Skip to Content

E-Dixgal en 1º, 2º e 3º da ESO - Curso 2023/2024

Neste curso 2023/24 implantado en 1º , 2º e 3º da ESO.

O alumando, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet, a través das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Para acceder á plataforma, e desenvolver as actividades educativas, o alumnado participante no proxecto ten dereito a un netbook (ordenador portátil) na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. O dito equipo é proporcionado polo seu centro, unha vez asinado polo pai/nai/titor legal un formulario de cesión de uso do mesmo.

A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumnado. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso axeitado do equipamento, ao coidado dun equipo público, que poderá ser usado noutros cursos por outros alumnos, e a unha utilización vinculada á actividade educativa para a que é cedido.

NOVO! Folleto para as familias



page | by Dr. Radut