Skip to Content

VISITA A PONTEVEDRA

O pasado 10 de abril alumnado de diversos grupos e cursos fixo unha visita á cidade de Pontevedra. Contamos coa sorte de ter un tempo marabilloso, que fixo aínda máis agradable o roteiro organizado polo Concello desa cidade, onde con explicacións moi claras e prácticas do guía se fixo un percorrido “comentado” a través do entramado do rueiro medieval. E paralelamentefóronse visibilizando os puntos urbanos vinculados ao Rexurdimento literario (sobre todo en relación coa vida e obra de Xoán Manuel Pintos).

 

Logo dun pequeno descanso, visitouse o Museo de Pontevedra, sobre todo as salas de arte medieval. Contamos tamén aquí co luxo de dispormos de dúas visitas guiadas, cuns guías que explicaron polo miudo a enorme riqueza patrimonial e artística que atesoura dito Museo.





page | by Dr. Radut