Skip to Content

Latín

Departamento de LATÍN

VISITA A PONTEVEDRA

O pasado 10 de abril alumnado de diversos grupos e cursos fixo unha visita á cidade de Pontevedra. Contamos coa sorte de ter un tempo marabilloso, que fixo aínda máis agradable o roteiro organizado polo Concello desa cidade, onde con explicacións moi claras e prácticas do guía se fixo un percorrido “comentado” a través do entramado do rueiro medieval. E paralelamentefóronse visibilizando os puntos urbanos vinculados ao Rexurdimento literario (sobre todo en relación coa vida e obra de Xoán Manuel Pintos).

Visita a Lugo

O luns 11 de marzo un bo grupo de alumnas e alumnos de 4º e de bacharelato asistiu á fermosa cidade de Lugo. Unha cidade que, anualmente, acolle varios días do Festival de Teatro Clásico, ao que acoden estudantes e profesores de toda Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut