Skip to Content

Programas educativos e servizos complementarios

Listado prezos cafetaría : Aquí

 

Servizo de comedor

NON NO CURSO 2023/2024. Este servizo está dirixido ao alumnado da ESO. Podes consultar a información polo miúdo na seguinte ligazón.

Servizo de transporte

Destinado ao alumnado do centro, con diferentes rutas na bisbarra.

IMPORTANTE: Información completa do transporte ata o IES Pazo da Mercé en bus.gal (servizo vixente dende xuño de 2021) aquí

Programa das Escolas Unesco

O centro forma parte da rede do Plan de Escolas Asociadas á UNESCO, na que se traballa en favor da comprensión internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sostible e a posta en práctica da educación de calidade.

Proxecto E-Dixgal

Nos cursos de 1º, 2 e 3º da ESO, o centro participa no proxecto E-Dixgal que ten como obxectivo a integración plena das TIC na práctica educativa.

Plan de Mellora da Biblioteca

Co obxectivo de potenciar o uso e aproveitamento da biblioteca escolar por parte de toda a comunidade educativa, o centro participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Programa Erasmus+

Dende o ano 2015, o centro participa cun proxecto propio dentro do programa Erasmus+, permitindo que o alumnado dos ciclos de formación profesional realice as prácticas na empresa en diversos países da Unión Europea.

Club de lectura

Co obxectivo de fomentar a lectura entre o noso alumnado, temos un club de lectura no que se pode gozar coas diferentes obras que propoñemos.

Obradoiro de música

NON NO CURSO 2023/2024.   Os venres no recreo (11:30 - 12:10), na aula de música, o alumnado que o desexe, pode participar nun obradoiro de música ("música con cordas"). 



page | by Dr. Radut