Skip to Content

UN CURSO MÁIS, ARTISTEO PORQUE SON DO CONCELLO DE TEO!

Así de divertidos queremos comezar. E xa veredes o por qué da rima....

Aproveitando  que o nome do Concello tamén é un sufixo recorrente, este curso todas as nosa actividades tomarán prestada esta terminación para darlle nome. Agora o importante é que vos gusten e por suposto, que nós gozemos con elas.

 

 

BODEGOTEO. Primeira parte.

Documentámonos e inspirámonos. Bodegón ou natureza morta.

Como xa temos feito moitas veces, antes de nos poñer a traballar, pasamos por un proceso moi importante, documentarse. Para as creacións das composicións foi preciso ver moitas obras distintas e entender como se constrúe un bodegón. Inspirámonos fundalmentalmente nunha serie de cadros de bodegóns dos fondos do Museo Thyssen. E en concreto centramos a nosa atención nun titulado "Bodegón con froitas" da pintora francesa do século XVII, Louise Moillon.

Ademais desta suxerente pintura, vimos e analizamos outras no noso proceso de aprendizaxe sobre este tipo de representación pitórica.

 

Composicións de bodegóns.

Así comeza a primeira parte do noso proxecto pitórico de bodegóns. Cada quen fixo a súa composición elixindo froitas e hortalizas do tempo acompañadas de obxectos típicos dos bodegóns como xarras, xarróns,  vasos e vasillas de cerámica, cuncas, cestos e teas. Compuxeron cadanseu bodegón e de verdade, os resultados foron todos sorprendentes.

Xuzgade por vós mesmos.                                                                           BODEGÓNS DE 5ANOS B

                                                                                                                  

 

 

 

 

 

 

BODEGÓNS DOS NENOS E AS NENAS DE 5A

                                                                                                                                            

 

BODEGÓNS DOS NENOS E NENAS DE 4 DAS AULAS MIXTAS

 

BODEGÓNS DA AULA DE 3A             BODEGÓNS DE AULA DE 3B

 

                                                                                                                                               

SONCHETEO. ASÍ SON, ASÍ ME VEXO

Aparentemente simple, pero non vos é tan doado como parece. Pero así foi como nos vimos. Para completar o debuxo, realizamos un fondo inspirándonos na serie de composicións "Ritmos" do artista Robert Delanay.

Aquí estamos

 

 

 

OUTONOTEO

Despois deste verán prolongado, parece que o outono empeza a asomar a cabeza. Nós un ano máis, rendémoslle a nosa pequena homenaxe. Desta volta, isto foi o que fixemos.

                                                                                                                   

 

 

 

 

 

 

 

RECICLOTEO

Unha nova actividade plástica aproveitando materiais usados. Non é a primeira vez que recorremos a unha toalliña utilizada, nesta ocasión para limpar o pincel cando trocamos a cor. Tiñamos o fondo, só había que debuxar sobre ela e fixémolo con rotulador negro permanente. A ver que vos parece a nosa contribución artística-ecolóxica.

 

TEMPETEO

Para comezar, buscamos sempre unha actividade sinxela que nos resulte moi motivante. É como ir quentando motores. E algo que nos encanta é poder crear libremente con témpera. Deixar voar a nosa imaxinación, iso si, sabendo que temos que limpar o pincel antes de cambiar a cor.

Clicade coma sempre na foto ou aquí para ver o noso debut. 

 

 

GOMET-TEO

Seguimos deixando voar o noso maxín. Desta volta, poidemos facer libremente composicións con gomets de formas e cores variadas sobre papel charón. Seguimos a probar novos materiais en novas superficies. E así quedan. 

 

 TAMPOTEO

Unha nova proposta distinta e divertida na por unha banda pintamos con ceras acuarelables e logo frotamos cunha toalliña e por outra colocamos tapóns de distintos tipos e botóns á nosa conveniencia. O resultado quedou así de curioso.

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut