Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

REMATANDO

E PARA REMATAR UN POUCO DE TODO PODEDES MIRAR.

Aquí podedes ver outros momentos máis distendidos das sesións, pero tamén moi importantes para a nosa formación artística. Documentamos na nosa biblioteca artística. Non sabesdes a ilusión que nos fai recoñecer nos libros, obras de arte que temos visto ou traballado. É outra forma máis de ir desenvolvendo as nosas capacidades e sensibilidade artística. E xogamos a construír con pezas de xogos e materiais diversos. Iso si, arte efímera!

Preme na imaxe ou aquí para poder velo.

E POR SUPOSTO OS TRABALLOS QUIXEMOS ORDENAR. Preme na foto para ver os cartafoles que fixemos para organizar os nosos traballos.

 

 

 

 

 

 

 

GRANDES ARTISTAS. EXPOSICIÓN

                                                

                                                

ARTISTEO. 3º TRIMESTRE


 

SILUETAS

É mellor que miredes directamente as imaxes. Grazas ás profes e a Carme por facernos de modelos. Isto si que é arte completa! Debuxamos, pintamos, recortamos, organizamos, eliximos, consensuamos, creamos, compuxemos e pasámolo xenial....

Deixámos as imaxes por grupos.

 

  Aula de 5 anos A.                        Aula de 5 anos B

  Aula mixta de 4 anos 

 

 

Aula de 4 anos

 

 

Aulas de 3 anos

 

 

 

 

TEMPETEO. 3º TRIMESTRE.

Unha actividade que repetimos polo que nos gusta. Encántanos pintar libremente con témperas, deixando voar a nosa imaxinación. Amosámosvos as nosas creativas pinturas feitas en A3 no cabalete e tamén outras en A4 que utilizamos para decorar o treito das escadas que levan ao salón de actos. Premede para velas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COLGUETEO

 

Aquí vos deixamos unha mostra de produción plástica para facer máis agradable a decoración do noso coredor. Intervimos estéticamente nun espazo escolar. Como ten que ser, arte viva, con uso social. A idea ben sinxela. Pintamos libremente con pintura plástica tubos de cartón de papel hixiénico e cociña. Preme na foto ou aquí para ver máis imaxes.

 

 

 

RETRATEO CON ARCIMBOLDO.

Neste trimestre seguimos a darlle volta aos alimentos. Por suposto en sentido plástico, que nós somos case todos e todas, ben comedoriños. Coma ten que ser! E non podía fatal como fonte de inspiración neste caso, Giuseppe Arcimboldo, que tan ben integrou nos seus retratos as froitas, ademais doutros elementos da natureza como flores e animais. Pois nós, fixemos a nosa propia versión con alimentos dos nosos días.

Este é o noso proceso de creación logo de inspirarnos, ver e estudar as súas orixinais representacións do rostro humano.

Preme no retrato ou aquí para velo.

 

 

 

 

 

 E estes son os saborosísimos resulatados finais por grupos.

 

GRUPO DE 5 ANOS A.

GRUPO DE 5B

GRUPO DE 4 ANOS DAS AULAS MIXTAS.

GRUPO DE 4 ANOS.

GRUPO DE 3 ANOS A.

GRUPO DE 3 ANOS B.

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

 

 

 

101 BODEGÓNS

101 BODEGÓNS. PROXECTO PITÓRICO SOBRE BODEGÓNS

Para a nosa satisfacción, este Proxecto realizado no Obradoiro de Artes plásticas, polo alumnado de E.I., está subido á páxina web de Educathyssen, páxina educativa do Museo Thyssen de Madrid.  Ademáis no mesmo enlace, podedes ver tamén o proxecto anterior "En un lejano Oeste".

Agardamos que o gocedes, tanto coma nós facéndoo.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

Guardar

Guardar

ARTISTEO EN TEO. 2º Trimestre.

Metidos xa no mes de xaneiro, e logo das vacacións de nadal, comezamos con novos folgos e puxémonos a traballar en varios frontes: debuxamos os nosos agasallos dos Reis, recollemos o Premio do público do Certame de Arte Escolar da Fundación Granell, debuxamos e pintamos os bodegóns nas nosa bandexas, conmemoramos o día da Paz e lembramos os nosos disfraces do mellor xeito que sabemos, debuxándonos.

BODEGOTEO. RESULTADO FINAL

Aquí chegamos á terceira entrega do noso proceso na creación de bodegóns.

Lembrades? Primeiro documentámonos e inspirámonos en moitas naturezas mortas, a maioría dos fondos do Museo Thyssen de Madrid. 

A nosa estrela: Bodegóns con froitas de Louise Moillón. Tamén nos inspiramos en: Abundancia do verán de Paul Lacroix, Charden, Paul Cézanne, Georges Braque, Prendergast...

Aquí volas deixamos. Preme neste bodegón de Cézanne.

 Segundo: Facemos unha composicióncon elementos reais propios dun bodegón. Froitas, hortalizas, louzas, panos e demais elementos propios dun bodegón. Plásmase nunha foto.

