN AGASALLO

NESTE NADAL NON ESQUEZAS PEDIR UN LIBRO NA TÚA LISTA DE DESEXOS; OS CONTOS ALIMENTAN A TÚA IMAXINACIÓN

A nena e o grilo

   O pasado 28 de Novembro o alumnado de primeiro e segundo acudiu ao auditorio de Abanca para visionar a obra de teatro: " A nena e o grilo" de Magín Blanco. Fai clic na imaxe.  

25 de Novembro- contra a violencia de xénero

HOXE, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, PUXEMOS O NOSO GRAN DE AREA PARA TRATAR DE CONCIENCIAR AO ALUMNADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

- DENDE O CICLO DE INFANTIL, FIXERON UNHA PORTA VIOLETA, DA QUE FALABA ROZALÉN NA SÚA CANCIÓN, E NELA PEGARON MENSAXES DE REPULSA E LOITA CONTRA A VIOLENCIA CON FRASES/PALABRAS EN POSITIVO.

- HOUBO TAMÉN AULAS QUE RECREARON ESA PORTA VIOLETA NOS SEUS DEBUXOS E ACOMPAÑARON FRASES EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA.

- O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO NO QEU COLABORABA A ANPA.

- REUNÍMONOS NO SALÓN DE ACTO, TODO O CENTRO PARA LER UN MANIFESTO DE REXEITAMENTO Á TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E REMATAMOS CUNHA NOTA DE COR, DE POSITIVIDADE CANTANDO A CANCIÓN "A PORTA VIOLETA" DE ROZALÉN, QUE O CAMPAÑEIRO DE MÚSICA, TRADUCIU AO GALEGO E FIXO VERSIÓN KARAOKE PARA PODER SEGUILA TOD@S. O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA PUXERONLLE A MELODÍA COS UQUELELES E @S DE 4º B, INTERPRETARON CON LINGUAXE DE SIGNOS.

AS PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA DO COLE TORNÁRONSE VIOLETAS E DISTINTOS CARTEIS CON FRASES DE REXEITAMENTO CONTRA ESTE TIPO DE VIOLENCIA INUNDARON CADA RECANTO DO NOSO COLE, TRATANDO DE CONCIENCIAR AO NOSO ALUMNADO QUE ESTA LACRA SO CAUSA AUSENCIAS, TRISTEZAS, MEDOS,....

  

 

 

 

25N - "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Compartimos o arranxo da canción proposta para

tocarmos e cantarmos o 25N, con motivo do

"Día contra a violencia de xénero"

Podes descargar a letra aquí 

 

Audio da canción aquí

Todas as dúbidas relacionadas co ukelele podes consultalas no blog do Proxecto UkeCole.

 

Alumnado de Sexto no Día Mundial contra a obesidade

O pasado martes día 12, os nenos e nenas de sexto participamos nunha actividadee proposta pola Funadación España Activa que se desenvolveu conxuntamente en 20 colexios de 17 ciudades de distintas comunidades autónomas.

Dentro da súa campaña "Actívate por unha vida mellor" que ten como obxectivo concienciar aos máis xóvenes de que a práctica física e o deporte aporta moitos beneficio físicos e psíquicos e tamén é unha forma de ocio moi divertida, propuso unha actividade dirixida por profesionais do Ximnasio da Ramallosa que consistiu nuha Masterclass de "Zumba".

Unha representación dos nenos e nenas leron o manifiesto "Pola promoción do deporte e a actividade física" e despois o deron todo na sesión de Zumba.

Estivo xenial. Se queredes ver todas as fotos clicade AQUI.

Curso 19-20

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. 

Ao igual que todos os cursos, o 30 de xaneiro celebramos esta importante data con distintas actividades. Como xa sabedes, previamente e mentres traballamos contidos sobre o tema, deixamos as nosas pegadas feitas coa vosa colaboración,  polos corredores do colexio. O xoves e como colofón realizamos unha fermosa instalación entre todo o alumnado e profesorado, titulada: Enlazadas pola Paz, onde deixamos en pulseiaras de cores a nosa mensaxe e desexo para un mundo mellor, e intercambiamos por outra. Ademais no noso ciclo vimos algúns cortos sobre o tema e cantamos.

