Skip to Content

"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" no noso Instituto.

O noso Instituto acolleu o pasado mércores 7 deste mes de febreiro un importante acto do programa "Mulleres en acción. Violencia Zero", deseñado pola Deputación de Pontevedra. Consistiu nunha "acción poética" titulada "Cofre de maquillaxe" a cargo de Olalla Cociña. Esta poeta e xornalista, con esta intervención, amosou claramente que a arte, neste caso a literatura e o audiovisual, é unha ferramenta de sensibilización e concienciación contra a violencia machista. Evidenciou o poder da poesía como berro de denuncia fronte a unha realidade dramática como é o feminicidio e o patriarcado. Cómpre concienciarnos  de que a loita contra o machismo en todas as súas manifestacións é unha base principal para a construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. En relación con isto, lembramos que hai convocada a xornada reivindicativa de "Mulleres en Folga" para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

Agradecemos ao Concello das Neves que contasen co noso centro para a realización deste acto e á Deputación de Pontevedra, a través do seu Servizo de Igualdade, esta colaboración. Tamén tivemos a ledicia de contarmos, entre as persoas asistentes, xunto ao alumnado e profesorado, a representantes de ambas institucións, coa presenza do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e da presidenta do organismo provincial, Carmela Silva.

 

I Xornada de Divulgación en Ciencia

O venres 16 de febreiro o alumnado de 3º ESO asistiu a I Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía , Enxeñaría e Matemáticas  que tivo lugar no Edificio Politécnico do Campus de Ourense , con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Participou en diferentes obradoiros como:

  • Vendo o invisible
  • Quimirizando
  • A maxia do solo
  • A cor na ciencia
  • Resolvendo o quebracabezas do clima
  • Tecnoloxía culinaria
  • Ás ao vento e a voar
  • Descubrir aromas e sabores nos alimentos etc.

Todos estes obradoiros foron levados por profesoras e alumnas da universidade.

Unha experiencia moi positiva para o alumnado.

 

 

 

Probas libres de acceso a Ciclos

Achégase a información sobre os prazos de matrícula e datas de probas para o acceso a ciclos.

No arquivo que se achega aparece toda a información mais cómpre ter en conta estas datas:

Inscricións nas probas:

Grao Superior: do 7 ao 23 de febreiro

Grao Medio: do 12 ao 23 de marzo

Celebración das probas:

Grao Superior: 19 de maio

Grao Medio: 31 de maio

Para máis información, premer no enlace "Calendario de probas de acceso a Ciclo"

1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas

Os alumnos do ciclo medio sistemas microinformáticos e redes do I.E.S. Pazo da Mercé estarán no stand 17 da 1ª Feira das Ensinanzas Profesionáis e Artísticas que se celebrará os próximos 5 e 6 de Febreiro no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, Ven a visitarnos!!!      

Curso 2017-2018. Resultados académicos e datos de convivencia da 1ª avaliación

Achéganse os datos da 1ª avaliación presentados en claustro e mais no Consello Escolar.

Neles atopamos os resultados xerais de todos os niveis e mais o comportamento dos grupos ao longo do 1º trimestre.

XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas á UNESCO


Este Encontro tivo lugar en Santarem ( Portugal), do 10 ao 13 de xaneiro baixo o tema:
“Patrimonio Cultural Inmaterial- da memoria para a sustentabilidade e nel participaron 17 escolas de 9 países: Alemaña,Andorra,Brasil,Cabo Verde, España,USA,Italia,Portugal e Sao tomé e Príncipe.
O noso centro estivo representado polos alumnos de 1º Bacharelato Laura Araújo e Felipe Castro acompañados da profesora Belén Jorge cun traballo sobre “ Os seráns”.
Tódolos participantes tiveron a oportunidade de debater sobre a importancia de respetar o noso patrimonio .

Distribuir contido


by Dr. Radut