Skip to Content

SAMAÍN 21_22

Samaín

PREME NA IMAXE PARA VER TODA A INFO E ACTIVIDADES

CIRCULAR INFORMATIVA Nº 1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

A resolución do 20 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación (D.O.G. 29/09/2021) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

O proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos/as, segue os seguintes pasos:

  1. Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera.
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

O sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o martes día 26 de Outubro ás 12:00 horas. Unha vez constituída (día 2 novembro), emitirase información puntual do proceso mediante circulares.

 

O DIRECTOR

 

Programa de conciliación TEOCOIDA do Concello de Teo.

O concello de TEO oferta o programa de conciliación para as familias TEOCOIDA nos CEIP de Calo, dos Tilos e no CEIPP da Ramallosa.

Este programa, permite deixar aos nenos/as desde a saída do comedor ata ás 18:00h.

Para poder activalo, ás familias que desexen empregalo, deberán poñerse en contacto Concello para apuntarse.

Podesde consultar toda a información pemendo AQUÍ.

 

Proceso final para obter praza no servizo de comedor

O luns 28 publicouse a INSTRUCIÓN 2/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2021-2022.

Na mesma establécese que para completar o proceso de solicitude de comedor hai que presentar no centro escolar o documento de "autodeclaración". Este documento pódese obter neste enlace: DESCARGAR DOCUMENTO DE AUTODECLARACIÓN.

Tamén pode recollerse nas oficinas do colexio.

As familias pendentes do pago do recibo do servizo de comedor correspondente ao mes de xuño poden pasar polas oficinas, recollelo, tramitar o pago e presentalo xunto coa autodeclaración, para facilitar as xestións.

MOI IMPORTANTE: aínda que o prazo para presentar a autodeclaración é ata o mes de setembro a organización do comedor precisa ter eses datos canto antes, preferiblemente nas próximas semanas, dentro do mes de xullo. O retraso neste proceso orixina logo cambios organizativos que condicionan o propio funcionamento do comedor, sobre todo por ter que comezar coas mesmas restricións que tiñamos este último curso a causa da pandemia. Mentres non se presente a autodeclaración o alumno ou alumna non terá praza de comedor asignada.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono da oficina do colexio: 881 866 498 en horario de mañá.

A DIRECCIÓN

Vídeos para o acto de gradación de sexto de primaria 2021

Non conseguimos gravar un vídeo de calidade do acto de gradación. Sentímolo moito. Pero si temos os vídeos que elaborou o profesorado para poñer no acto e para que teñades de recordo.

Feliz verán e moita sorte na nova etapa.

Vídeo sexto A: Chea de vida.

Vídeo sexto B: Todos somos capitáns.

Vídeo despedida: Un longo camiño.

TRÍPTICO - SUXESTIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

REMATA O CURSO ACADÉMICO, E QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UNHAS SUXERENCIAS DE LECTURAS, PARA GOZAR DAS VACACIÓNS LENDO UN LIBRO.

LEMBRA: "UNHA GRAN LECTURA É UNHA GRAN AVENTURA

 

ENREGUÉIFATE 2021

 Aquí vos deixamos a nosa candidatura deste ano ao "Enreguéifate 2021". Unha regueifa con temática COVID á que non lle falta a retranca e sátira propias deste xénero. Un aplauso para "Os Ramalloseir@s"!! E que a sorte nos acompañeGuiño

A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Como unha das actividades para celebraren o día das letras galegas, o Equipo de EDLG do centro, en coordinacións cos demáis Equipos de traballos (Bibliotecas Escolares, Extraescolares, TICs...) Tivo a idea de dobrar un episodio da serie infantil: Patrulla canina.

Xurdiu pola faceta de tradutora da homenaxeada deste ano, e a preocupación que ten o profesorado do centro pola perda de crianzas galego falantes. Un dos motivos da perda de léxico na nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán prodúcese polo visionado dos deseños animados por parte do alumnado que non ten opción de ver na lingua galega. Especialmente das series de animación actuais máis demandas pola cativada.

Esta actividade está vinculada tamén ao Obradoiro de Radio Teatro que estivemos traballando este ano no centro. Podedes escoitar todo o episodio no Podcast que vos deixamos ao final da publicación.

Ramalloseiros!! Ramalloseiras!! Agardamos que gocedes un montón desta nova misión da Patrulla Canina!!

Premede na imaxe para ver ou descargar o episodio EN VIDEO.

E no seguinte video podedes visionalo directamente na web (comprimido)

 
Podcast Radio Ramalloseir@s

AS LETRAS GALEGAS con XELA ARIAS - RADIO TEATRO

Neste ano 2021, queremos conmemorar unha das datas máis significativos para a nosa lingua galega; o 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  e nesta ocasión, da man da escritora, poeta e tradutora XELA ARIAS.

Para coñecer un pouco da súa vida e obra compartimos diversos recursos clicando no seguinte symbaloo

 

 

 

RADIO TEATRO ESCOLAR

Esta semana das Letras, ESTREA DA SERIE "DESTINO ESCURO". Segue a publicación dos diferentes episodios nas datas indicadas. Poderás escoitalos premendo nas imaxes!!

Ep.1 "A Lenda de Edlemiro" (10-05-21)            Ep.2 "A cova segreda" (11-05-21)

Destino Escuro cap1Destino Escuro cap2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Ep.3 "Poderes desafortunados (12-05-21)        Ep.4 "Salvación ou perdición" (18-05-21)

Destino Escuro Ep.3 Destino Escuro cap4

 

 

"A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA"  

E O VINDEIRO MARTES 18 de Maio...

ESTREA DA PRIMEIRA ENTREGA MUNDIAL EN GALEGO DA SERIE "A PATRULLA CANINA".

Desta volta, cunha misión ben importante; "A patrula canina salva a Lingua Galega"

Un traballo para fomentar o uso da lingua galega entre os máis cativos/as

Producido, dobrado e musicalizado polos mestres/as do

"Equipo de Dinamización da Lingua Galega" do Centro.

Patrulla canina 

- ESTREA: MARTES 18 DE MAIO -

     Está a piques de saír do forno xa Guiño

 

 

IMAXES DE ACTIVIDADES QUE SE LEVARON A CABO PARA CONMEMORAR ESTA DATA O DÍA 14 DE MAIO:

- XOGOS POPULARES: CADEIRAS MUSICAIS, ZANCOS, ARRASTRAMORTOS, PANO, RELEVOS,...

 

- A MÚSICA FOI A NOTA DOMINANTE NESTE DÍA DE FESTA E DE XUNTANZA: PASODOBRE de A ILLA (Santa Comba), PASODOBRE de MARFULO (A Laracha), BLUES DA CONVIVENCIA, coplas de MAIO entre outras pezas 

A continuación pódese ver algunhas fotos dos distintos momentos e un vídeo recopilatorio das pezas musicais das que gozamos

 

     

    

 

 video recopilatorio


 

 

- XANTAR COMPARTIDO, COCIÑADO DENDE O COMEDOR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, CUN MENÚ ESPECIAL ESCOLLIDO PARA A OCASIÓN (CADA GRUPO COMEU NA SÚA PARCELA OU EN MESAS SEPARADAS, NO CASO DO ALUMNADO DE INFANTIL)

 

 

BRICAE: Brigada Contra o Acoso Escolar

Este vídeo forma parte do traballo desenvolvido polo alumnado de 4º B, no afán de facer achegas para evitar o acoso escolar.
Distribuir contido


by Dr. Radut