Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Saída ao castro de Troña, ao castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña

O noso alumnado de 3° da ESO foi o venres pasado a desfrutar do bo tempo cunha saída ao castro de Troña, ao castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña.

Excursións a Andorra e Madeira

A semana antes das vacacións alumnado do IES de 3º, 4º e 1º de bacharelato estiveron de excursión en Andorra e Madeira. 

A xa tradicional excursión a Andorra estivo organizada por Bruno, o noso profe de educación física a quen acompañaron as profesoras Lucía e Laura.

A viaxe a Madeira estivo organizada por Fernando e Miguel, profesores do departamento de Lingua Galega.

 

 

XXVI Encontro internacional de jovens cientistas (Santarém, Portugal)

Entre os días 23 e 26 de xaneiro dúas alumnas deste instituto, Iris e Noa de 1o de Bacharelato, acudiron ao XXVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Associadas à UNESCO que tivo lugar na Escola Secundária Sá da Bandeira, na cidade de Santarém . Os participantes, de catorce institutos non só portugueses, tamén españois,  italiano, norteamericanos, andorrana, brasileira e alemá, interviñeron con temas relacionados co lema proposto pola organización “A paz: um compromisso, uma conquista”.

Xoves 21 de setembro: Visita ao CIAE 112 Galicia

O pasado 21 de setembro, con motivo do Interreg Cooperation Day, o alumnado do IES Pazo da Mercé de 2º da ESO, visitou o CIAE 112 (Centro Integrado de Atención ás Emerxencias - 112 Galicia)  na súa sede de A Estrada.

Xoves 18 de maio : Excursión O Porto


O alumnado de 1º, 2º, 3 º da ESO de Portugués e 2º de FPB fixeron unha excursión ao Porto, Portugal, co gallo de por en práctica o aprendido en clases, coñecer de primera man unhas das cidades principais do pais vexiño, Portugal, despois de Lisboa.

Distribuir contido


by Dr. Radut