Skip to Content

ACTIVIDADES IGUALDADE

O alumnado da ESO asistiu, nos meses de abril e maio, aos seguintes obradoiros:

- A DIVERSIDADE: Rexeitamento ou medo á diversidade, tanto sexual, identitaria ou de corpos, tratando conceptos diversos, entre eles o acoso escolar, e poñendo nome ás diferentes realidades. Dirixido ao alumnado de 1º ESO.

- AMOR 2.0: As relacións de parella entre adolescentes e o mal uso das tecnoloxías, o control na parella, o ciberacoso, o sexting...Tendo como destinatarios ao alumnado de 2º ESO.

- O XÉNERO APRENDIDO: A socialización diferenciada, estereotipos, mitos, sensibilización contra as violencias machistas. Participou o alumnado de 4º ESO.

Foron organizados desde o Departamento de Orientación en colaboración co Concello de As Neves, dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Presidencia, relacións coas Cortes e Igualdade).



page | by Dr. Radut