 Mirade aquí a xornada. 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 

O luns 25 de novembro, como vén sendo habitual, conmemoramos o día da Violencia machista cun feixe de actividades co obxectivo de sensibilizarnos e por en prácica que sementando a igualdade, cambiaremos  o mundo. En Educación Infantil, participamos nas activides conxuntas cos compañeiros e compañeiras de Primaria, onde escoitamos o manifesto lido por alumnas de 6º e cantamos a versión ao galego da canción A porta violeta de Rozalén e tan ben versioneada polo profe Óscar. Ademais o noso ciclo fixo unha grande porta violeta co lema Dálle un portazo á violencia e coas nosas mensaxes e proclamas para construír unha sociedade máis igualitaria. Clica aquí ou na foto para velo. 

 

 

 

GALICREQUES. O casamento da pulga e o piollo.

Como xa manda a tradición no primeiro trimestre asistimos sempre a unha representación do Festival Internacional de Títeres Galicreques,. Desta volta, poidemos gozar, moito, moitísimo coa CompañÍa La galera de lazotea e a súa representación dunha versión do conto popular de O casamento da pulga e o piollo. Unha mestura entre títeres e dramatización con música en directo. Abofé que nos gustaron ben. 

Mirade na foto ou aquí parte da sesión.

 

 

 

 

TITIRIBERIA

O xoves 14 de novembro asistimos a unha representación de títeres do Festival de Títeres Titiriberia organizado polo Concello de Teo no Auditorio da Ramallosa xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do CRA. Nesta ocasión gozamos coa compañía  La Pícara locuela que nos amenizou con dúas pequenas representacións: El pícaro burlado e máis El panadero y el diablo.

Mirade na foto ou aquí parte desa representación. 

 

SAMAÍN E.I 19.

Inauguramos este curso coas actividades de celebración do Samaín. Logo dunha semana intensa de traballo sobre o acontecemento, a aportación das creativas e fermosas cabazas que as familias aportastes; rematamos no mércores 30 cunhas merendas terroríficas, un obradoiro de maquillaxe que metía medo e como colofón, unha actuación da perversa bruxa Maruxa que se quería conveter en boa e que unha vez conseguido o seu propósito, amenizounos cun conto e púxonos o fermoso vídeo e conto de Corre, corre, Cabaciña. Unha vez máis, grazas polas vosa aportacións.

Mirade na imaxe ou aquí a terrorífica xornada.

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO

O mércores 30 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. Tamén celebraremos o magosto, e farémolo polo tanto de forma conxunta como xa é habitual en moitos coles. De ahí o nome co que vimos festexando esta data; "O SamaGosto". Nome que por certo, tamén lle da título á canción que compuxemos como "Himno desta Festividade”.

A nosa homenaxe a estas dúas tradicións tan antigas vai estar repleta de actividades didácticas ao longo destas semanas. E por suposto, na data sinalada para o festexo faremos a tradicional castañada á que están convidadas todas as familias, e que estará acompañada de xogos tradicionais e como colofón final da festa, as cancións que compartimos nesta publicación.

Os pequechos de Ed. Infantil poderán desfrutar de moitas outras actividades dende o día anterior (Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, taller de pintura...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Podes coñecer máis   cousiñas sobre a orixe desta festa aquí.

Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS aquí ou aquí

Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

 

Ao final da festa cantaremos a citada creación musical composta na área de Ed. Musical co alumnado, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”. Tamén cantaremos unha canción en Inglés, "The Skeleton dance", fomentando deste xeito o plurilingüismo e o traballo ao respecto na área de Lingua Estranxeira (Inglés) e Ed. Plástica (seccións bilingües).

 

 

 

 

 

 

   

"PercObxects Performance; REUTILIZANDO"

Performance creada con "instrumentos de percusión" pensados con obxectos cotiás, destinados ao ir directos ao refugallo. Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaria como colofón ao traballo do noso proxecto deste ano; "EcoTeo". Tendo en conta as tres regras básicas para a xestión de residuos; REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR (neste caso, especialmente a segunda delas).

A estrea da proposta escénica fíxose no Acto de Gradación de fin de curso do alumnado de 6º de Ed. Primaria, onde as familias e o alumnado de 5º curso puideron desfrutar da actuación. Velaquí vos deixamos a grabación do resultado final!

 

ACTUACIÓNS ACTO GRADACIÓN 6º ED. PRIMARIA (2018_19)

ACTUACIÓNS MUSICAIS 

 
 
 
 
COREOGRAFÍAS 
    
 
 

NOTA: Vídeos non reproducibles en certos terminais móbiles, tablets e en xeral en sistemas IOS (Apple)

Distribuir contido


by Dr. Radut