Skip to Content

CIRCULAR INFORMATIVA Nº 1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

A resolución do 20 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación (D.O.G. 29/09/2021) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

O proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos/as, segue os seguintes pasos:

  1. Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera.
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

O sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o martes día 26 de Outubro ás 12:00 horas. Unha vez constituída (día 2 novembro), emitirase información puntual do proceso mediante circulares.

 

O DIRECTOR

 



page | by Dr. Radut