Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Mércores 23 de novembro: Reunión Consello Climático en Madrid


O pasado 23 de novembro, dúas alumnas viaxaron acompañadas de Fernando Groba e a coordinadora do Consello Climático a Madrid, para participar nun encontro que pon o peche ao proxecto 1Planet4All, que se desenvolveu no centro ao longo do curso pasado.

Mércores 16 de novembro: Visita ao MUNCYT e á exposición de AI na AFundación Coruña


O alumnado do 2 ano de Ciclo Medio e o 1 ano de Ciclo Superior de Sistemas Microinformáticos e Redes realizou unha saída a A Coruña o mércores 16 de novembro onde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e a exposición AI: MORE THAN HUMAN.

Mércores 16 de novembro: Saída ao Teatro


O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Pazo da Mercé asistiu a obra de teatro Elisa e Marcela no Concello de As Neves. Esta obra narra a historia real de dúas mestras galegas que casaron pola igrexa no 1901.

Venres 11 de novembro: Actividade contra o cancro de pulmón.


O alumnado de 1º da ESO acudiu ao Concello de As Neves para formar un gran lazo branco con globos para sensibilizar sobre a necesidad de crear novos espazos sen fume. A Praza do Concello e o perímetro do parque infantil son Espazos Libres de Fume nos que está prohibido fumar.

6 de xuño: Rafting co Consello Climático

 
O alumnado de 3º e 4º da ESO, divertíronse da man de Vaguada Ventura, nunha xornada de Rafting. Moitas grazas a Laura Vidal e ó Consello Climático polo seu traballo e a súa profesionalidade e dedicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut