Skip to Content

Viaxe ao Sur de Inglaterra

Entre os días 19 e 25 do pasado mes de marzo, 28 estudantes do IES Pazo da Mercé realizaron unha viaxe ao Sur de Inglaterra, organizada polo departamento de Inglés, acompañados de dous profesores. Estiveron aloxados en domicilios de familias voluntarias da localidade de Worthing, a unhas dez millas de Brighton, e acudían ás mañás a un centro académico para receber aulas de lingua inglesa. Como colofón, o último día visitaron a capital británica e percorreron os lugares máis importantes dela.
Nas imaxes podemos ver o grupo de alumnado en diferentes actividades: no embarcadouro victoriano de Worthing, a esperar o tren para ir a Brighton, nunha sesión de bolos -que tivo moito éxito-, diante do centro académico, en frente do palacio de Buckingham...

Visita á exposición dos suevos en Ourense

Alumnado de varios niveis asistiron co profesorado á Exposición "In Tempore Sueborum" en Ourense. Subtitúlase "O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585). O primeiro reino medieval de occidente". Visitáronse os tres lugares referenciais onde se desenvolve: o Centro Cultural "Marcos Valcárcel", que acolle pezas importantisimas e únicas dese pobo e da súa cultura (xoias, inscricións, moedas, obxectos de estética persoal...), que se unifican baixo o lema "deconstruíndo aos bárbaros, entre o mito e a realidade"; a Igrexa de Santa María Nai, que reúne obxectos e documentación diversa sobre o proceso de cristianización nesa época, destacando a grande figura do escritor Martiño de Dumio; e, por último, o Museo Municipal de Ourense, no que a través de varios paneis e outros elementos informativos se dá conta das características do pobo suevo na Gallaecia nos diversos eidos (vida cotiá, economía, sociedade...). Queremos felicitar ao alumnado o moi bo comportamento, aspecto que destacou mesmo a nosa guía dicindo que fora un dos mellores centros educativos en actitude e atención dos que teñen visitado este evento tan importante e único.

VII ENCONTRO DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO DE GALICIA

 

Baixo o lema: “A Educación ocupaun lugar central na consecución da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable”, este Encontro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 1 e 2 de marzo e nel participou alumnado do noso centro de 2º ESO acompañados polas profesoras Rosa Pérez e Belén Jorge.

No acto inaugural o alumno Xián Rocha Moldes fixo un alegato en favor dunha educación pública e en valores.

Neste acto estivemos acompañados polo director do noso centro, Xosé Abilleira e polo Alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

O alumnado participante presentou os traballos que se están a realizar nos seus respectivos centros e logo participaron en diferentes obradoiros: música, creatividade, sustentabilidade, radio e deporte pola paz e remataron elaborando conclusións sobre os diferentes obradoiros.

 

 

 

Saída o teatro "Vis la vie en rose"

Alumnado de francés de 4º de ESO e de 1º e 2º Bacharelato  asisten á obra de teatro "Vis la vie en rose" en Vigo.

 

Blog francesasneves

Convocada folga do alumnado o día 8 de marzo

Infórmase de que o alumnado do IES Pazo da Mercé comunicoulle á Dirección do centro a súa intención de secundar a folga convocada por varios sindicatos de Ensino para o día 8 de marzo, co fin de protestar pola violencia de xénero que día a día viven moitas mulleres e pola situación de desigualdade que sofren a nivel laboral, social...

Matrícula curso 2018-2019. Período de admisión

Infórmase de que está aberto o prazo para o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-2019. As datas son desde o día 1 ao 20 de marzo.

As prazas vacantes son as que se indican:

1º ESO : 33 + 6 NEE                                         2º ESO: 15

3º ESO: 17                                                     4º ESO: 14

1º BAC: 26                                                     2º BAC: 42

Toda a información a pode atopar no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

A solicitude de admisión pódela descargar aquí: Solicitude admisión

Distribuir contido


by Dr. Radut