
DAW (Desenvolvemento de Aplicacións Web).
Que se aprende a facer:
Desenvolvemento, implantación e mantemento de apps web, garantindo a seguridade aos usuarios e aos servidores. Aplicación dos criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade exixidos nos estándares establecidos.Ámbitos de traballo:
Empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou propia para traballar en áreas de desenvolvemento de aplicacións informáticas en contornos web.Para máis información podes consultar o seguinte: documento.
SMR (Sistemas Microinformáticos e Redes).
Que se aprende a facer:
Instalar configurar e manter sistemas informáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, cos protocolos establecidos de calidade e de seguridade.Ámbitos de traballo:
Empresas do sector servizos adicadas á comercialización, montaxe e reparación de equipamentos, redes e servizos informáticos en xeral.Para máis información podes consultar o seguinte documento.
FPB (Formación Profesional Básica).
Que se aprende a facer:
Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas informáticos, periféricos e redes, xestión documental, etc.Ambitos de traballo:
Empresas adicadas a montaxe, reparación e mentemento de sistemas informáticos.Para máis información podes consultar a paxina FP-BASICA ou o seguinte documento.