A Consellería de Educación vén de publicar a resolución definitiva da iniciativa Arco, programa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación polo cal o IES Pazo da Mercé contará cun docente a xornada completa para desenvolver medidas de inclusión educativa de Matemáticas en 1º e 4º ESO.
Este programa está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación FSE Galicia 2014-2020).