Skip to Content

Acceso a FP

 Publicada a convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

 Orde do 5 de decembro de 2022

 Prazos de inscrición:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

 


Publicada a convocatoria 2022 de acceso a ciclos

ORDE do 17 de decembro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2022.

Tedes toda a información relativa a probas de acceso a ciclos aquí.


Oferta de formación profesional - curso 2021/2022 
#FPGalicia

O luns día 7 de xuño, publicouse no Diario Oficial de Galicia a  ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 e a ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de gr ao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22. Enlace


 Next Generation EU

 



page | by Dr. Radut