Terceiro e final: Coa propia foto como apoio visual, obsevamos, copiamos e debuxamos na nosa bandexa a nosa propia composición. E ASÍ DE SABOROSOS QUEDARON...

 

Aula de 5A    

Aula de 5B

Aula Mixta 4

Aula de 4 anos

Aula de 3a A

Aula de 3B

 

 

 

BODEGOTEO.2ª PARTE.

DEBUXANDO E PINTANDO OS BODEGÓNS.

Aquí vos queda mostra  do proceso de debuxo e pintura con acuarela de cada un dos nosos bodegóns. Se lembrades, primeiro fixemos cadansúa composición con froitas, hortalizas, vasillas e teas. Despois fixémoslle unha foto para que quedara inmortalizado e sobre todo, para non esquecer nada para poder despois reproducir nas bandexas de cartón. Mirade canta concentración e canto traballo.

 

 

 

DISFRAZÁNDONOS.

Deixamos documento gráfico do noso disfrace do entroido. A maioría eliximos o vestido para a festa de entroido do colexio, que como ben saberedes, fixo que nos convertéramos en Súper Chef do filme de Ratatoille, nun auténtico "Ramallosa de Cine". Ademais houbo quen debuxou algún outro ben orixinal.

 

 

 

 

 

 

Preme aquí ou na foto para velo

 

PREMIO DO PÚBLICO. CERTAME DE ARTE ESCOLAR "20 SOÑOS DE GRANELL"

 

A finais de Xaneiro recibiamos a boa nova de que o Premio Especial do Público, recaía en Martina Mosquera Camiño de 5 anos. Este premio foi o resultado das votacións daquela obra que máis lle gustaba a todos que se achegaron á mostra de Arte Escolar, tanto no Pazo de Bendaña como en Área Central.

 

Se queredes ver a entrega e as obras expostas en Área Central, clicade na foto.

 

PINTEANDO A PAZ

Un ano máis o xenial Pablo Picasso serviunos como inspiración para conmemorar artísticamente o Día Escolar da Paz e a non violencia. A súa serie de Pombas, serviunos como inspiración para facer a nosa. Fondo e perfil con azul, e verde para a ramiña de oliveira. O noso foi un período azul máis curto que o do pintor, pero polo tema tratado, moi intenso. Se premedes na foto podedes ver as nosas pombiñas. Incluímos tamén fotos da mandala humana feita por todo o alumnado da escola, como exemplo creativo, distinto ao que estamos afeitos a ver. 

 

 

CERTAME DE ARTE ESCOLAR "EUGENIO GRANELL"

"20 SOÑOS DE GRANELL"

De novo por estas datas a Fundación Eugenio Granell coa colaboración do centro comercial Área Central, vén de convocar o Certame de Arte Escolar Eugenio Granell. Nesta XII edición o tema a desenvolver era "20 soños de Granell". Un ano máis desde o noso Obradoiro de Expresión Plástica, decidimos participar e deixamos voar a nosa imaxinación. 

Celebramos con enorme satisfación e compartimos con todos vós, os tres premios acadados.

O acto de entrega tivo lugar o 23 de decembro no Pazo de Bendaña, sede da Fundación.

Clica aquí ou na foto para ver máis imaxes desa alegre tarde.

 

Categoría de Educación Infantil: Lía Manteiga Blanco

 

Categoría de Pintura: Gabriel Baños Peña

 

Categoría de Debuxo: Juan Ferreirós Estévez

Pero ademais dos galardóns, compartimos tamén todo o resto de soños, que ao igual que Granell, saíron do noso maxín.

 

Mirade como quedaron os nosos 101 soños surrealistas.

 

 

 

 

Este foi o proceso de creación .

 

 

Ademais de impulsar a creación plástica nos nenos e nas nenas, a Fundación organiza unha exposición no Pazo de Bendaña desde o 23 de decembro ao 10 de xaneiro con todas as obras presentadas ao concurso. A partires do 13 e ata o 31 a mostra poderá ser visitada no Centro Comercial, Área Central.

 

 

 

 

 

 

UN CURSO MÁIS, ARTISTEO PORQUE SON DO CONCELLO DE TEO!

Así de divertidos queremos comezar. E xa veredes o por qué da rima....

Aproveitando  que o nome do Concello tamén é un sufixo recorrente, este curso todas as nosa actividades tomarán prestada esta terminación para darlle nome. Agora o importante é que vos gusten e por suposto, que nós gozemos con elas.

 

 

BODEGOTEO. Primeira parte.

Documentámonos e inspirámonos. Bodegón ou natureza morta.

Como xa temos feito moitas veces, antes de nos poñer a traballar, pasamos por un proceso moi importante, documentarse. Para as creacións das composicións foi preciso ver moitas obras distintas e entender como se constrúe un bodegón. Inspirámonos fundalmentalmente nunha serie de cadros de bodegóns dos fondos do Museo Thyssen. E en concreto centramos a nosa atención nun titulado "Bodegón con froitas" da pintora francesa do século XVII, Louise Moillon.

Ademais desta suxerente pintura, vimos e analizamos outras no noso proceso de aprendizaxe sobre este tipo de representación pitórica.

 

Composicións de bodegóns.

Así comeza a primeira parte do noso proxecto pitórico de bodegóns. Cada quen fixo a súa composición elixindo froitas e hortalizas do tempo acompañadas de obxectos típicos dos bodegóns como xarras, xarróns,  vasos e vasillas de cerámica, cuncas, cestos e teas. Compuxeron cadanseu bodegón e de verdade, os resultados foron todos sorprendentes.

Xuzgade por vós mesmos.                                                                           BODEGÓNS DE 5ANOS B

                                                                                                                  

 

 

 

 

 

 

BODEGÓNS DOS NENOS E AS NENAS DE 5A

                                                                                                                                            

 

BODEGÓNS DOS NENOS E NENAS DE 4 DAS AULAS MIXTAS

 

BODEGÓNS DA AULA DE 3A             BODEGÓNS DE AULA DE 3B

 

                                                                                                                                               

SONCHETEO. ASÍ SON, ASÍ ME VEXO

Aparentemente simple, pero non vos é tan doado como parece. Pero así foi como nos vimos. Para completar o debuxo, realizamos un fondo inspirándonos na serie de composicións "Ritmos" do artista Robert Delanay.

Aquí estamos

 

 

 

OUTONOTEO

Despois deste verán prolongado, parece que o outono empeza a asomar a cabeza. Nós un ano máis, rendémoslle a nosa pequena homenaxe. Desta volta, isto foi o que fixemos.

                                                                                                                   

 

 

 

 

 

 

 

RECICLOTEO

Unha nova actividade plástica aproveitando materiais usados. Non é a primeira vez que recorremos a unha toalliña utilizada, nesta ocasión para limpar o pincel cando trocamos a cor. Tiñamos o fondo, só había que debuxar sobre ela e fixémolo con rotulador negro permanente. A ver que vos parece a nosa contribución artística-ecolóxica.

 

TEMPETEO

Para comezar, buscamos sempre unha actividade sinxela que nos resulte moi motivante. É como ir quentando motores. E algo que nos encanta é poder crear libremente con témpera. Deixar voar a nosa imaxinación, iso si, sabendo que temos que limpar o pincel antes de cambiar a cor.

Clicade coma sempre na foto ou aquí para ver o noso debut. 

 

 

GOMET-TEO

Seguimos deixando voar o noso maxín. Desta volta, poidemos facer libremente composicións con gomets de formas e cores variadas sobre papel charón. Seguimos a probar novos materiais en novas superficies. E así quedan. 

 

 TAMPOTEO

Unha nova proposta distinta e divertida na por unha banda pintamos con ceras acuarelables e logo frotamos cunha toalliña e por outra colocamos tapóns de distintos tipos e botóns á nosa conveniencia. O resultado quedou así de curioso.

EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

ISTO É ARTE. 

EXPOSICIÓN DE TODOS OS TRABALLOS DO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA DE E.I. NA CASA COMÚN DE OZA OS DÍAS 5 E 6 DE XUÑO.

 As fotos falan por si soas. Clica no cartaz para ver a reportaxe.

 

LENZOS

E PARA REMATAR, EN LENZO IMOS PINTAR.

É sempre unha proposta que nos gusta e nos motiva. Será por aquilo de asemellarnos a pintores de renome e que imos coñecendo ao longo do curso. Nesta ocasión, eliximos o tema da primavera e inspirámonos en obras de grandes como Van Gogh, Monet, Frida Kalho, Diego Rivera, Sorolla, Picasso...outros menos coñecidos e tamén creamos libremente. Lapis,Témperas, pinceis, rotu negro, auga, e voilà...

 

Estes son os resultados.Clica aquí ou na foto.    

VARIEDADES

CARA A CARA

A cara é o espello da alma. Estas tan orixinais que fixemos polo menos, amosan a nosa alma e o noso sentir de artistas. Coma noutras ocasións, botamos man da nosa despensa máxico-creativa e puxemos boa cara.

Mirade os resultados clicando aquí ou sobre a foto.

 

 

TÉMPERA EN CABALETE

Todo un clásico do noso Obradoiro, pintar libremente con témpera líquida en soporte vertical. Como imaxinaredes case todas as actividades danse en horizontal e probar estoutro xeito, sempre resulta distinto e curioso. Outra maneira de botar a voar a nosa imaxinación.

       

Para ver os nosos imaxinativos debuxos premede sobre a aula que queirades ver:

 

AULA DE TRES ANOS.

AULA DE 3-4 ANOS A.

AULA DE 3-4 ANOS B.

AULA DE 5 ANOS A.

AULA DE 5 ANOS B.

 

 

ARTISTEO

Artisteamos de moitas maneiras tal e como vides comprobando. Aquí tedes unha variedade de distintas técnicas e propostas que fomos realizando ao longo do curso. Traballos con acuarelas, con rotuladores, debuxos da primavera, debuxos sobre tea a proposta da profe de prácticas Ana, construcións. Coma sempre, unha chea de moita creatividade e imaxinación.

Podes premer aquí ou na imaxe para ver

Distribuir contido


by Dr. Radut